Caderno Dixital de Antón Tenreiro |
|
Caderno digital de Antón de Guizán . |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A LAREIRA PREPARA CAMPAÑA PARA SALVAR OS FRESCOS DOS VILARES |
|
A LAREIRA DE SOÑOS PREPARA UNHA INTENSA CAMPAÑA PARA IMPEDIR A PERDA DOS FRESCOS DOS VILARES (S.XVI)
Despois de ter constatado ao longo de catro anos o pouco interés das administracións por salvar os frescos renacentistas dos Vilares (S.XVI), co silencio da Deputación Provincial despois de ter apresentado proxecto, recibido visitas de deputados o absentismo do Concello, que lonxe de liderar esta reivindicación, mantense ausente e sumiso co governo socialista provincial, a Xunta, que despois de terse aprobado na Comisión de Cultura do Parlamento Galego a restauración das pinturas do Mestre de Parga, non se tem posto en contacto co resto de organismos nin ten habilitado os fondos, e a igrexa que non Ten solicitado formalmente a Património está restauración, vémonos na obriga de tomar medidas pola nosa conta.
É por isto que no mes de setembro iniciaremos unha campaña con diversas accións:
1- Crowdfunding ou recadación (comunal) para abordar polo menos a consolidación e protección das pinturas e frenar a súa degradación.
2- Reparto do estudo dos frescos do profesores Monterroso Montero no Caderno de Estudos Mindonienses de 1992 entre os feligreses e veciños dos Vilares para sensibilizar sobre a importancia das pinturas.
3-Documental para campaña audiovisual da campaña e difusión desta importante obra.
4- Xornadas con diferentes profesionáis (historiadores, restauradores, arqueólogos e especialistas) para chamar a atención sobre a importância dos frescos.
5-Iniciativas En distintos foros e organismos relacionados coa cultura e o património.
Frescos únicos na Igrexa dos Vilares
Estamos diante dun serio perigo de desaparición definitiva dos frescos dos Vilares pola falta de sensibilidade das administracións a pesares de levar catro anos petando en tódalas portas e advertindo da degradación das pinturas murais, unha xoia da iconografia relixiosa da Terra Chá.
Mesmo coa aprobación na Comisión de Cultura do Parlamento Galego, non se teñen habilitado fondos nin posto de acordo as diferentes administracións para evitar o posíbel desastre patrimonial que ten sobrevivido cinco séculos e vai camiño de ser destruído en só 25 anos.
Estes elementos pictóricos fóronse conservando pola costume profiláctica desde o século XVI de calear as paredes para evitar a proliferación de pestes e enfermidades.
Datan, segundo un estudo de Juan M. Monterroso Montero, do Século XVI, probablemente de 1530 a 1540 na que coinciden tamén cos da igrexa de San Estevo de Parga e probablemente o autor, polas coincidencias iconográficas das pinturas, da autoría do Mestre de Parga, moi coñecido na época.
Os frescos sitúanse á dereita e á esquerda. Así na parede da esquerda á entrada representan tres escenas; a lamentación de Cristo Morto, a imposición da casulla a San Ildefonso e Santiago Matamouros. Os da parede á dereita da entrada representan ornamentos xeométricos e fragmento de escenas de paisaxe.
Deixamosvos aquí este estudo do profesor Monterroso para sensibilizar sobre este tesouro vilarego que devemos defender como respeito da nosa própria história e a dos nossos antepassados.
Nos próximos meses iniciaremos unha campaña para acadar a recuperación definitiva destas pinturas, unha xoia renacentista única e que foi testemuña do nacemento e despedida de milleiros de vilaregos e tamén visionada por milleiros de visitantes á Romaría dos Desamparados na busca de cura aos seus males.
Aguardemos que a Virxe e San Vicenzo axuden a preservar as paredes do seu templo e que vilaregos e vilaregas así como todos aqueles Chairegos sensíveis co nóso património os apoien nesa labor. |
|
|
|
As administracións abandonam os frescos dos Vilares |
|
A Asociación Socio-Cultural Lareira de soños crítica o nulo interés das administracións na restauración das pinturas murais da igrexa dos Vilares (s. XVI) despois medio ano de terse aprobado a restauración na Comisión de Cultura do Parlamento Galego coa votos favorabeis de PP, BNG, A MAREA e a abstención do PSOE.
