Caderno Dixital de Antón Tenreiro |
|
Caderno digital de Antón de Guizán . |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
ENTRAR AOS VILARES EN GUITIRIZ DA MAN DE XERMOLOS |
|
O documental Entrar aos Vilares, dirixido por Cibrán Tenreiro e producido pola Asociación Socio-Cultural lareira de soños dos Vilares será proxectado o vindeiro 29 de Marzo ás 19:00 na Casa das Palabras de Guitiriz nun acto organizado pola A.C. XERMOLOS.
Despois dun ano da súa estrea nos Vilares e con médio cento de proxeccións por toda Galicia, onde ademáis foi finalista da #12MICE (Mostra Internacional de Cinema Etnográfico) en tres modalidades, retoma as proxeccións para despois de estrear se a finais de mes en Guitiriz proxectarase En Abril en Santaballa, en maio em Paderne e en Xunio na parróquia da Xesta en Lalín. Ao remate da proxección en Guitiriz, haberá um colóquio da equipa de rodaxe co público asistente. A entrada é de balde.
#Entraraosvilares SINOPSE:
Tres mozos entran a unha parroquia de Guitiriz que descoñecen co encargo de realizar un documental sobre ela. Entón:
1) Preguntan aos veciños tentando comprender a identidade do lugar seguindo unha cita de Charles Seignobos que leron na universidade: ?Lamento non ter podido tratar máis que dunha maneira moi incompleta os feitos da vida cotiá, alimentación, vestido, habitación, usos de familia, dereito privado, diversións, relacións de sociedade, que constituíron o principal interese da vida para a enorme maioría de individuos?.
2) Tentan vincular o que aprenden á súa propia identidade e ás súas propias experiencias, sendo da primeira xeración das súas familias que non naceu na aldea. E cuestionan o resultado: non queren dar outra visión nostálxica do rural pero non teñen claro se o conseguen.
3) Pasean por leiras e casas abandonadas, xogan, distraense mirando aos animais e desvíanse das súas propias intencións como se estiveran facendo un vídeo doméstico.
Cibrán Tenreiro, director de Entrar aos Vilares, gañador do I Premio María Luz Morales da Academia Galega do Audiovisual polo ensaio Equilíbrios Precários arredor da escena audiovisual Underground Galega.
#Entraraosvilares finalista na 12 MICE
ENTRAR AOS VILARES NA MICE
12MICE, Mostra Internacional de Cinema Etnográfico Museo do Pobo Galego.
O xurado de preselección escolleu, de entre todos os inscritos, quince filmes para optar ao premio á Mellor Película entre elas a galega Entrar aos Vilares nesta edición da MICE ademáis de optar ao prêmio do público. Tres traballos optan ademais ao galardón especial para as producións galegas: Entrar aos Vilares, O Moredo. A resistencia do Entroido Ribeirao e Esquece Monelos.
Ademais da sección competitiva e da colaboración habitual con Espiello, Festival Internacional de Documental Etnográfico de Sobrarbe, a MICE contou este ano con dúas seccións máis e unha mesa redonda con profesionais do audiovisual e a antropoloxía sobre a relación entre o cinema e a etnografía.
A 12MICE celebrouse entre o 29 de maio e o 3 de xuño do pasado ano.
|
|
|
|
A NPG, Nova Poesía Guitirica, unha realidade |
|
O que naceu hai pouco máis de dous anos como unha iniciativa puntual para homenaxear a Díaz Castro polos 25 anos do seu pasamento e bautizada por Armando Requeixo como Nova Poesía Guitirica nun fermoso manifesto, tense convertido nunha realidade que mesmo traspasa os límites de Guitiriz e da Chaira. Posiblemente sexa o movimento poético máis activo da província e dos máis dinámicos de Galiza á marxe das actividades institucionais. Daquel grupo inicial de oito poetas pasouse a superar os 15 e nas súas actividades son centos os poetas do país e mesmo de Portugal que participan. Co xa imprescindíbel soporte dixital Culturalia GZ levan editado numerosas publicacións virtuais e convocado exitosos certames como as VILARIÑAS ou os POEMAS PENDURADOS DE FAROLAS, que contan cada edición como exito, ademáis de promover recitais en diferentes lugares e participar en outros eventos e publicacións nos que son reclamados. Nas súas redes sociais, ferven poemas cada día e outras artes e xéneros están a enriquecer as súas propostas para o futuro nunha bonita simbiose entre poesía, arte e cultura que promete fermosas iniciativas. A clave, alonxados de coberturas institucionais, é o factor humano, a amizade e camaradería xerada desde os versos e unha visión humanista e comprometida da sociedade afastada de presións, manipulacións e condicionantes, libre e aberta, como debe ser. Este movimento poético baixo o paraugas de Díaz Castro, que non para de medrar, só ten parangón naquel Batallón Literario da Costa da Morte hoxe desaparecido, pero que deixou daqueles mozos grandes poetas actuais. Grandes nomes da poesía galega actual teñen parabenizado o seu traballo de impulso e promoción da poesía de base, o seu activismo cultural e a súa vitalidade desde unha parroquia na comarca máis poética de Galiza na que ademáis de grandes poetas, polas súas augas flúe un pulso de versos rexo como as pedras e suave como as herbas. Con Díaz Castro sempre de referéncia en todo canto promove, a Nova Poesía Guitirica faise grande porque valora, coida e cré nas cousas pequenas. Ese forno artesá colectivo sigue a quentar co lume desta Lareira de soños da na que se quentan novos proxectos que suman a esa inesgotábel producción de estrofas e bardos que é a Terra Chá con outras terras irmás.
A casa de Díaz Castro que tenta Xermolos recuperar, debera ser tamén no futuro a casa deste movimento poético xurdido desas pedras para andar camiños co espírito trapeiro vilarego que como a NPG sairon ás corredoras máis recónditas a cambiar artículos de primeira necesidade por humildes trapos hoxe, poesía por un anaco de felicidade e compromiso. Agardemos ver tamén ese soño cumprido e que a Casa da Xente remate chea de poesía, chea de vida.
Longa vida á Nova Poesía Guitirica!
*Artigo para a seccion Andando a Chaira do Suplemento A Chaira de El Progreso.
|
|
|
|
|
|