de Guizán


Caderno Dixital de Antón Tenreiro
Caderno digital de Antón de Guizán .

O meu perfil
antontenreiro@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

CEN ANOS DA ESCOLA 🏫 HABANEIRA DA CONCHADA
Este ano 2023 cumpre un século a escola habaneira da Conchada, nos Vilares de Díaz Castro. A asociación socio-cultural Lareira de sonos leva vários anos reclamando publicamente que se programen actos de homenaxe a aqueles vilaregos emigrados a Cuba que entenderon que a maior e mellor axuda para os seus paroquianos era dotados de cultura. Por sorte, Segundo Pérez, ex-parroco dos Vilares recolleu nun libro "Escola Habanera dos Vilares (Guitiriz)" en 2008 toda a información relativa a esta obra, os seus protagonistas e mesmo os esforzos para chegar a construila.
De dúas prantas, a escola non é das máis grandes entre as numerosas escolas indianas da Terra Chá, pero sirveu para que centos de rapaces accederan a un ensino básico fundamental. Ainda moitos vilaregos e vilaregas lembran con agarimo ao mestre Andrés Pérez Carballeira que ensinou a várias xeracións de nenas e menos.
Honrar a aquela xente é unha obriga de quen alí estudou pero tamén dos seus fillos e netos que provablemente disfrutan hoxe dun benestar que é unha débeda historica con aquela xente. Ademáis dos actos que se deberan programar, adecentar a escola mellorando a súa accesibilidade, a habitabilidade e a contorna sería este ano a mellor homenaxe, e darlle un uso con contidos periódicos trasladando actividades sociais e culturais á parroquia teria que ser unha obriga.
Hai exemplos de dinamización ben perto, de escolas habaneiras que se converteron en auténticos motores de actividade, encontro e unión parroquial, en Santaballa en Lanzós, en Vilapedre etc.
No mesmo Guitiriz, a escola de Lagostelle é hoxe um lugar cheo de vida.
Os Vilares tem a suficiente importancia para impulsar numerosas iniciativas coa escola da Conchada como motor e nun futuro, cos frescos da igrexa restaurados, coa casa do poeta Díaz Castro recuperada para a xente, a dinamización desta parroquia do rural chairego pode ser un modelo.
Precisamos da vontade política, do amor aos nosos ancestros e admiración á súa labor filantrópica e sumar entre todos para gozar dun ben que temos a sorte de conservar aínda en condicións aceptabeis e que é un legado, unha herencia que hai que coidar e darlle o valor que merece.
O xornalista chairego Xulio Xiz, manifestou na igrexa dos Vilares nun acto adicado a Díaz Castro em 2015, que os políticos serán lembrados máis polo seu traballo a prol da cultura que polo asfalto ou os puntos de luz.
Si a escola habaneira da Conchada precisa dunha adaptación aos tempos e unha mellora integral, este é o momento: 2023.
Um século de vida que debe abrir a andaina cara a outro século ao servizo da xente e da cultura.
Escola Habaneira da Conchada, historia e patrimonio, cultura popular.
Categoría: Xeral - Publicado o 09-05-2023 16:12
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0