a randeeira


MORREU O BLOGOMILLO?
Nunha recente entrevista concedida polo escritor e xornalista Xabier Cid a Tempos Novos confirmaba a desaparición do fenómeno blogueiro galego: "o blogomillo, como comunidade, desapareceu. A ninguén lle importa xa o que se fai no blog do lado". Basea a súa opinión no feito, segundo el, de que "Blogalego e Blogaliza nunca funcionaron axeitadamente" e partindo da premisa de co blogomillo era a bitácora de María Yáñez "Todonada no centro e catro ou cinco blogs básicos".
Aínda que non teño moi claro o significado exacto do termo blogomillo non podo estar de acordo con Xabier Cid en ningunha das súas afirmacións. En primeiro lugar se por blogomillo se entende o conxunto de blogs feitos por galegos ou descendentes, na Galiza ou na diáspora, maioritariamente escritos en galego e fundamentalmente agrupados en torno a un ideal galeguista ou de amor ó país; non so non desapareceu senón que se multiplicou dende fai uns anos e segue a medrar. Ocorre que ó tomar unhas dimensións de certa envergadura non pode funcionar seguindo a teoría dun blog central ó rededor do que xiran os demais como simples satélites.
Hoxe as bitácoras galegas son moitas e de moi diversa temática debido a evolución natural que se produciu como noutro fenómeno cultural calquera. O perigoso sería que se houbera quedado estancando nesas bitácoras primitivas. En canto a Blogalego e Blogaliza, así como Chuza, si funcionan como elementos de cohesión de todo este novo mundo que deixou a teoría centrista para dispersarse e crear non un senón varios novos centros de referencia.
Non teño ningún dato obxectivo para defender a miña tese pero estou convencido de que o blogomillo nunca tivo tan boa saúde.
Comentarios (15) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-10-2006 07:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
15 Comentario(s)
1 moitos nos aledamos de que todo esto morra e incluso traballamos #blgtk08#para matalo, contra a unidade de acción liberdade de expresión!!
Comentario por zimmer103 (25-10-2006 08:25)
2 Concordo contigo, está claro que cantos máis somos máis complicado resulta entrar na maioría deles. Ademáis cheiraba un #blgtk08#pouco o de tódolos blogs falando, máis ou menos, do mesmo cada día. Agora a blogosfera galega é máis plural ca nunca...
Comentario por abobriga (25-10-2006 10:02)
3 Sen embargo, si parece certo que o número de visitas promedio en cada blog diminuiu, o cal tamén non é para preocuparse. Digamos que o blogomillo non está a morrer, senón a madurar, a estabilizarse#blgtk08# e a parecerse a outras comunidades blogo-lingüísticas que tamén son moi dispersas e pouco centralizadas. O único no que nos queda andar un pouco mais é na variedade dos contidos, mas todo se fará.
Comentario por mendinho (25-10-2006 10:06)
4 Un pouco floxiño sí que anda, en canto a posts -digo-. Do meu bloglines este e algún máis son dos que postean a diario. Outros facémolo de ca#blgtk08#ndo en cando pero de todas as maneiras coido que a evolución do blogmillo que estamos a vivir é positiva xa que lle achega máis diversidade.
Comentario por enGalego (25-10-2006 10:42)
5 ... non teño blog, e non penso telo a curto prazo, pero descubrín que é o mellor indicador da actividade galega na rede...
... coincido con todos os comentarios anteriores, está madurando o tema e penso que vai por un bo camiño....
... o que me preocupan son os blogs de natureza política é apostolar, e como tales non os considero blogs.... que se a aldea de non sei onde presentase #blgtk08#fulanito as eleccións é hai que facer campaña, que se eu son un defensor de non sei que.... ese non é o camiño dos blogs e é dende o meu punto de vista o que pode matalo espiritu.... un blog non é un organo de propaganda...
... o blog é algo moi persoal, escrito en primeira persoa... se se segue este camiño...... madurará a comunidade virtual e enganchará mais adeptos....