Médio ano despois non se tem dotado de previsión orzamentaria esta execución, non teñen tomado contacto entre as partes (Xunta, Deputación, Concello e Igrexa) tal e como acordara a Comisión de Cultura e só os técnicos de Património e os autores do proxecto teñen cumprido coas súas obrigas.
A Lareira de soños tense posto en contacto con Património e instado á diócese de Mondoñedo-Ferrol (titular da igrexa) a solicitar a intervención urxentes devido ao alto grado de deterioro dos frescos renacentistas dos Vilares.
O baixo interés das diferentes administracións á hora de recuperar está xoia de arte relixiosa da autoria do Mestre de Parga agranda aínda máis o perigo de desaparición definitiva dos murais, que con unha actuación relativamente barata, tería nuns meses recuperado o seu explendor.
A Asociación volverá a insistir na situación dos frescos e na necesidade de acometer actuacións inmediatas, para o cal só é preciso dotalo de dotación económica, pois hai proxecto adaptado ás esixencias da Dirección Xeral de Património, hai permiso da diócese e se teñen realizado as revisións técnicas in situ dos frescos.
Despois de catro anos reclamando nas distintas institucións a atención a está xoia do património relixioso chairego a degradación das pinturas fai que entren na UCI do património sen ningún Tipo de coidado nin interese pór salvalos nun preocupante pasotismo administrativo.
A Igrexa na que foi batizado o poeta Diaz Castro, coa orixe no século XII, un calvário que leva tamén médio ano con un cruceiro partido e que contén un sartego único e vários retábulos de grande valor, lugar de milleiros de romeiros na Romaría dos Desamparados, padece o abandono político dos diferentes governos e responsábeis que levam anos facendo ouvidos xordos ás voces de alarma de veciños e profesionáis. |
|
|
|
NPG E CULTURALIAGZ COA UNED SÉNIOR |
|
Novos cursos literários e artísticos na UNED Sénior.
O grupo poético NPG Nova Poesía Guitirica e a plataforma CulturaliaGZ colaboran coa UNED Sénior de Aranga, Monfero e Terra Chá na realización de novos cursos de poesía, literatura e arte.
O poeta chairego Martiño Maseda e a poeta/artista Adolfina Mesa serán quenes coordinen as clases e obradoiros destas matérias, que contarán co apoio da NPG e Culturalia e os seus componentes.
Así, as preinscricións e información poderánse até o 15 de setembro
nos seguintes correos:
info@culturaliagz.com
dosvilares@gmail.com
coordinadorunedsenior@gmail.com
Tamén a través das redes sociais da NPG Nova Poesía Guitirica, CulturaliaGZ e Os Vilares Lareira de soños.
Para preinscricións chega con enviar a calquera desas direccións
Nome e apelidos
Data de Nacemento
DNI
Estudos
Dirección
Tfno fijo e/ou móbil
E-Mail
PROPOSTAS DE CURSOS:
OBRADOIRO DE POESÍA:
POEMAXE (combinación de poesía e imaxe).
OBRADOIRO DE NARRATIVA:
O MICRORRELATO (a condensación da
palabra).
CURSO DE PINTURA E ARTES DECORATIVAS (a emoción reflectida a través
da cor).
Obxectivos:
Que o alumnado se achegue ás disciplinas pictórica e literaria (pintura, poesía,
narrativa) dun xeito ameno coa intención de provocar un exercicio comunicativo
das emocións ao tempo que se adquiren unha serie de coñecementos
relacionados coas disciplinas mencionadas.
Finalidade:
Creación dunha antoloxía literaria (poesía ou narrativa) ou pictórica cos
traballos realizados polo alumnado ao longo dos obradoiros, para que sexan
apreciados por parte do público.
