de Guizán


Caderno Dixital de Antón Tenreiro
Caderno digital de Antón de Guizán .

O meu perfil
antontenreiro@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O MELLOR CINE GALEGO, EN BETANZOS CO LAR DE UNTA
MELLOR CINE GALEGO, EN BETANZOS CO LAR DE UNTA

Sempre Xonxa e un ciclo adicado a Oliver Laxe serán as propostas do Cine Clube LAR DE UNTA para decembro e xaneiro.

Cúmprense 30 anos da estrea de tres filmes icónicos, Sempre Xonxa de Chano Piñeiro, Urxa de Carlos Piñeiro e Continental de Xabier Villaverde. As tres primeiras cintas comerciais galegas encadradas no chamado proxecto Cine Galicia. Para conmemorar ese fito, o Cine Clube LAR DE UNTA proxectará o 19 de decembro Sempre Xonxa coa introducción do cineasta Marcos Nine que participará tamén do coloquio posterior.

En xaneiro, e en colaboración co Concello de Betanzos, o Lar de Unta ten programado o 1° ciclo adicado a Oliver Laxe coa proxección das tes películas premiadas en Cannes e unha das súas curtas. As proxeccións serán o 24 de Xaneiro no cine Alfonseti 'Mimosas', o 28 de Xaneiro no Lar de Unta 'París#1'+ 'O salvaxe leva o seu tempo', o 30 de Xaneiro no Lar de Unta 'Todos vós sodes capitáns' e o 31 de Xaneiro no cine Alfonseti 'O que arde'.
En tódolos filmes contaremos con convidados relacionados coas películas, entre eles Felipe Laxe, productor de Mimosas e Todos vós sodes Capitáns ou Amador Arias, protagonista de O que arde que estará na proxección e o coloquio o día 31.

O Cine Clube LAR DE UNTA proxecta desta maneira o mellor cine galego de antes e de hoxe, os precursores e os mellores éxitos actuais de Oliver Laxe nun ciclo único en Galicia e todas as proxeccións gratuitas.

O Cine Clube LAR DE UNTA, que comenzou hai tres meses a actividade con un notábel éxito de público, tenta recuperar o espírito dos cine clubes dos anos 70 e 80 coa participación nas proxeccións de persoas responsábeis dos filmes, directores, productores, actores ou especialistas da temática da película tanto para a presentación como para os coloquios posteriores aos pases.En cada sesión aspersoas asistentes atopan nos asentos unha ficha técnica coa sinopse e os principais datos do filme. Até obde agora, a depredación urbanística, as músicas do mar e a memoria histórica foron as temáticas das proxeccións.

Desde Decembro e Xaneiro, o Cine Clube LAR DE UNTA dará un salto cualitativo para a súa consolidación en Betanzos coa proxección dunha das principais cintas da história do cine galego, Sempre Xonxa e co ambicioso ciclo adicado á obra de Oliver Laxe por vez primeira en Galiza.

A posta en marcha do Cine Alfonseti e o nacimento deste cine clube convirten a Betanzos nunha cidade de cine onde ámbalas propostas, a intitucional e a asociativa deben convivir e colaborar como o van a facer no ciclo de Oliver Laxe para beneficio d@s betanceir@s.

Parabéns á asociación LAR DE UNTA que cumpre neste 2019 os vente anos e que está a ofrecer a Betanzos algunhas propostas ben interesantes nos últimos tempos, como exemplo o Proxecto María Balteira da semana amtes á pasada Feira Franca Medieval e este Cine Clube que polo ben de tod@s merece ter un longo percorrido.
Categoría: Xeral - Publicado o 23-11-2019 19:44
# Ligazón permanente a este artigo
AS MULLERES DE INSUA
O mes pasado fun por primeira vez a un evento na parroquia chairega de San Bartolomeu de Insua, a tasca do liño, organizado pola Asociación de mulleres de Insua da que tiña escoitado da súa labor pero que non coñecía aínda. Foi sen dúbida unha agradábel experiencia comprobar o traballo desta asociación de mulleres do noso rural para recuperar unha tradición abocada á desaparición.
O liño foi para os nosos antergos unha parte importante da súa supervivencia pero tamén formou parte das nosas tradicións centenárias, da nosa etnografía e história que coa chegada das novas tecnoloxías e as comunicacións foi apartando o seu uso até quedar reducido a unha actividade meramente artesanal.
Días despos da tasca, tiven a sorte de coñecer a Lourdes Otero, alma dese traballo de recuperación coas Mulleres de Insua e á súa filla Miriam Fernández, que anda agora coa difusión dun estudo sobre o liño editado polo IESCH, un traballo fundamental nese esforzo por manter e promover esta labor tan meritoria.
Creadoras da empresa Fusaiola Artesanía, comentaban as dificultades de sacar adiante esta actividade coa actual politica fiscal nun traballo artesanal no que as labores estacionais condicionan con outros complexos factores, a rendabilidade para manter este fermoso traballo. Elas, ademáis de basearse na tradición introducen innovacións e novidades para adaptarse aos tempos e á demanda para resistir neste mundo no que a man de obra artesanal precisa dunha maior valoración.
O esforzo das Mulleres de Insua, que sementan e fan como sempre o fixeron as súas antepasadas todo o proceso do liño, un procedemento longo e complicado con máis de trinta pasos previos para a conformación das teas, e que promoven en feiras, escolas, centros profesionais e universitarios e aló onde as requiren.
Esta actividade, precisa de todo o apoio das institucións públicas pois detrás delas hai centos de anos da nosa história, do noso patrimonio e cultura pero tamén precisa da súa posta en valor na sociedade, do impulso necesário que compense económicamente a creación de empresas como Fusaiola e que a artesanía do liño se convirta nun recurso que anime a mozas como Miriam a incorporarse á esta actividade e convertir o liño noutra das nosas tradicións identitárias con proxección no mundo. O domingo, celebrouse no auditório de Vilalba outra xornada arredor do liño organizada polas mulleres de Insua, desta volta con artesans portugueses/as de Guimaraes, dando exemplo, novamente, do amor desta asociación de mulleres pola transformación artesanal do liño e polo tanto, tamén, do orgullo do que somos e de onde vimos. Toda a miña admiración ás mulleres de Insua, un exemplo a seguir e a apoiar, un orgullo chairego.
Categoría: Xeral - Publicado o 17-11-2019 17:42
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0