Comentario por brandomil (25-10-2006 12:14)
6 bueno, eu creo que o que é certo é que hai un cemiterio de blogues inactivos cada vez maior que da pena velo, e que non hai demasiada curiosidade e interactividade. Creo que nese sentido sí hai algo que falla, porque a moita xente cústalle un mundo visitar blogues alleos anque lles encante recibir visitas, e cóstalle un mundo comentar en blogues alleos anque lles encante recibir comentarios. #blgtk08# /> Creo que unha comunidade blogueira activa basearíase mais no intercambio e na interactuación do que se basea hoxe por hoxe, no que hai moito "blogueiro autista", ou "divo de blogosfera"... e nisto xa vai moito a miña opinión persoal.
Por outra parte, é certo que hai moitos outros novos blogues activos e que o blogomillo se rexenera con certa frecuencia, o cal supoño que é o lóxico.
Comentario por moucho_branco (25-10-2006 13:46)
7 Son nova nestos lares pero non creo que eu que sexa así a cousa.Moitos e diferentes coma#blgtk08# en botica, pero con xeito...coma este e moitos que aínda me quedan por descubrir.Saúde!
Comentario por A de Loureiro (25-10-2006 14:29)
8 ... "blogueiro autista" e "divo de blogosfera"... totalmente de acordo#blgtk08# con moucho branco.... non podeu patentar mellores calificativos....
Comentario por brandomil (25-10-2006 14:33)
9 Eu tamen lein o de TEMPOS NOVOS...e o certo e que non me gustou nada ningun dos articulos que falaban do tema......pois efilaban o asunto dende a literatura nos blogs......eu creo que o tema esta no enfoque que se lle de a cousa.....temos, dende logo mais pluralidade, mais xente na historia...¿Menos lidos? bueno tampouco esta mal.....eu soio decir que teño ta#blgtk08#ntos lectores como oientes tiña antes na emisora de donde me chimparon.....un que parte de facer articulos de opinion nos papeles e desmboca eiqui....soio noto en falta que a xente non seña mais fel con acudir cada dia ao bloc...ou cada dous......eiqui A RANDEIRA e eu somos casi os unicos que temos cita diaria ou casi...salvo cando vou de viaxe.......
Comentario por Otero Regal (25-10-2006 15:59)
10 Entre todos imos darlle a volta ás ideas de Xabier Cid, se xuntamos un pouco de cada cousa exposta xa temos para rebatirlle con toda seriedade... aí está o espíritu do novo blogomillo. Eu doulle moita im#blgtk08#portancia o que se escribe nos demais blogs, sobre todo nos que leo a diario, que son todos os que teño anotados a esquerda e a parte procuros sempre descubrir algo novo para saber o que se coce por aí.
Comentario por A Randeeira (25-10-2006 16:28)
11 Eu coido que o blogomillo está en expansión, polo tanto non é coma antes medrou. Xabier Cid foi dos p#blgtk08#rimeiros blogeiros e desde aquela ata hoxe xa choveu...

Unha aperta grande.
:)
Comentario por Marinha de Allegue (25-10-2006 17:57)
12 Eu non creo que o blogmillo estea en crise como expuxo Xabier Cid. Coido que a universalización do fenómeno fai inviable que un poida prestar tanta atención como sucedía ó principio cando o número de blogs era bastante menor. Eu creo que o blogmillo está nun proceso de redefinición ou readaptación á universalización do fenómeno.

Inclú#blgtk08#ome dentro dos blogueiros que non están tan activos nos seus posts como estaba ó comezo. Eu penso que unha vez que turramos do blogmillo ó comezo cando había moitísimas menos bitácoras, unha vez que o fenómeno está en expansión tomamos un pequeno respiro. De cando en vez hai que desconectar mesmo dos blogs, non credes?

Un saudiño a todos.
Comentario por Boedense (25-10-2006 20:45)
13 xa lle queren partixar antes de que morra!
penso que non morreu, só madurou, e máis que o terá que facer. Antes, ao ser máis familiar e#blgtk08#ra máis doado de estar a todo. Hoxe non o é tanto, pero gañouse noutros aspectos como mellos expoñen por aí arriba.

unha aperta
Comentario por nemeth (25-10-2006 21:48)
14 Sorprendeume moito esa afirmación de Xabier Cid; está claro que ao haber tantos blogs galegos un non pode velos todos e só visita e participa nun número reducido deles, p#blgtk08#ero grazas ás ligazóns nos blogs ou nos comentarios cada dia vas descubrindo moitos mais que se son do teu agrado vas engadindo no bloglines ou nos marcadores/favoritos.
Comentario por Suevo (26-10-2006 17:53)
15 O Xabier Cid confunde a filosofía diso que se da en chamar "blogomillo", e que aquí se define moi ben, coa capacidade do lector de abranguelo. Anda morriñento, cecais, do ar de familia primitivo.
Sen sacar mérito a todos aqueles que manteñen as bitácoras máis ou menos egocétricas (as que dan saídas expresivas a vivencias absolutamente personais), nas que hai de todo, tamén bó, #blgtk08#hoxe é posible atopar unha inmensa cantidade de información, opinión e crítica dentro do blogomillo, case de calquera tema, e dende o noso propio espazo cultural.
E se quere priorizar as súas pescudas nese mar que xa é océano, que se dea unha volta por chuza, e atopará algo dese ventiño familiar dos primeiros tempos.
Adiante, temos que ser máis que os socios do xabarín!
Comentario por O Padín (19-04-2007 19:40)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
 
Ligazóns dende outras webs
outro blog alieníxena
arandeeira@yahoo.es









Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet


El Tiempo en Podgorica Titograd - Predicción a 7 días y condiciones actuales.


podía ser peor
 FOTOBLOGOTECA
 O que leo
 Atopar
 Atopar blogs galegos
 No faiado
 Aínda mornos
 Destacados
 categorías



© by Abertal