antonte
A BOAS HORAS!
O que si ten cambiado é o resultado após da asamblea, con goteo de relevantes baixas e mesmo renuncias como a do portavoz no Parlamento Galego, algo que non tiña acontecido no anterior conclave nacionalista.
Xa cando eu me din de baixa en xuño de 2010, advertin na carta de renuncia, que o BNG tiña escollido o camiño equivocado para moitos nacionalistas, xusto o contrario do recomentdable para unha forza con vocación de goberno.Non só a maioría do BNG, senón que algunhas persoas relevantes da alternativa, non foron quen de interpretar a mensaxe do acontecido na XII Asamblea, e foron, nesta última castigados por ese erro.
Agora, moitas das baixas que se están a producir, forman parte do preambulo de formación de outra forza politica de corte moderado que pòde ter co tempo o seu espazo, pero o feito de non ter dado antes o paso, pode levar neste momento a ser tres e non dúas as forzas que ocupen o espazo nacionalista, demasiadas neste intre para a realidade do noso país.
A atomización das alternativas galeguistas debilita politicamente e beneficia ao Partido Popular e PSOE en Galicia, o que evidencia a falta de pòliticos da altura dos galeguistas historicos, deixando a milleiros de galegos confusos e sen unha referencia clara á que apoiar, orfos de unha opcion galega con vocación clara de goberno.
O que puido ser unha esperanza politica de modernización do galeguismo, apertura á sociedade no seu conxunto e alternativa real de goberno, pode rematar como un simple intento por unha banda, de control do raquitico poder existente, pola outra de aproveitar unha coxuntura favorable a certos intereses de acadar un espazo propio e necesidade de destaque de algun persoeiro e pola outra, unha clara aposta por unha liña parecida á maioritaria do BNG no ideoloxico pero diferente no organizativo.
En calquera caso, as tres pensan máios en clave interna que en clave da realidade social do país ao que deben dirixirse, e ahi está o verdadeiro problema de esta situación, que os cidadáns observan o conflicto do BNG máis como unha liorta interna dos nacionalistas que como unha mensaxe clara dirixida aos galegos e galegas.
Si esto sucede, a irresponsabilidade, será tamen compartida polas partes, pero me temo que ningunha delas asumirá as negativas consecuencias dos feitos.
P.D.: Como se é deputado a tempo parcial? debe se que o BNG anda sobrado de representación institucional.
VAI MOITO FRIO FORA DO BNG?
Dentro do BNG, no que militei máis de trinta anos e do saín hai ano e medio, sempre escoitei decir, por uns e por outros, coloquialmente, cando se daban debates asamblearios e riscos de ruptura "Vai moito frío fora do BNG". Unha frase que dita por uns denotaba certa suficiencia e dita por outros, unha descripción de desconfianza e temor a iniciar novas aventuras politicas.
Rematada a Asamblea Nacional do Bloque, parece que a día de hoxe, vai máis frío dentro do BNG que fora, polo que algunha ruptura pode andar máis próxima que en ningún momento do pasado.
Despois dos resultados da XIII Asamblea, confirmanse as previsións realizadas por min en anteriores artigos, e máis aínda, a advertencia de que o BNG tomaba o camiño equivocado na XII Asamblea, realizada tamén por min cando solicitei a baixa.
O BNG está hoxe claramente fragmentado en dúas mitades, quebrada a convivencia interna aínda máis polo apretado resultado e con un futuro incerto. Os gañadores quedanse con unha organización máis debilitada despois da pírrica victoria acadada e os perdedores, máis derrotados que nunca porque en esta ocasión deben asumir definitivamente a responsabilidade de aceptar unha organización que según eles mesmos, non os representa, ou polo contrario articular unha forza que represente o seu discurso e de maneira inmediata.
A union demostrada entre Irmandiños e +Galiza na asamblea do BNG, vai ser máis dificil fora da fronte por evidentes diferencias ideolóxicas e conceptuais e correse o perigo de atomizar o mundo politico nacionalista e convertilo en variadas alternativas residuais.
Dificil para uns xestionar a victoria con unha máis que previsible baixa de militantes e forzas politicas e dificil para os perdedores construir unha alternativa na que acredite a sociedade a medio plazo desde o nacionalismo e o galeguismo.
