Caderno Dixital de Antón Tenreiro |
|
Caderno digital de Antón de Guizán . |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A ESCOLA HABANEIRA DA CONCHADA DEBE SER RESTAURADA |
|
Depois do acordo parlamentar para recuperar os frescos da igrexa do Século XVI, urxente acometer a posta em valor da escola Habaneira da Conchada nos Vilares.
A Asociación Socio-Cultural lareira de soños dos Vilares enviará um escrito aos grupos municipais do Concello de Guitiriz e aos grupos políticos da Deputación Provincial para reclamar o compromiso de todas formas de cara ao vindeiro mandato para acometer a reforma e posta en valor dun inmoble que cumprirá cen anos em 2023 e que foi levantado coa aportación dos emigrantes ao igual que outras escolas indianas en moitas parroquias de Lugo. Non hai mellor homenaxe a aqueles promotores da cultura desde a emigración que recuperar para uso social aquelas escolas. A escola Habaneira da Conchada nos Vilares foi protagonista dun libro do actual Deán da catedral de Compostela e ex párroco dos Vilares, Segundo Pérez. A mellora da habitabilidade, accesos, illamentos e calefacción, así como a dotación para o seu uso sócio cultural con mobiliário e equipamentos acaídos deben ser asumidos polos grupos municipais no seu programa e incluir proxecto e dotación económica para o mesmo, a reforma e a dotación de mobiliário e equipamentos.
A revitalización do rural non pode quedar em meras palabras e intencións senón tamén en dotacións que incentiven a participación social e a calidade de vida. Dotar ao rural con centros sociais dotados coas últimas tecnoloxías, habitables e funcionais é fundamental dada a actual situación de envellecimento e despovoamento. Si ademais desto falamos de património público e con tal carga histórica para a parroquia, que veu pasar a centos de veciños para aprender as primeiras letras entre as suas paredes, entre elas o poeta Diaz Castro, o compromiso de intervención e mellora, está mais que xustificado. Para esto, a Asociación Socio-Cultural lareira de soños elaborará um informe que fará chegar às diferentes formas políticas, coas que ademais solicitará reunións nas que de paso pmantexar outros asuntos relacionados coa parroquia. |
|
|
|
Os frescos de Labrada e Os Vilares no Parlamento Galego |
|
OS FRESCOS DAS IGREXAS DOS VILARES E LABRADA AO PARLAMENTO GALEGO.
.
Unha delegación do Bloque Nacionalista Galego con Olalla Rodil á cabeza visitou esta mañá as igrexas de San Vicenzo dos Vilares e Santa Maria de Labrada para coñecer "in situ" o estado das pinturas renascentistas de cinco séculos de antiguidade.
A delegación de cargos nacionalistas na que tamén estivo o portavoz local de Guitiriz estivo acompañada polo presidente da Asociacion Socio-Cultural Lareira de soños (promotora da iniciativa), Antón de Guizán e o vilarego Raúl Río que informaron á deputada da situación de risco de desaparición destas importantes pinturas murais que despois de tres anos demandando a súa reatauración ás diferentes administracións, estas (Deputación, Xunta e Concello) non foron quenes de actuar para evitar a súa degradación e perigo de desaparición definitiva. Será Olalla Rodil na Comisión de Cultura do Parlamento Galego a que demande unha urxente actuación, sobre todo nas pinturas dos Vilares pola situación de degradación e risco de desaparición irreversíbel das mesmas, dá autoría do mestre de Larga no S.XVI.
Agradecemos ao BNG o interese amosado poľa recuperación destas coisas do noso património e pola implicación no coñecemento. Xusto um dia antes da Comisión de Cultura do Parlamento Galego, coincidindo coa visita de Olalla Rodil a Os Vilares e Labrada co motivo de ver os frescos das igrexas, PP e PSOE presentar emendas á iniciativa do Bloque a instancias da Lareira de soños para propor unha negociación a três bandas entre Arzobispado, Xunta e Deputación para abordar o asunto da reatauración destas pinturas de 500 anos de antiguidade. Tres anos perdidos a pesares da nosa insistencia, reunións, visitas, proxectos... e 25 anos perdidos desde o seu descubremento. Os frescos dos Vilares corrente sério perigo e deve ser urxente a súa reatauración, xa o fizemos hai tres anos. Mágoa ver que só con presión se atende o património. Danos igual o que pacten e quen os restaure e cal sexta a fórmula de cooperación, quen leve os méritos e quen leve as culpas, pero cada ano que pasa corre na contra. Apuren, señor@s dos governos galego, provincial e arzobispado!