Aberto o prazo de matrícula da UNED senior, para maiores de 50 anos
15.06.2018 | | A Coruña
A UNED senior da Coruña xa abriu o prazo de matrícula para o curso 2018/2019 e poden inscribirse todos os maiores de 50 anos que queiran unha formación universitaria. A inscripción seguirá aberta ata que se acaben as prazas e comecen as clases en outubro. O ano pasado un total de 365 alumnos acudiron á UNED senior e espérase que o número sexa similar ou maior. Se impartirá Prevención de Riscos na Vida Cotiá, Actividade Física e Incidencia na Saúde, Patrimonio Histórico, Informática, Música, Canto e Gimnasia. Cada unha ten 30 horas lectivas.
|
|
|
|
A XESTA, EN LALIN, PODERA ENTRAR AOS VILARES |
|
O próximo dia 10 de xuño ás 21:00 horas a Asociación de Veciños San Pedro Félix da Xesta (Parróquia singular de Lalín 2018) organiza a proxección do documental Entrar aos Vilares, producido pola Asociación da Terra Chá, Lareira de soños arredor da parróquia do poeta Xosé María Díaz Castro. O filme foi finalista da XII Mostra Internacional de Cinema Etnográfico de Compostela en tres categorías (mellor filme, mellor producción galega e prémio do público). A proxección contará com membros da equipa de realización que manterán um colóquio co público asistente.
Sigue polo tanto, a "Xira Trapeira" do filme da parróquia dos farrapeiros por Galiza adiante:
"Entrar aos Vilares é, máis ou menos, un intento de explicar un lugar partindo de cero. Cando aos tres realizadores nos fixeron a proposta de facer un documental sobre Os Vilares, non tiñamos moi claro se iamos ser quen de comprender o que é a parroquia e o que representa para a xente que vive alí, nin se iso ía ser necesariamente interesante (para nós e para quen puidera velo despois). Así que a solución que se nos ocorreu foi, simplemente, rexistrar o noso intento. Así, aínda no caso de fracasar, teríamos como mínimo a opción de ensinar o retrato honesto das nosas limitacións.
Por iso a película dá, se cadra, a sensación de estar en proceso, ou de ser a ratos un vídeo doméstico. Preguntamos aos veciños tentando comprender a identidade do lugar, buscando as súas particularidades, arredor da idea de buscar a historia na vida cotiá. Observamos as paisaxes e os diferentes espazos da parroquia, ás veces cheos de actividade e ás veces baleiros. E, mentres o facemos, tentamos confrontar iso coa nosa propia perspectiva de xente nacida na cidade e estudante de cine, que nos leva aínda que non queiramos a facer as preguntas que facemos, ir aos sitios aos que imos e xogar entre nós. Non podiamos sequera pretender ser obxectivos, así que fomos subxectivos. Igual que nós entramos nos Vilares, no mellor dos casos o espectador podería entrar con nós, dubidar con nós, desviarse con nós do propósito inicial e, cada un á súa maneira, aprender".
-Cibrán Tenreiro (Director).
SINOPSE:
Tres mozos entran a unha parroquia de Guitiriz que descoñecen co encargo de realizar un documental sobre ela. Entón:
1) Preguntan aos veciños tentando comprender a identidade do lugar seguindo unha cita de Charles Seignobos que leron na universidade: ?Lamento non ter podido tratar máis que dunha maneira moi incompleta os feitos da vida cotiá, alimentación, vestido, habitación, usos de familia, dereito privado, diversións, relacións de sociedade, que constituíron o principal interese da vida para a enorme maioría de individuos?.
2) Tentan vincular o que aprenden á súa propia identidade e ás súas propias experiencias, sendo da primeira xeración das súas familias que non naceu na aldea. E cuestionan o resultado: non queren dar outra visión nostálxica do rural pero non teñen claro se o conseguen.
3) Pasean por leiras e casas abandonadas, xogan, distraense mirando aos animais e desvíanse das súas propias intencións como se estiveran facendo un vídeo doméstico. |
|
|
|
Tese do director de Entrar aos Vilares |
|
Cibrán Tenreiro, director do documentário Entrar aos Vilares (#Entraraosvilares), músico nos grupos ESPOSA, MONSTRUO e ocasionalmente ATAQUE ESCAMPE, xornalista, colaborador en várias publicacións especializadas de cinema, directivo do Cine Clube Compostela e traballador de comunicación dos mais coñecidos festivais de cinema galegos, dará leitura á súa tese de doutoramento o vindeiro luns 11 de xuño na faculdade de xornalismo da USC.