Só desde a valentía e a xenerosidade e o realismo pode ser edificada.
Atopamonos pois, diante de unha situación que lonxe de aclarar o futuro do BNG, complicao máis e obriga nos próximos días a iniciar a criación de outra alternativa nacionalista, aberta, integradora e con vocación de goberno para este País, unha grande responsabilidade pero tamén unha grande oportunidade. Non hai un minuto que perder, pois o sucedido, era a cronica dunha morte anunciada...
EN QUE ANO ESTAMOS?
Teño que confesar que calquera dos dous me merecen un grande respeto pola súa importante aportación ao nacionalismo das últimas catro décadas, independentemente das dispares personalidades de ambos.
En calquera caso, teño a sensación de ter entrado nos últimos días nunha especie de túnel do tempo e que me trasladei varias décadas atrás. O problema de esta situación non é que ambalas dúas figuras incuestionabeis da politica galega en xeral e do nacionalismo en particular estexan caducas, o verdadeiro problema é que dentro do ámbito do BNG, as dúas siguen a ser as máis destacadas, o que pon en evidencia varios problemas dentro do nacionalismo galego.
En primeiro lugar, é preocupante que ningún figuras actuais do BNG teña máis importancia que Beiras ou Rodríguez cando estes deciden pasar a un primeiro plano.
En segundo lugar, e despois de trinta anos de existencia do BNG, o debate pivote arredor dos mesmos que o criaron, o que denota diante da sociedade que esta organización pouco ten evolucionado no plano politico e mesmo nos seus verdadeiros referentes públicos, poñendo ás claras unha debilidade que xa se viña constatando nos resultados electorais.
O aparato do BNG, controlado pola UPG amosa esgotamento pola falta de capacidade para manter unha armonía interna e a alternativa a estes amosan debilidade ao articular propostas co único obxectivo de quitar a quen hai, pero coa dúbida de si o seu entendimento será serio dabondo para xestionar o futuro sen fisuras.
outros partidos, teñense renovado con éxito, aínda que non sen problemas, pero o nacionalismo galego, referencial no pasado en ideas, renovación, representatividade, democracia interna, e outros valores que lle deron respeto, apoio social e éxito electoral, parece ter caído nun letargo perigoso.
O BNG, é hoxe en Galicia, a forza máis conservadora de facto, non no ideolóxico, e pase o que pase na Asamblea Nacional, moito deben cambiar as cousas para que os galegos volvan a confiar na forza destinada a defendelos.
A mensaxe que se está a trasladar á sociedade galega é de división interna con risco de quebra, que non hai referentes novos fiables, que hai unha volta ao pasado e que se sigue sin falar dos verdadeiros problemas que afectan aos cidadáns, con debates máis de poder interno e endogámicos que de verdadeiras propostas para os galegos e galegas que están a padecer a crise.
PARTIDOS E IGUALDADE
Estes días, asistimos a debates internos na politica galega e vemos como no BNG hai quinielas de posibeis liderazgos organizativos e para a candidatura ao Parlamento Galego pero en ningunha figura unha muller. O mesmo pasa no PSOE e outro tanto do mesmo, ven sucedendo no Partido Popular historicamente.
As mulleres siguen aparecendo en un segundo nível de responsabilidade, relegadas a alguns ministerios ou consellerías, e sempre en numero menor ao dos homes, e na empresa privada, a presencia de mulleres en cargos de dirección é minoritaria e incluso residual.
Forzas politicas autonomeadas de esquerda, vironse superadas en algún caso pola dereita en numero de mulleres en cargos públicos e postos de responsabilidade aínda que as cifras deixan a todos en evidencia.
A existencia de cuotas, sin ser a panacea, supón polo menos, a garantía de un mínimo do 40% de representación de mulleres en listas electorais, pero que despois se incumple cando hai que designar a responsabeis de goberno; nos que os homes ocupan a presidencia e o maior número de carteiras.
Pervive a hipocresía na politica, especialmente en este tema, pois aínda que se negue, ser muller sigue a ser un obstaculo, e si ademáis se é gorda ou fea (ao millor son politicamente incorrecto) o acceso a cargos públicos importantes faise na practica imposible.
