Caderno Dixital de Antón Tenreiro |
|
Caderno digital de Antón de Guizán . |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
DE SAMARUGO |
|
 CIMENTOS DE LIBROS
Sempre é unha sorte ter amigas, máis é un privilexio que algunha destas amigas sexan constructoras. Constructoras de casas cheas de vidas. Sei de tres pero son moitas máis as que foron dotadas dese talento especial que dá o amor polo que fan. Non falo de ladrillos, cemento, encofrados ou tellas, que son tamén moi importantes, falo de libros para construír persoas vinculadas á realidade que as rodea e abertas ao mundo. Neste caso, as tres amigas teñen en común un traballo no que son un exemplo a seguir: as bibliotecas escolares.
Sabela Figueira no IES Basanta Silva, Sandra Tenreiro no IES Díaz Castro e a xa xubilada María Xosé Lamas no CEIP Mato Vizoso son un exemplo do bó facer nas súas respectivas bibliotecas dinamizando e abrindo estas á participación en algúns casos tamén a pais e nais con clubes de lectura. É de Xustiza recoñecer o seu traballo (extensíble a moitos outros) e que son hoxe unha guía para entender que as bibliotecas escolares non teñen porque ser só un lugar cheo de libros para coller e devolver, senón espazos rebosantes de vida e divertimento a través deses libros. As bibliotecas non entendidas como compartimentos estancos illadas da súa contorna e da sociedade, polo contrário, cimentos dun mundo aberto, tolerante, diverso e crítico. Que na Terra Chá contemos con este modelo nos centros educativos, é unha honra que debe enchernos de ledicia. Non son froito da casualidade, a Sabela ten demostrado o seu compromiso coa cultura e coa contorna co seu traballo no IESCH e as súa publicacións, a Sandra é sobradamente coñecida polo seu bó facer a través da música e do audiovisual e pola divulgación da obra de Díaz Castro, e María Xosé é recoñecida e admirada polo seu traballo literario e teatral. Anos de experiencia coa rapazada como ensinantes comprometidas e vocacionais que explican estes froitos. Elas foron quen de dar outro aire, modernizar e mudar as vellas concepcións das bibliotecas escolares e mesmo servir de espello para outras bibliotecas públicas. Todo é posible si, como elas, se ten por corazón un libro.
Antón de Guizán |
|
|
|
|
|