de Guizán


Caderno Dixital de Antón Tenreiro
Caderno digital de Antón de Guizán .

O meu perfil
antontenreiro@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

#RecitalnaCasadaNPG
#RecitalnaCasadaNPG será unha nova iniciativa da Nova Poesía Guitirica para nesta corentena do coronavirus, contribuir coa poesía a facer máis levadeiro o tempo de reclusión nas casas.
Cada día ás 18:00 horas, o grupo de facebook da Nova Poesia Guitirica NPG terá un recital dun/ha poeta da NPG EN DIRECTO que será compartido nas redes sociais doutros grupos poéticos e culturais.
Despois deste recital desde a casa e si a corentena continúa sobre as datas previstas, realizaremos outro recital aberto con outros grupos poéticos de base.

@s poetas participantes deste #RecitalnaCasadaNPG serán:

Día 1 Fátima Fernández
Día 2 María Pereira
Día 3 Branka Villar
Día 4 Moncho Bouzas
Día 5 Pas Veres e Clara Blanco
Día 6 Xelo Teijido
Día 7 Amalia Díaz
Día 8 Antón de Guizán
Día 9 Maica Pastoriza
Día 10 Emilia Martínez Fuentes
Día 11 Luz Darriba
Día 12 Pilar Maseda
Día 13 Jaki S. Quintela
Día 14 Mar Beres
Día 15 Judiña de Lea

NPG NovaPoesiaGuitirica
npggazeta@gmail.com
http://npggazeta.gal
Categoría: Xeral - Publicado o 26-03-2020 16:53
# Ligazón permanente a este artigo
REENGANCHAR GUITIRIZ Á POESÍA
Alguén lembra a Raúl Gómez Pato, Eduard Velasco, Xabier Alonso ou Xosé Lois Mosquera? Son os gañadores das catro edicións do Prémio Díaz Castro de poesía criado polo Concello de Guitiriz. Agás o primeiro, os tres seguintes pasaron por Guitiriz con máis pena que gloria...
Lembro aquel memorábel acto de homenaxe ao poeta do Vilariño na igrexa dos Vilares polo 25 cabodano do seu pasamento no que a anterior alcaldesa, Regina Polín, anunciaba a convocatória do prémio. Unha distribución para que pasado o ano no que se lle adicaran as letras galegas, a memória e a obra do nóso poeta non caíra no esquecimento. O próprio Xulio Xiz, na súa intervención no acto dixera que os políticos non pasarán á história polo número de farolas ou asfalto que poñan senón polo seu compromiso coa cultura. O prémio con éxito de participación e de calidade poética, adoeceu sen embargo até agora de trascendencia social e pública. O que debera ser o mellor e máis trascendental premio poético da Terra Chá, pasa desapercibido mesmo para a veciñanza de Guitiriz que en varios casos nin se enteraron dos gañadores nin dos actos de entrega.
Que personaxe de Guitiriz tivo máis importancia histórica e relevancia cultural que Xosé María Díaz Castro?
Co Festival de Pardiñas aparte, non merece Díaz Castro convertir o seu prémio nun dos actos máis relevantes cada ano en Guitiriz? Ou permitiremos que siga o camiño de tantos outros autores aos que se lles adicaron as letras galegas e caíron despois no esquecemento mesmo nos seus proprios concellos? A memória de Díaz Castro sigue latente máis pola labor da sociedade civil a través dos centros de ensino, Xermolos ou o grupo NPG Nova Poesia Guitirica nascida naquel acto que polo traballo institucional limitado a unha dotación de 2000? e uns actos de trámite semi-ocultos. Non é un problema de cartos nin de organización, a única causa foi a falta de vontade política para dar a Díaz Castro e ao seu prémio a trascendéncia social e cultural que merece. Sei que a actual alcaldesa, Marisol Morandeira, ten a vontade de revertir esta dinámica e facer do prémio Díaz Castro o motor que coloque ao autor no lugar que merece no concello e toda a Terra Chá e facer de Guitiriz a vila poética da que os seus habitantes se sintan fachedosos. Ese carácter identitário coa poesía da man do noso poeta trasmitirá unha imaxe amábel e positiva que fará de Guitiriz un concello aínda máis atractivo, e nese traballo, tod@s debemos sumar, asociacións, centros de ensino, poetas, músicos, negócios, partidos políticos... Díaz Castro e a poesía deben ser sempre un motivo de unión, ser mellores en tódolos ámbitos nun aspecto no que Guitiriz e a Terra Chá son líderes mundiais, a poesía. Só nos queda poñela en valor como merece.
PD: O prémio gañaría en valor e repercusión alén de Galiza ampliando o idioma á norma do reintegrado e portugués. Non debe ser unha subvención da Xunta quen impoña as restriccións. Sería a mellor homenaxe póstuma de Díaz Castro ao seu amigo Carvalho Calero.
Categoría: Xeral - Publicado o 16-03-2020 21:05
# Ligazón permanente a este artigo
OS FRESCOS DOS VILARES, ABANDOADOS POLA XUNTA
Cumpridos dous anos do acordo da Comisión de Cultura do Parlamento Galego no que se aprobaba iniciar as xestións para a restauración das pinturas murais da igrexa de San Vicenzo dos Vilares en Guitiriz (S.XII), acordo que incluía convocar ás partes (Igrexa, Concello e Deputación de Lugo) desde a Xunta de Galicia para ver o xeito de iniciar o proceso de recuperación destas valiosas pinturas ao fresco do século XVI.
Casi dous anos despois, estamos aínda no punto de partida. Hai unhas semanas nunha reunión coa Alcaldesa de Guitiriz, esta seguía sin ter noticias ao respecto. O mesmo acontece coa diócese de Mondoñedo Ferrol e coa Deputación de Lugo.
O texto do acordo foi o que sigue:

?O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:



1. Avaliar o estudo técnico en proceso de elaboración unha vez rematado, para estudar tanto o estado de conservación dos frescos situados nas igrexas parroquiais dos Vilares e Labrada (Guitiriz) e as medidas a adoptar para frear o seu deterioro e garantir a súa conservación.