A verdade é que os partidos politicos aproban medidas a favor da igualdade que eles mesmos quedan lonxe de aplicar nas súas propias organizacións, e as medidas tendentes a acadar a igualdade real na vida laboral (fundamental para a igualdade efectiva) son insuficientes, e as mulleres, ademáis de ter máis dificil acceder a postos de dirección, están marxinadas tamén nos salarios a respecto dos homes, principalmente na empresa privada.Por non falar tamen dos despedimentos por maternidade, encubertos ou descarados e coa permisividade e a vista gorda da administracion.
E nin Feijoo, nin Rajoy, nin Pachi Vazquez, nin Caamaño, nin Jorquera, nin Guillerme Vazquez, nin Beiras, nin Aymerich son mulleres. A politica, con maiúsculas, parece que sigue a ser cousa de homes, e esta situación, ignorala, perxudica aos grupos politicos e polo tanto ao; tamén, conxunto da socidade.
O único Estado estable é aquel no que todos os cidadáns son iguais diante da lei.
PROFECÍAS
Nin son profeta nin o pretendo, pero non resulta complicado coñecer o que vai suceder após da Asamblea Nacional do BNG a finais de este mes, e precisamente porque non haberá cambios significativos no resultado da asamblea, o nacionalismo iniciará un cambio histórico.
A UPG gañará de novo outra asamblea, e todo canto ceda e/ou pacte, serán concesións para maior beneficio de este partido e debilidade do resto, si temos en conta que no Consello Nacional xa ten asegurado unha excutiva con representación proporcional que garantirá unha vez máis o reparto de respopnsabilidades nos continuos fracasos electorais, eludir as culpas permanentewmente de quen leva decenios mantendo as maiorías na organización.
No caso de que a proposta de candidato á Xunta da UPG sexa de "farol" a posibel cesión nese posto propiciará un candidato de outra forza, debilitado e de transito, xa que a portavocía nacional é irrenunciable e a maioría permitirá a Guillerme Vazquez repetir no cargo.
En calquer caso, o nacimento de unha nova forza politica nacionalista en Galicia, parece cantado, primeiro polo evidente descontento existente no seo do BNG e a crecente incomunicación e mala convivencia interna.
En segundo lugar, pola permanente perda de votos e apoio social do BNG no último decenio, a debilidade para ocupar outros espazos politicos e a incapacidade para volver a convertir ao BNG nunha alternativa ilusionante e mesmo de goberno.
E DA INDEPENDENCIA, QUE?
Co paso do tempo, as presións politicas e sociais e a interesada asociación do terrorismo coa reivindicación da independencia, o nacionalismo rematou por eliminar das súas teses politicas o termo independencia e mesmo da linguaxe oral.
En manifestacións multitudinarias, os berros de "independencia" eran acalados con outros polos propios miliantes exercendo unha autocensura.
Hoxe, superada calquer sospeita ou relación do nacionalismo democratico con vías violentas para a defensa dos seus posicionamentos politicos, toca recuperar o termo no seu real significado. O mesmo Castelao ten manifestado en numerosas ocasións esa pretensión, e asi debera ser asumida como natural mesmo por aqueles que non a comparten.
Primeiro porque non se pode autonomear nacionalista e mesmo galeguista unha forza politica que non ansíe para o seu país as maiores cotas de soberania politica e economica, o maior grado posíbel de autogoberno.
En segundo lugar, porque o país precisa desfacerse de "tabús" e preconceitos, precisa da suficiente liberdade para decidir pola vía democratica todo o que estime oportuno.
Os galeguistas e nacionalistas estamos obrigados a exercer un traballo pedagóxico co resto de concidadáns e prantexar esta posibilidade coa maior naturalidade, sen medos nin descalificacións.
Nacións sen estado desenvolvidas como o Quebec ou Escocia teñen plantexado xa consultas populares sobre a independencia coa maior naturalidade, e Galicia, si non quere perder o tren das nacións sen estado máis avanzadas, debe asumir sen complexos a Independencia como fin último das súas reivindicacións nacionais, non como unha consigna sinón como un obxectivo beneficioso en termos concretos para os seus cidadáns e a súa calidade de vida, pero fundamentalmente como aspiración digna e identitaria de orgullo do propio.