|
|
|
|
RAUL RIO, TRAPEIRO DE HONRA 2018 |
|
A Asociación Sociocultural Lareira de Soños vén de decidir que Raúl Río Díaz sexa distinguido co Premio Trapeiro de Honra 2018 na súa quinta edición como vilarego exemplar, sumándose así a Xosé María Díaz Castro, a Romaría Labrega da Chaira, Pepe de Cristos e Asunción dos Ares, galardoados nas anteriores edicións. Raúl, distinguido tamén no 2016 coa Navalliña de Manuel María, é un grande activista da nosa cultura e un home comprometido, amante das artes e das letras e un dos principais embaixadores de Diaz Castro e dos Vilares. Grande coñecedor da historia da parroquia, ademais de permanente colaborador de iniciativas culturais e políticas na Terra Chá e en Euskadi. Fachendoso das súas orixes, non perde a oportunidade de organizar en Euskadi, a súa segunda patria, actividades e eventos relacionados con Guitiriz e Os Vilares. Socio fundador da Asociación Sociocultural Lareira de Soños dos Vilares, a decisión unánime da propia asociación evidencia o cariño e recoñecemento xeral da veciñanza a este vilarego, obreiro, escultor, pintor, documentalista, fotógrafo, escritor e sobre todo grande persoa, e con grandes valores humanos.
A figura de Raúl personaliza neste premio a homenaxe aos emigrantes daqueles anos 60 e 70 que se viron obrigados a sair a gañarse a vida polas dificultades de tempos escuros do franquismo abandonando o rural para buscar o sustento en zonas industrializadas; pero tamén a tódolos loitadores comprometidos coas súas orixes e coa súa cultura. Un premio que agradece a Raúl e á multitude de traballadores o seu amor pola patria e polo rural chairego e galego.O acto de entrega da V edición do Prémio Trapeiro de Honra ao vilarego Raul Rio, designado para este ano 2018. Na figura de Raúl simbolizamos a todos aqueles emigrantes que tiveron que marchar para sacar adiante as suas vidas pero que nunca abandonaron as suas raíces. No caso de Raúl, perfeitamente integrado na sociedade que o acolleu, é o perfecto exemplo de conexión entre ambas culturas. Os Vilares rinde asi tributo a un dos seus fillos mais comprometidos, co seu amigo o poeta Diaz Castro, coas súas xentes e história locais e con Galiza en xeral. Un acto que se celebrará na igrexa parroquial de San Vicenzo dos Vilares, o seu lugar de nacencia, coa presenza de numerosos amigos e veciños. Será o sábado 7 de Abril ás 18:00. Agardamosvos!!!
|
|
|
|
#CertameVilariñas2018 |
|
O sábado pechamos #PoemasPenduradosDeFarolas /LUMES NUNCA MÁIS! deste ano é o luns abrimos a convocatoria do
#CertameVilariñas de micro poesía 2018 (II edición), abaixo, as bases para este ano...
«VILARIÑAS» Concurso de micropoemas da NPG Nova Poesía Guitirica, CulturaliaGZ e Asociación Sociocultural Lareira de soños.
BASES.
Convocase o II Concurso de micropoesías ?Vilariñas" no que poden participar todos @s escritores/as que queiran.
A participación neste concurso é completamente de balde.
Os micropoemas presentados ao concurso serán inéditos, orixinais e non premiados nin publicados. Os autores son responsables tanto deste punto como da autenticidade dos seus propios datos.
O tema será ?Libre?. Cada participante podrá enviar un máximo de dous micropoemas que deben estar escritos en GALEGO en calquera das normativas, e presentarase ao concurso a través do correo electrónico
dosvilares@gmail.com ou info@culturaliagz.com en formato Word
Os micropoemas terán una extensión mínima de 2 versos e máxima de 3 versos sen incluir o título. Cada poeta poderá presentar un máximo de dous micropoemas a concurso e cada un deles serán xulgados individualizadamente e por separado. Cada micropoema debe ser apresentado por separado. Poderán cada un deles ir acompañado de imaxe si así l🏔️ quixera @ autor/a.
Admitiranse obras desde o 15 de xaneiro até o día 30 de abril de 2018 , ás 23.59 horas.
A organización do concurso reservase o dereito a eliminar aqueles micropoemas que podan ir en contra da protección da infancia, do respeto, ou induzan ou promovan actos delictivos, denigratorios ou violentos en cualquera das súas formas.
O xurado terá en conta a orixinalidade, técnicas empregadas, calidade e contenido do poema. O xurado estará composto por poetas da NPG Nova Poesía Guitirica. O fallo do xurado será inapelable e farase público a través dos distintos soportes dixitais de Os Vilares, lareira de soños, CulturaliaGZ e da NPG Nova Poesía Guitirica nas duas semanas posteriores ao peche do concurso.
Entre os micropoemas participantes, seleccionaránse os mellores que poderán integrar unha antoloxía, e entre eles escollerase aos gañadores co premio que consistirá no trofeo deseño exclusivo da artista Viki Rivadulla e edición das obraspresentadas no blog poético literário CulturaliaGZ. A edición da antoloxía do blogue poético será segundo criterio da NPG Nova Poesía Guitirica CulturaliaGZ e Os Vilares, lareira de soños. Farase un acto poético público cos premiados e poetas convidados.
Polo feito de participar, os premiados autorizan a NPG Nova Poesía Guitirica e á Lareira de soños a editalos nos soportes fisicos que considere oportunos. |
|
|
|
|
|