de Guizán


Caderno Dixital de Antón Tenreiro
Caderno digital de Antón de Guizán .

O meu perfil
antontenreiro@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

De Samarugo
XXX ROMARIA LABREGA DA CHAIRA

30 anos se leva celebrando a Romaria Labrega da Chaira, 32 anos dende a sua creación si contamos os dous da pandemia nos que non se celebrou. Son moitos anos de celebración e reivindicación das nosas tradicións e da nosa etnografia e na parroquia do poeta Xosé María Diaz Castro, que non chegou a disfrutala pero ao que honraron en numerosos pregóns figuras como Marica Campo, Xulio Xiz, Segundo Pérez ou Felipe Senén entre outros moitos e que de seguro este ano terá tamén a sua mención nas verbas de Manolo Cachan, o flamante pregoeiro desta edición, ex presidente do IESCH Instituto de Estudos Chairegos, unha entidade tan necesaria como modélica. As xuntanzas familiares, os traballos agrícolas, a festa e a cultura tiveron inicialmente nas Reixas e despois na carballeira do Cancelo ao longo de tres décadas unha celebración única e singular, unha demostración de orgullo do que somos e de onde vimos. Aínda que a romaria foi prescindindo co paso do tempo da exibición de algunhas actividades do pasado, sigue a manter o interés con outras divertidas propostas que foi incorporando.
Na primeira edición, o grande poeta da Terra Chá Manuel Maria inaugurou unha exposición de fotos antigas e fixo alí unha encomenda a Pastora Veres que deu como resultado o fermoso traballo antropolóxico «Lareira de soños» de Pastora Veres, outra das filhas destacadas dos Vilares, tamén creadora con con outrXs vilaregXs desta romaria. Este traballo, é dalgunha maneira, producto daquelas primeiras edicións nas que a convivencia, os traballos comunais, os ofícios, e a historia viva dos habitantes dos Vilares inspiraron e motivaron a Pas Veres a recoller nun libro as vivencias, traballos, sofrimento e alegrias dos verdadeiros protagonistas do noso pasado, as xentes anónimas que tamén axudaron a manter ano tras ano esta exaltación do noso rural.
Animadevos, pois, a participar os vindeiros dias 12 e 13 de agosto da XXX Romaria Labrega da Chaira, esa lareira de soños, esa lareira de todXs.

Antón de Guizán
Categoría: Xeral - Publicado o 26-07-2022 13:10
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0