Forzas da dereita nacionalista de outros países, forzas de esquerdas, de centro, asumen sin complexos esta aspiración, e mesmo teñen gobernado sin que iso teña suposto ningún tipo de problema na vida diaria dos seus concidadáns.
Correspondenos aos galegos, independentemente da tendencia politica, reivindicarnos e aspirar sin cortapisas ao máximo como pobo e como seres humanos, á nosa propia independencia. Tomen nota os que se chaman galeguistas e nacionalistas.
EMPRESA: EMPRENDER, APRENDER...
Noel Clarasó
Nestes novos tempos de crise, nos que os cidadáns xa contribuiron a salvar a banca con prestamos a fondo perdido, nos que son numerosas as empresas e autonomos que pechan os seus negocios e nos que aumenta cada dia a cifra de parados, as mensaxes dos  gobernantes inciden na consigna dos recortes, contribuindo á desconfianza dos cidadáns na clase politica e mesmo no sistema.
Agora que os recortes se ceban no sistema público, na falta de investimento e na subida de impostos como única idea para combatir a crise, a evidente mediocridade da clase politica, dos partidos e mesmo a pouco poder e autoridade dos gobernos coa banca e co poder económico, acentuan a progresiva desconfianza e enfado da poboación coa administración, que cada día é máis esixente cos máis febles e mais sumisa cos poderosos.
Esta situación leva a unha reflexión lóxica, incluso básica: promoven un sistema baseado no consumo e agora, con unha crise provocada por escuros intereses, cada medida que se toma, retrae no consumo, promove o peche de empresas e aumenta o paro.
Os erros e avaricia cometidos por bancas e caixas foron subvencionados polos cidadáns, agora castigados por esa mesma banca con embargos de vivendas e negativas de credito cando máis se precisan.
So politicas dirixidas a  promover a economía, contar coa empresa como motor de riqueza e emprego e polo tanto de reactivación do consumo e da calidade de vida poderá ter exito nesta situación.  Sin embargo, as empresas están faltas de credito, mesmo afogadas por unha banca impune, que non paga como o resto de empresas os seus erros, a súa irresponsabilidade, sinón que é incluso premiada por un sistema ao servizo da especulación e non da productividade.
En galicia, ademáis da situación xeral, hai factores que nos situan na cola europea nas cifras e con dificil perspectiva de futuro consecuencia de ter cedido durante decenios na defensa de sectores estratexicos como o naval, o lacto-agricola-forestal, a pesca, as novas tecnoloxías e mesmo a cultura como motores da economía.
Hoxe, os nosos politicos siguen sometidos, por unha banda, a doctrinas como a do comisario europeo para asuntos económicos, Olli Rehn, que da como única receta a "mobilidade laboral e a flexiblidade salarial" para reactivar a economía, e pola outra a consignas sindicais basadas unicamente no resistencialismo.
Parten uns de que a empresa é enemiga dos traballadores e os outros de que a empresa so precisa da explotación laboral para sair adiante. Equivocanse todos. A empresa xenera emprego, activa o consumo e as cotizacións, e polo tanto a pervivencia tamén do sector público. A empresa quere ter perspectivas de negocio, de investimento permanente e de crecemento non basado só en recortes nin na explotación laboral.
A empresa precisa apoio a proxectos e non subsistir a base de subvencións e producto de picaresca e amiguismos, apoio a emprendedores, á investigación, ao desenvolvemento de proxectos ao aumento da competitividade interior e exterior, á expansión.
O certo é que as politicas practicadas deixan en evidencia o sometemento da clase politica a dictados emenados de intereses macroeconómicos e xeneran a falta de credibilidade e confianza dos cidadáns nunha clase politica mediocre, sometida aos poderosos e implacable na persecución dos máis perxudicados.
A falta de valentia para encarar politicas de promoción economica, de investimento público, de aposta polos emprendedores e a empresa dunha maneira decidida, acentuan a depresión económica e liquidan paso a paso o benestar dos seus cidadáns, quenes deberan ser os principais beneficiarios das politicas dos gobernos.
