O día 11 de Novembro de 2006 a Asociación Cultural organizará un
Magosto Popular na
Área Recreativa do Toural en Laza.
Será a partires das 4 da tarde. A organización, coa colaboración da Asociación de Mulleres Rurais 3 de Maio de Laza, prepará castañas, chourizos asados, panceta, empanada e ademais viño e licor café. Todo elo acompañado con música que sairá dun equipo.
Ó mediodía, para ir animando a festa, os mozos irán cun carro pola rúa, tratando de animar a xente e participar, e de paso, ir recollendo algunha que outra castaña.
Esperamos que a xente participe con agrado, tratando de recuperar esta bonita tradición.