Caderno Dixital de Antón Tenreiro |
|
Caderno digital de Antón de Guizán . |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
PRESENTACIÓN DE 'LAREIRA DE SOÑOS EN GUITIRIZ' |
|
O día 12 de decembro ás 18:00 horas, a Casa Habareira de Guitiriz acollerá a presentación do agardado libro LAREIRA DE SOÑOS, de Pastora Veres.
A publicación é o resultado dun traballo de investigación na parroquia do poeta Díaz Castro iniciado hai 6 anos coincidindo coa dedicatoria das Letras Galegas en 2014 ao poeta dos Vilares. O libro inclúe tamén o DVD co documental Entrar aos Vilares (finalista da #12MICE) realizado por Cibrán Tenreiro. O resultado son máis de 250 páxinas nas que se da un repaso á história recente dunha parroquia chairega, ás experiencias vitais da propia autora e ás historias das súas xentes, persoas anónimas que cobran protagonismo nesta obra. Máis de 170 fotos recollidas polas casas, acompañadas dunha narración en primeira persoa que non deixa indiferente a ninguén nunha linguaxe entre xornalística e poética con un xeito único e persoal de narrar.
Lareira de soños é o resultado dunha encomenda feita polo poeta Manuel María a Pas Veres na I Romaría Labrega da Chaira na inauguración dunha exposición fotográfica que agora vé a luz acompañada de textos e dun traballo audiovisual que fan desta obra unha completa cartografía emocional da parróquia do poeta das cousas pequenas, Xosé María Díaz Castro, grande amigo do poeta de Outeiro de Rei.
Na presentación estarán presentes a alcaldesa de Guitiriz e representantes do resto de patrocinadores deste traballo, a Dirección Xeral de Política da Xunta de Galicia, a Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo e a área de marketing de GADIS, que compartirán mesa coa propia autora, Pas Veres, o autor do limiar, o xornalista de orixes vilaregas Man Castro, a poeta de Guitiriz Luz Campello (curmá da autora), a asesora linguística Socorro Vázquez e o director de Edicións Fervenza, Manuel Núñez, encargados da publicación.
A situación sanitaria limita o aforo, polo que tamén se difundirá en directo o acto polas redes sociais municipais, aínda que tamén se realizarán proximamente máis presentacións na contorna.
A seguinte presentación será en Betanzos o día 19 de decembro ás 19:00 horas na Asociación Lar de Unta.
*En tódalas presentacións respetaranse as medidas sanitarias mantendo as distancias, o aforo permitido, a obrigatoriedade de máscaras, xel e ventilación.
*Nota informativa de prensa.
|
|
|
|
UN LUSTRO DE POESÍA GUITIRICA |
|
 Pasaron cinco anos dende aquel 3 de outubro de 2015 no que se homenaxeaba a Díaz Castro na igrexa dos Vilares polo 25 cabodano do seu pasamento xuntando a oito poetas de Guitiriz baixo o paraugas do nome do acto de homenaxe ao bardo: “Afillad@s de Pepe”.
Alí, previo ao recital poético fixeron uso da palabra a daquela alcaldesa Regina Polín, Xulio Xiz, man Castro, Alfonso Blanco e Armando Requeixo, que nun fermoso manifesto deu nome a aquel grupo: Nova Poesía Guitirica NPG.
Aquel pequeno grupo poético de mozas e mozos de Guitiriz que se tiña xuntado para un único acto, consolidouse nestes anos como unha agrupación poética de referencia en Galiza, promovendo e participando en recitais e actos poéticos, impulsando actividades e certames, e impulsndo publicacións dixitis e físicas e ten medrado na súa composición até acadar 30 componentes dos máis variados estilos poéticos ademáis de ter sumado tamén artistas da música e das artes plásticas. Nomes referenciais da poesía como María Xosé Lamas, Miguel Barrera, Luz Campello, André da Ponte ou Luz Darriba conviven con outros menos coñecidos nun colectivo que é referencial no país entre outras agrupacións poéticas de base coas que estableceron lazos de colaboración.
A NPG foi quen nestes cinco anos de manter viva a chama poética de Díaz Castro en e a imaxe de Guitiriz en Galiza como concello poético evitando así a tendencia de esquecemento no lugar de orixe de moitos homenaxeados das Letras Galegas que pasado o seu ano, pasaron ao esquecemento.
A Nova Poesía Guitirica anuncia agora a celebración o 12 e 13 de xuño de 2021 do I FESTIVAL DE POESÍA GUITIRICA, que sumado á revitalización do Prémio Díaz Castro de poesía que se pretende dende o goberno local, colocará novamente a Díaz Castro e a Guitiriz a través da poesía no epicentro literario galego cda segunda fin de semana de xuño no noso país e mesmo fóra. Longa vida á poesía guitirica!
*Para o suplemento A Chaira de El Progreso. |
|
|
|
LAREIRA DE SOÑOS |
|
 #Lareiradesoños, o livro de Pas Veres co DVD #Entraraosvilares, de Cibrán Tenreiro, está ja na imprensa. Sairá publicado a finais deste mês.
A agardada publicação , froito dum trabalho de recolhida, investigação e experiências próprias da autora, com arredor de 200 fotografías, história , histórias , anedotas , poesía...e co limiar do mestre jornalista Man Castro, originário dos Vilares, e a supervisão linguística da Guitirica Socorro Vázquez e coa axuda de numeros@s vecinh@s e amig@s, sairá á luz co impulso de Os Vilares lareira de soños e a colaboração da Dirección Xeral de Política Linguística da Xunta de Galicia, a Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo, o Concello de Guitiriz e GADIS, editado por Edicións Fervenza. Si o COVID o permite, teremos a primeira presentação pública en Guitiriz en datas que se anunciarám proximamente. Uma apresentação necessária da parróquia de Díaz Castro, Guitiriz, a Chaira e o rural galego todo. Ja comenzou a conta atrás para leelo! |
|
|
|
|
|