So a defensa dos nosos propios recursos, da s nosas potencialidades, e mesmo blindandoas coa independencia politica, poderá salvar o país e aos  galegos como cidadáns libres e dignos en un mundo cada vez máis inxusto, nunha galicia de seu, nosa.
Para esto, neste novo tempo, hai que superar propostas de parte e apostar por máis país, máis proteccionismo dos nosos recursos e das nosas empresas, máis apostas polos nosos productos, e en definitiva, máis capacidade de decisión a respeito do poder económico e politicos alleos e sobre todo acreditar en nós, no noso capital humano, que é aproveitable en países máis desenvolvidos e mesmo en desenvolvemento porque aquí non somos quenes de retelos para traballar o presente e construir o noso futuro, o futuro de Galicia.
OS IMANS
Efectivamente, o que semella un principio físico, pode ter paralelismos na politica e máis no concreto na politica do País, que polos de diferente signo se atraen inevitablemente por principios.
Refirome ao máis extremo do nacionalismo con representacion institucional e polo outro extremo, á dereita españolista máis recalcitrante e calquera deles gobernando os seus respectivos aparatos partidarios.
Ambos, repelen a forzas do mesmo signo, outras opcions coas que conviven pero que combaten.
Uns, os nacionalistas, comparten co españolismo un preocupante conservadurismo nas ideas e nas formulas de control politico, raiando mesmo posicionamentos reaccionarios.
Os outros, os españolistas, precisan de un"demo" controlado que xustifique os seus postulados ideolóxicos e que ao mesmo tempo impida a criación de unha alternativa galeguista moderada, aberta e con vocación de goberno e mesmo de poder que aspire a facer do País unha nación de seu e que camiñe sen complexos de ningún tipo cara a independencia.
Os nacionalistas "radicais" precisan tamén de unha besta negra para xustificar os seus rancios discursos e erixirse a si mesmos en "guardians das esencias".
Os polos extremos, atraense, pois, e mesmo se necesitan para a súa supervivencia, coa única diferencia de que un dos polos está deseñado para exercer o poder en todos os ambitos e o outro só na area do nacionalismo, conformandose para a sociedade unicamente como un proxecto opositor.
Calquera dos dous, polo tanto, fraco favor fan a Galiza, primeiro por impedir a súa emancipación politica, e segundo por colaborar entre eles (voluntaria ou involuntariamente) na perpetuación dese "statu quo".
O problema e que a sociedade percibe xa como algo natural que uns nos gobernen e que os outros fagan oposición, entendendo como irregular calquera outra situación.
VOLVENDO AO PAÍS
Os galegos asistimos desde hai anos á paulatina perda de apoio electoral do nacionalismo, en cantidade de votos, en representatividade institucional e en apoio social a pesares da estructura creada en ambitos como  o sindical, cultural, asociativo etc.
Lonxe de facer unha analise profunda do que pode ser un proceso de descomposición co resultado próximo ou lonxano cara ao residualismo, o nacionalismo galego leva anos facendo analises engañosas dos sucesivos resultados, maquillados deliberadamente en parte por intereses internas de control de estructuras partidarias, e en parte por unha tendencia histórica a pensar que o país está equivocado, negando calquer posibilidade que poda supoñer un descoñecemento ou falta de adaptación á realidade do país que se di defender.
Cal é logo a consecuencia da perda continuada de apoios, causas sempre esóxenas e interesadas? ou serán esas as coartadas perfectas para o inmobilismo, control do aparato politico e permanente xustificación do continuado retroceso?
O país semella alonxado da que debera ser a plataforma natural de defensa dos seus intereses, ben por etiquetas fomentadas polos rivais e medios de comunicación, pero alimentadas polo propio mundo nacionalista con actitudes distantes e mesmo initelixibeis para os propios galegos, o sectarismo, a autoexclusión, o elitismo ideoloxico...
Sen querelo, o nacionalismo tense adentrado nun proceso politico tan galego como o minifundismo, parcelandose a si mesmo con limitacións para si e para os galegos como a definicion de  esquerda, espazo ocupado por organizacións estatais, un nacionalismo restrictivo que limita o ambito de representatividade politica no millor dos casos a douscentosmil votos e unha tendencia patoloxica a prescindir de referentes historicos e sociais.