Gañador do primeiro prémio María Luz Morales de ensaio da Académia Galega do Audiovisual, a súa tese, dirixida pola académica chairega Margarita Ledo Andión trata de "Un cinema do fan. Os fans e as gravacións amadoras nos modos de representación da música en directo". Con família orixinária da parróquia chairega de Lanzós, Cibrán Tenreiro, nado en 1990 está graduado em comunicación audiovisual pola facultades de xornalismo da USC e é master de comunicación audiovisual para universidade Pompeu Fabra de Barcelona. |
|
|
|
PERIGO, ENTRA VOSTEDE NO RURAL |
|
Perigo, circula vostede polo rural. Vamos camiño de que se nos advirta con algunha sinalética vertical desa realidade, sae máis económico que melhorar a rede viária nas nosas aldeas. Nos últimos anos comenza a ser unha triste realidade o aumento de accidentes mortais ou de extrema gravidade nosos viais do rural. Circular por exemplo, pola estrada que vai de Drada a Labrada lembra máis unha paisaxe de guerra co firme bombardeado que un vial comarcal. Ben lembramos tamén as misas do crego de Momán polas fochancas na estrada de Xermade. O certo é que as heróicas explotacións que resisten no nóso rural poden ter cen vacas ou máis e o pienso xa non se transporta en sacos nunha furgoneta, os vellos tratores traídos de Castela foron sustituidos por maquinaria agrícola de grandes dimensións e a recollida do leite pasou dos bidóns a grandes camións cisterna. Os nosos montes, cheos de eucaliptos, soportan tamén maquinarias e transporte de grande porte que ademáis de deteriorar o firme ocupan grande parte do ancho das pistas e estradas. O que non medrou foron as 'carreteras', son as mesmas e en peores condicións. Cos núcleos diseminados as casas contan con vários veículos, o control da mobilidade é mínimo ou casi inexistente, a sinalética deficiente e en moitos casos tapada polas silveiras, factores todos, que sumados a unha rede viária rural en pésimo estado de conservación e sin apenas melloras na anchura, mínima seguridade e casi nula eliminación de puntos negros, fai lóxico que aumente a siniestralidade sin que as administracións fagan pouco máis que parchear ou botar grava (algo que ainda aumenta os riscos). Por non falar do aumento de bicicletas, cabalos, quacks ou deportistas a pé ou viandantes con sérios riscos para a súa integridade nas actuais condicións. As estradas do nóso rural siguen co trazado orixinário e en moitos casos nun lamentábel estado de conservación, e o peor é que a actual situación conleva en moitos casos consecuencias que provocan accidentes graves. Como é posíbel que en estradas como a que vai de Guitiriz a Momán polos Vilares, sen arcén, mal firme, sen iluminación en núcleos ao pé da estrada, mala ou inexistente sinalización horizontal e chea de fochancas non Tráfico, nin o Concello nin a Deputación teñan ainda controlado o exceso de velocidade habitual dos veículos? Haberá que agardar por un tráxico accidente? E así en moitas outras estradas chairegas nas que circular a diário se ten convertido nun factor de risco engadido e noutra evidente mostra do abandono do nóso rural, que non se ten adaptado á realidade na melhora das comunicacións no aspecto agricola e gandeiro nin no factor humano. Moitas das estradas creadas no seu momento coa colaboración dos veciños, siguen a ser médio século despois as principais vias de comunicación do nóso rural. As melloras da rede viária non deben depender de votos nin clientelismo político senón de sérios estudos de necesidades, de planos rigorosos feitos de necessidades urxentes combinados con planificación a futuro e combinados entre administracións, onde as vidas humanas esteñan por diante do interese propagandístico ou a foto política de turno. Mentras, circular polo rural chairego, seguirá a ser unha aventura, unha práctica de risco.
|
|
|
|
|
|