de Guizán


Caderno Dixital de Antón Tenreiro
Caderno digital de Antón de Guizán .

O meu perfil
antontenreiro@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

CARTA ENVIADA ÁS INSTITUCIÓNS CON POEMAS DOS FRESCOS DOS VILARES
Patrimonio que esmorece: un intento por salvar os frescos dos Vilares

Desde a asociación Lareira de Soños dos Vilares, Guitiriz, poñemos no seu coñecemento a situación dos frescos da igrexa de San Vicenzo, en perigo de desaparición.


Os gobernos cambian, pero o patrimonio -e as súas necesidades- permanecen e na Asociación Socio-Cultural Lareira de soños dos Vilares levamos anos traballando para que a Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo, o Concello de Guitiriz e a Diócese de Mondoñedo-Ferrol lembren o compromiso de restaurar as pinturas murais do século XVI.


A comisión de cultura do Parlamento Galego acordara en decembro de 2017 que a Xunta, a Deputación, o Concello e a Diócese de Mondoñedo-Ferrol deberían convir a fórmula definitiva para acometer as melloras nos frescos dos Vilares.

Con iso baixo do brazo, a situación de urxencia fainos tratar de recuperar unhas pinturas ?tan importantes? e sacalas da ?lista vermella do patrimonio do estado? logo de repetidas demandas de solución por parte do noso colectivo.

Unha vez que o proxecto xa está practicamente redactado por encargo de Patrimonio da Xunta de Galicia, a contratación dos traballos depende unicamente de decisións políticas. Polo tanto, dende Lareira de soños insistimos nas nosas queixas para frear o ?paulatino deterioro? dos frescos e poñerlle remedio antes da súa desaparición definitiva. Así mesmo, solicitamos novamente a Patrimonio retomar os contactos co resto de institucións e tramitar os procesos necesários para salvar os Frescos dosVilares.

UNHAS PINTURAS ÚNICAS
Os frescos da igrexa de San Vicenzo dos Vilares constitúen unha serie de catro pinturas de grande valor, das cales unha delas ? imposición da casulla de San Ildefonso- é a única con esa temática en toda Galicia.
Desde o seu descubrimento en 1991, os frescos foron deteriorándose ata o punto de estar baixo perigo de desaparición pola falta de actuacións que garantan o seu mantemento ou polas rozaduras dos bancos, as humidades e outras causas ambientais. Tanto é así que foron incluídos nas listas vermellas do patrimonio de Galicia e do Estado. Da autoría dos Mestres de Parga e Nogueira, os motivos paisaxísticos, o enterro do Conde Orgaz, Santiago Matamouros e a imposición da casulla de San Ildefonso conforman unha composición única de grande valor de estilo gótico hispano-flamenco nun concello (Guitiriz) no Camiño Norte de Santiago.

#SALVEMOSOSFRESCOSDOSVILARES
Ante esta situación, na asociación Lareira de Soños temos campañas para poñer en valor a importancia destas pinturas. Spots, paneis informaticos, dípticos, ou esta iniciativa poética? son algunhas das accións que levamos a cabo, sen demasiado éxito. Por iso agora centrarán os seus esforzos na busca dun compromiso real por parte das institucións, polo que lle solicitamos a vostede ou en quen delegue unha reunión para abordar unha solución e non deixar perder estas importantes pinturas murais do seculo XVI na igrexa de San Vicenzo dos Vilares cuxa nave central (onde se atopan os frescos) data do século XII.

SPOT: https://youtu.be/_p2FZ6FqO38

Reciba un cordial saúdo de:


Antón Tenreiro Ferreiro
32.755413-D
Presidente da Asociación
Os Vilares lareira de soños
dosvilares@gmail.com
+34 662 183 149
Categoría: Xeral - Publicado o 02-12-2019 18:39
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0