De esta maneira, o nacionalismo limita o seu ambito de influencia politica e social porque renuncia a ser unha opción lexítima, diferenciada e libre, supeditado sempre a acadar maiorías para gobernar, ou a estar abocado a pactos e apoios previsíbles coa esquerda estatal.
Neste escenario, os galegos optan por propostas lexítimas e non por sucedaneos, e non o perciben como unha opción real de poder, sinon como un complemento.
Galiza precisa de unha opción politica autocentrada no país, integradora, que supere as dinámicas importadas nas que se prioriza a contradicción "esquerda-dereita" por diante da contradicción "Galiza-Estado" no seu ambito máis amplo, precisa de unha forza con vocación maioritaria, de poder, co obxectivo de acadar o pleno goberno e a independencia, desde a moderación e a modernidade.
Non é posible representar e defender os intereses de Galiza sen o apoio dos galegos, polo que hai unha necesidade urxente de refundar o nacionalismo galego (non só unha forza politica) porque non só nos xogamos a pervivencia de un instrumento politico sinon que nos xogamos a pervivencia do país.
O nacionalismo debe refundarse para acadar a confianza maioritaria dos galegos con unha profunda reformulación mesmo de premisas "intocabeis" ate hoxe, e preconceitos que o levaron a unha situación de coriente elitista, pura, pero a cada paso máis minoritaria agás contadas excepcións locais.
So unha pequena parte da sociedade galega é "nacionalista", pero unha parte maioritaria da sociedade galega se considera "galeguista", uns conceptos que non deberan estar distanciados pero que semellan confrontados.
O galeguismo histórico, heroico polo que supuxo de recuperación da identidade propia e o orgullo dos galegos como país diferenciado, acuñou un termino e uns compromisos que elevaron a Galiza ao nível de recoñecemento de Euzkadi e Catalunya no contexto do estado, hoxe deturpado polos partidos estatais, pero que aínda pode atraer á maioria dos galegos polo ben común.
Supostas adecuacións a realidade politica, lecturas falseadas da realidade e mesmo a formulación de novas alternativas desde premisas socialdemocratas, centro, centro dereita ou esquerda, estarán abocadas ao fracaso cando a sociedade demanda  formulas imaxinativas e comprometidas cos cidadáns, cos galegos e galegas castigados pola crise en maior medida que o resto do estado, con unha alta taxa de desemprego, unhas baixas pensións uns salarios máis pequenos e un empresariado abandonado pola banca e as administracións cando resultaría necesario para rexenerar a nosa economía productiva.
Con este panorama, Galiza precisa máis que nunca, de unha forza que orgullosa do país e que acredite das súas propias potencialidades, pero que ademáis de dignificar a historia do galeguismo e nacionalismo, inicie un camiño novo e valente, renunciando si é preciso a corsés que poidan supoñer un lastre para o seu crecemento por riba de visións nostálxicas, poñendo por diante unicamente os intereses do país e desbotando formalismos, demagoxia e diferenciando intelixentemente táctica  e estratexia politicas co obxectivo de acadar a maioría social e politica de Galiza.
Calquer plantexamento restrictivo e excluínte, con discursos endogamicos e que non teña vocación maioritaria, falta de referentes, encabezados por persoas de demostrada incapacidade e numerosos fracasos, lonxe de contribuir a un futuro esperanzador, rematará enterrando esperanzas.
Non creo, polo tanto que haxa aínda unha verdadeira proposta ilusionante para a maioría social, que recupere a esperanza perdida, coa que podan sentirse identificados todos os galegos e galegas e co que iniciar un proceso de salvación do país primeiro, e de acadar despois a súa independencia nesta Europa desnaturalizada pero coa posibilidade aínda de reformularse comprometida cos seus cidadáns e as súas nacións.
Mentras, os galegos, os galeguistas, seguimos agardando unha forza para construir o país, para todos, para nós.
...ningún galego iñora que a súa “terra”é Galiza, pero non todos identifican a terra coa nación,...
OUTRO VIDEO DO "PROXECTO POLAR"