2. Abrir un espazo de diálogo co Arzobispado, o Concello de Guitiriz e a Deputación de Lugo para acometer as actuacións de consolidación e restauración que sexan precisas.?



Nestes 26 meses, os frescos dos Vilares pasaron a formar parte da listaxe da vergoña, a LISTA ROJA DEL PATRIMONIO do estado dos bens patrimoniais con alto risco de desaparición. Así nos foi comunicado polo comité científico da Asociación Hispania Nostra, responsábel da avaliación do estado do património no estado:

Estimado Sr. Tenreiro (Presidente de la Asociación Socio-Cultural Lareira de soños):
Desde el equipo de Lista Roja del Patrimonio de la Asociación Hispania Nostra nos ponemos de nuevo en contacto con usted para comunicarle que tras estudiar la información que nos ha suministrado sobre los Frescos de la Iglesia de Os Vilares, el Comité Científico ha comprobado que, dadas sus relevantes características, este caso cumple los requisitos necesarios para ser incluido en la Lista Roja del Patrimonio. Puede consultar la ficha del bien en la web de Lista Roja.

Agradeciendo de nuevo su colaboración y animándole a que mantenga su interés e implicación en la conservación de nuestro Patrimonio Cultural, se despide de usted y le envía un cordial saludo,

El equipo de Lista Roja del Patrimonio.

Os frescos, descubertos nunhas obras de mellora da igrexa en 1991 sendo párroco o actual deán da catedral de Compostela Segundo Pérez, levan 27 anos sen ningún tipo de actuación para a súa protección, co paulatino deterioro polas humidades, o paso do tempo, os rozamentos dos bancos da igrexa etc...
O profesor Monterroso Montero realizou un exaustivo estudo en 1992 publicado no n°8 dos cadernos de eatudos mindonienses que sirveu de base para posteriores investigacións destas obras de arte por parte de historiadores e restauradores. Da autoría dos Mestres de Parga e de Nogueira, os catro murais da nave máis antiga da igrexa representan paisaxes, a imposición da casulla de San Ildefonso (temática única en Galiza), o enterro co conde Orgaz e o Cristo Matamouros. Un conxunto pictórico único e de alta calidade artística segundo os expertos.
A pouco máis dun ano dos grandes dispendios en gastos do Xacobeo 2021 (o Camiño tamén pasa por Guitiriz), é lamentabel o pasotismo da Xunta de Galicia, que despois de cinco anos de reclamacións da Asociación Socio-Cultural Lareira de soños dos Vilares con reunións, redacción de anteproxecto, edición de dípticos e spot audiovisual, xornadas nun mestrado da UDC (Facultade de Humanidades), paneis na igrexa, reclamacióna através dunha convocatoria poética, artigos e iniciativas no Parlamento Galego, Valedor do Pobo e estudos de profesionais ou visitas de diferentes políticos, un património desta importancia siga camiño da desaparición definitiva diante do silencio cómplice das administracións, principalmente da Xunta de Galicia e da súa Dirección Xeral de Património.
Os frescos dos Vilares, de estilo gótico hispano-flamenco, son dos máis importantes da Terra Chá e teñen elementos únicos dentro desta clase de obras en toda Galicia cuxa recuperación pode ser ademáis da salvación dun ben cultural de alto valor, un valor engadido para o rural chairego e un plus na atracción de visitantes na zona que complemente os numerosos atractivos naturais, etnográficos e patrimoniais existentes para sumar na creación de activos económicos e de emprego vinculados ao sector turístico, cultural e de servizos.
O lamentábel deterioro e degradación das pinturas a pesares da insistencia e informacións elaboradas desde a Lareira de soños alertando do estado dos frescos non ten motivado a sensibilidade de Património da Xunta, máis interesado por priorizar reatauracións en elementos menos importantes en función da cor política ou da repercusión mediática que fundamentar as actuacións por valoracións obxetivas de necesidade, urxencia e valor real do elemento patrimonial nunha posición absolutamente clientelar e de desprezo ao patrimonio do noso rural co silencio colaborativo dos anteriores gobernos do Concello e da Deputación de Lugo, así como o pasotismo da Igrexa, actitudes que a nova Alcaldesa de Guitiriz Marisol Morandeira e a area de cultura e Patrimonio da Deputación Provincial de Lugo se comprometeron mudar e que agardamos nos vindeiros días acadar tamén a vontade da diócese para poder deste xeito poder levar a bó fin tan importante actuación e recuperar para o conxunto do pobo unha parte tan importante do noso pasado.

A irresponsabilidade do goberno da Xunta está a provocar que un ben patrimonial de incalculábel valor vaia camiño dunha desaparició sen retorno posíbel.

Desde a Asociación Lareira de soños seguiremos a insistir na importancia desta necesária e cada día máis urxente actuación creando sinerxias e demandando ás administracións que se poñan a traballar para salvar definitivamente as pinturas, pois son os FRESCOS DOS VILARES/V SÉCULOS DE NÓS. Salvemos os Frescos dos Vilares!!

Categoría: Xeral - Publicado o 03-03-2020 08:11
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0