Caderno Dixital de Antón Tenreiro |
|
Caderno digital de Antón de Guizán . |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
BALNEÁRIO PANTASMA |
|
Pasan os meses e a xente sigue agardando novas positivas sobre o balneário de Guitiriz, que pechou as portas hai un ano despois de meses sen abonar os salários aos traballadores e mesmo facendo expolio os seus antigos proprietários coa tala e venda de árbores. O desenlace viase vir e as entidades financeiras fixeron a vista gorda até chegar ao desastre sen intervención algunha das administracións públicas que tiñan aportado subvencións e axudas a ese proxecto. Máis aló da evidente transcendéncia económica deste hotel balneário no emprego e a dinamización turística do concello, a presenza deste complexo é emblemática para a comarca, un importante reclamo é unha imaxe hoxe moi deteriorada pola actual situación. O paso do tempo está a levar ao deterioro das instalacións, e o loxico encarecendo nunha posiblemente reapertura do inmoble mentras que un ano despois nin o actual proprietário (ABANCA) nin as distintas administracións (Concello, Deputación e Xunta) teñan informado de ningunha medida para a reapertura do Hotel Balneário, mentras que son variadas as especulacións sobre o futuro destino das instalacións, algunha dela moi alonxada da función para a que foi creado. Guitiriz é unha vila termal e a reapertura do balneário é vital e estratéxica, polo que a actual situación e o siléncio das partes ao respectivo resulta preocupante en tempos de crise, perda de poboación, emprego e peche de empresas. A reapertura no 2008 supuxo um motor económico que deve ser reactivado para deixar de ser un hotel pantasma do estilo do filme O Resplandor de Stanley Kubrick e pase a ter o extensor de outrora con transparencia e información aos veciños das xestións realizadas, as ofertas existentes e as razóns existentes para mantelo no actual estado.
O siléncio neste caso, é preocupante e sospeitoso e a situación lamentábel. Um ano despois, bótanse en falta respostas
e solucións. Aguardemos que se produzan axiña...
|
|
|
|
Presentación do acto do Trapeiro de Honra 2018 |
|
A Asociación Socio-Cultural Lareira de soños pretende con está iniciativa do Prémio Trapeir@ de Honra poñer en valor as cousas pequenas, ás persoas da nossa parróquia que coa súa humildade teñen o verdadeiro valor de tirar da vida para diante e darlle inmensidade á nosa existencia.
Raúl Río, o veciño dos Vilares que escollimos para o prémio deste ano 2018 representa á xente do rural que tivo que colleria o camiño da emigración e que levou sempre consigo a parróquia e o país. De Raúl xá van falar os seus amigos que están hoxe convidados a este acto e que mellor que ninguén podem presentar os a este vilarego neto da tía Felipa das Mourelas, muller que acusou a nascer a moita xente da parróquia e da contorna e neto tamén de Gregório do Perímetro, canteiro de Novás que arrancou as pedras do Monte do Viso para erguer a escola habaneira da Conchada nos Vilares.
"Cando me vaia do Cando
Hei levar unha emisora
Que alívio terei moito máis tempo
Pra falar coa família toda".
A autora desta copla, Josefa Cabado López, A Requecha do Cando, foise o sábado pasado do Cando e deixamos o seu recordo dunha troveira que espállanse a literatura oral polo país. Josefa, por parte materna era vilarega, a súa nai Dolores era irmá de Xosé, o xastre da Ponte e de Pedro Patricio o farrapeiro máis popular da parróquia. Era a curmá do canteiro Gregório do Peruleiro de Novás, avó materno de Raúl Río.
Deixou os Josefa moitas coplas para os dos Vilares, unha delas moi acaidas ao prémio:
OS TRAPEIROS
A parróquia dos Vilares
É a parróquia dos trapeiros
Todos andan coa romana,
Gañanche moitos diñeiros
-Vendame os trapis, señor,
Téñolle boa romana;
Eille pagar ben o kilo,
Si me vende boa lana.
O Vello púxose os lentes,
Por saber se tiña o kilo.
Él pesou polo Trapeiro,
Quedou o Vello fodido.
"Chebenchevichedoschedé chea chequinchetachedé cheechedicheconchedé chedo chetochepeicherichedé chedá chehoncherachedé"
Bem vindos á V edición do Trapeiro de Honra nos Vilares no idioma Chedé que inventou Josefa Cabado e que falava coas follas e netas.
Pastora Veres.
|
|
|
|
RAUL RIO, UN BÓ E XENEROSO. |
|
Neste ano de Pondal, dese Ponteceso que nos agasallou aos chairegos con Alfonso Blanco Torrado, a Asociación Sociocultural Lareira de soños dos Vilares, ten decidido adicarlle a quinta edición do seu premio TRAPEIRO DE HONRA ao vilarego Raúl de Río.
Raúl é desas persoas silenciosas, que paseniñamente van tecendo co seu traballo unha labor da que non reclaman recoñecemento, pero que é necesária e mesmo imprescindíble. Raúl, ese amante da súa terra que como milleiros tivo que coller o camiño da emigración, levou con él a Euskadi, Galiza enteira e especialmente eses anacos que ten no núcleo do seu corazón: A Terra Chá do seu querido Manuel María, Guitiriz de Xermolos e os Vilares do seu amigo Díaz Castro. O pasado ano, Raúl foi distinguido tamén coa navalliña de Manuel María, ao que tanto apreciaba, acompañado de familiares e amigos que valoran o seu exemplo de amor e dedicación ao nóso aló onde se atope. Amante da cultura e das artes, ten realizado diversos e relevantes traballos escultóricos, artigos, pinturas e as súas cámaras recolleron ao longo dos anos importantes documentos fotográficos e audiovisuais de grande valor histórico. Pero detrás dese compromiso hai, sobre todo, un home "bó e xeneroso" ao que desta volta tamén os seus veciños poñen de exemplo con ese nomeamento deTrapeiro de Honra co que acompañará na memoria dos Vilares a Díaz Castro, a Romaría Labrega, Pepe de Cristos e Asunción dos Ares, testemuñas e protagonistas con Raúl Río da história que eles mesmo escriben con letras de ouro. Nos Vilares, somos debedores de Raúl e non se paga con este recoñecemento tanto amor pola parroquia, apenas o nóso agradecemento e o cariño colectivo da súa tribu de orixe, que ben gañado o ten.
De seguro, o seu amigo Pepe do Vilariño estará feliz con este recoñecento, e con él, numerosos amigos e veciños.
Galiza precisa moitos Raúl Río.
|
|
|
|
|
|