antonte


Caderno Dixital de Antón Tenreiro

TrackBack




O meu perfil
antontenreiro@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO

RAÍÑA
RAÍÑA

Raíña da chaira visigoda,
guitirica ancestal de máxicas augas
e segreda historia,
oculta entre o misterio pero única,
repousas agardando novas boas
e segues ao sol impertubábel,
maxestuosa, observadora.

Pintarei debuxos das covas célticas
nos bordes das penas que atesouras
e sairán mensaxes que só lean aqueles
que sintan o teu ser,
dareiche un bico tenro e permanente
na brisa que a acariña os bordes teus.

De retorno a Gallaecia,
as terras de Xerión e de Elba,
coa brisa mareira de compaña
e o recendo a ti no pensamento.

Abrín un ollo amodiño
e atopei o teu na miña almofada
onde durmiu o pensamento en ti.


O astronauta e o comandante flotan xuntos
no espazo das palabras sen a gravidade
do real e coa levedade do imaxinario,
un paso polo cosmos do maxín
guiados pola luz das estrelas da vía láctea
e coa mirada na terra da chaira no planeta líquido.


O borde chairego sobe ás alturas da súa lírica
e desde o cume do seu amor telúrico
non pode entrar na xeografía humana.

A túa xeografía non é humana,
unha musa, unha xacia, unha divina…

Abrumante tanta eclosión
mereces o valor do descubrimento
dun continente, un planeta, unha galaxia,
unha era enteira! chaira de cario.

Aberta musa da Bela chaira,
Deusa estirada Fantasía
gardas unha historia de segredos indescritíbeis,
de loitas e de montes novelescas.
Ofreces as paisaxes máis ufanas
suaves e agresivas, suxerentes.

Querida, reparas soidades e laboras,
trebellas, unindo valerosa as xentes da Zeltia valerosa.

Quero embriagarme de licor doce
que me queima o peito cada mañá,
cada momento, cada día,
cada vida que eu teña…

Deixame que te halite, te cononice e profundice,
Deixame fenderte, abrirte,excavarte…
atráeme a túa forza corpo pétreo,
megalítico poboado de mortos
que sobresae do monte raso e carquexeiro
do terreo baldío do misterio e do silencio.

Leme, bícame, tatúame letras dese alén onde procedes.
Categoría: Xeral - Publicado o 01-02-2013 10:45
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal