Caderno Dixital de Antón Tenreiro |
|
Caderno digital de Antón de Guizán . |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
CARVALHO CALERO E DÍAZ CASTRO, MÁIS QUE AMIGOS |
|
Um prólogo do professor para NIMBOS, o grande poemário de Díaz Castro, foi ocultado por estar em galego reintegrado.
Começa o ano no que se adica a Carvalho Calero o Día das Letras Galegas. Carvalho tivo uma estreita relação co poeta chairego José María Díaz Castro.
Narrador, ensaísta, poeta e um dos máis grandes estudosos do nosso idioma, foi o autor dum valioso e extenso prólogo de NIMBOS, casi ignorado por estar redigido em galego reintegrado. É hora de facerlhe justiça.
Há umas semanas a Associação Socio-Cultural Lareira de sonhos e o grupo poético NPG Nova Poesia Guitirica venhem de recuperar o texto do prólogo escrito polo professor Ricardo Carvalho Calero para a segunda edição de NIMBOS, do poeta vilarego, e publicado em 1981 pola Editora Nacional en uma edição bilíngue em galego-espanhol duma coleção dirigida polo também galego González Garcés. A editorial, hoje desaparecida, e coa curiosidade dessa edição com um prólogo em galego reintegrado, foi quem de editar o poemário com 2000 ejemolares mentras se impedía editar com esse prólogo em Galiza. Esse prefácio foi recuperado em 1985 por AGAL, Asociaçom Galega da Língua, numa recompilacão de artigos do professor num livro titulado Letras Galegas. O texto não foi reeditado em ninguma das edições posteriores, nin de Galaxia nin de La Voz de Galicia em 2002 ou nas variadas edições de 2014 polas Letras Galegas adicadas a Díaz Castro. Alfonso Blanco Torrado, presidente de Xermolos, tem acompanhado a Díaz Castro a conhecer em a Carvalho Calero en 1986 num apartamento que este tinha em Lugo e a súa amizade foi medrando com vários encontros posteriores, fundamentalmente em Compostela, onde o visitaba no despacho que mantinha da antiga facultade de filología em Mazarelos para dar longos passeios polo casco histórico de Sant-Iago. Alfonso é por sorte uma impagável, testemunha viva dessa relação e também do boicot ás teses do professor Carvalho Cálero que de seguro nos aportará grandes conhecementos neste ano.
Este prólogo supón um auténtico tratado arredor da poesía de Díaz Castro á que Carvalho denomina "a poesía total" e que para Carvalho tinha tanto valor que mesmo era o poemário de cabeceira e nunca faltava na súa mesinha de noite. O valioso prólogo pode descargarse gratuitamente da Biblioteca Virtual de Galicia Digital ou do enlace http://npggazeta.gal/. Carvalho Calero representa a máis da súa transcendência literária, um importante referente na evolução futura do nosso idioma e para nós, diazcastrianos, um dos principais conhecedores da poesía do poeta do Vilarinho como também um grande admirador de Díaz Castro, admiração que era mútua e mesmo sen ser o poeta dos Vilares reintegracionista, foi un firme defenssor do trabalho de Carvalho Calero como demostra esse único prólogo do seu NIMBOS. O 2020 é, polo tanto, um ano de celebração e reivindicação especial também na Terra Chá, e principalmente em Guitiriz, sempre da mão do nosso Alfonso Blanco e Xosé María Díaz Castro que nos tenhem aportado tanto, desta volta com outro dos grandes das nossas letras, don Ricardo Carvalho Calero, máis vivo que nunca na defensa, consolidacão e crescimento do nosso idioma e do nosso país.
|
|
|
|
CARTA ENVIADA ÁS INSTITUCIÓNS CON POEMAS DOS FRESCOS DOS VILARES |
|
Patrimonio que esmorece: un intento por salvar os frescos dos Vilares
Desde a asociación Lareira de Soños dos Vilares, Guitiriz, poñemos no seu coñecemento a situación dos frescos da igrexa de San Vicenzo, en perigo de desaparición.
Os gobernos cambian, pero o patrimonio -e as súas necesidades- permanecen e na Asociación Socio-Cultural Lareira de soños dos Vilares levamos anos traballando para que a Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo, o Concello de Guitiriz e a Diócese de Mondoñedo-Ferrol lembren o compromiso de restaurar as pinturas murais do século XVI.
A comisión de cultura do Parlamento Galego acordara en decembro de 2017 que a Xunta, a Deputación, o Concello e a Diócese de Mondoñedo-Ferrol deberían convir a fórmula definitiva para acometer as melloras nos frescos dos Vilares.
Con iso baixo do brazo, a situación de urxencia fainos tratar de recuperar unhas pinturas ?tan importantes? e sacalas da ?lista vermella do patrimonio do estado? logo de repetidas demandas de solución por parte do noso colectivo.
Unha vez que o proxecto xa está practicamente redactado por encargo de Patrimonio da Xunta de Galicia, a contratación dos traballos depende unicamente de decisións políticas. Polo tanto, dende Lareira de soños insistimos nas nosas queixas para frear o ?paulatino deterioro? dos frescos e poñerlle remedio antes da súa desaparición definitiva. Así mesmo, solicitamos novamente a Patrimonio retomar os contactos co resto de institucións e tramitar os procesos necesários para salvar os Frescos dosVilares.
UNHAS PINTURAS ÚNICAS
Os frescos da igrexa de San Vicenzo dos Vilares constitúen unha serie de catro pinturas de grande valor, das cales unha delas ? imposición da casulla de San Ildefonso- é a única con esa temática en toda Galicia.
Desde o seu descubrimento en 1991, os frescos foron deteriorándose ata o punto de estar baixo perigo de desaparición pola falta de actuacións que garantan o seu mantemento ou polas rozaduras dos bancos, as humidades e outras causas ambientais. Tanto é así que foron incluídos nas listas vermellas do patrimonio de Galicia e do Estado. Da autoría dos Mestres de Parga e Nogueira, os motivos paisaxísticos, o enterro do Conde Orgaz, Santiago Matamouros e a imposición da casulla de San Ildefonso conforman unha composición única de grande valor de estilo gótico hispano-flamenco nun concello (Guitiriz) no Camiño Norte de Santiago.
#SALVEMOSOSFRESCOSDOSVILARES
Ante esta situación, na asociación Lareira de Soños temos campañas para poñer en valor a importancia destas pinturas. Spots, paneis informaticos, dípticos, ou esta iniciativa poética? son algunhas das accións que levamos a cabo, sen demasiado éxito. Por iso agora centrarán os seus esforzos na busca dun compromiso real por parte das institucións, polo que lle solicitamos a vostede ou en quen delegue unha reunión para abordar unha solución e non deixar perder estas importantes pinturas murais do seculo XVI na igrexa de San Vicenzo dos Vilares cuxa nave central (onde se atopan os frescos) data do século XII.
SPOT: https://youtu.be/_p2FZ6FqO38
Reciba un cordial saúdo de:
Antón Tenreiro Ferreiro
32.755413-D
Presidente da Asociación
Os Vilares lareira de soños
dosvilares@gmail.com
+34 662 183 149 |
|
|
|
O MELLOR CINE GALEGO, EN BETANZOS CO LAR DE UNTA |
|
MELLOR CINE GALEGO, EN BETANZOS CO LAR DE UNTA
Sempre Xonxa e un ciclo adicado a Oliver Laxe serán as propostas do Cine Clube LAR DE UNTA para decembro e xaneiro.
Cúmprense 30 anos da estrea de tres filmes icónicos, Sempre Xonxa de Chano Piñeiro, Urxa de Carlos Piñeiro e Continental de Xabier Villaverde. As tres primeiras cintas comerciais galegas encadradas no chamado proxecto Cine Galicia. Para conmemorar ese fito, o Cine Clube LAR DE UNTA proxectará o 19 de decembro Sempre Xonxa coa introducción do cineasta Marcos Nine que participará tamén do coloquio posterior.
En xaneiro, e en colaboración co Concello de Betanzos, o Lar de Unta ten programado o 1° ciclo adicado a Oliver Laxe coa proxección das tes películas premiadas en Cannes e unha das súas curtas. As proxeccións serán o 24 de Xaneiro no cine Alfonseti 'Mimosas', o 28 de Xaneiro no Lar de Unta 'París#1'+ 'O salvaxe leva o seu tempo', o 30 de Xaneiro no Lar de Unta 'Todos vós sodes capitáns' e o 31 de Xaneiro no cine Alfonseti 'O que arde'.
En tódolos filmes contaremos con convidados relacionados coas películas, entre eles Felipe Laxe, productor de Mimosas e Todos vós sodes Capitáns ou Amador Arias, protagonista de O que arde que estará na proxección e o coloquio o día 31.
O Cine Clube LAR DE UNTA proxecta desta maneira o mellor cine galego de antes e de hoxe, os precursores e os mellores éxitos actuais de Oliver Laxe nun ciclo único en Galicia e todas as proxeccións gratuitas.
O Cine Clube LAR DE UNTA, que comenzou hai tres meses a actividade con un notábel éxito de público, tenta recuperar o espírito dos cine clubes dos anos 70 e 80 coa participación nas proxeccións de persoas responsábeis dos filmes, directores, productores, actores ou especialistas da temática da película tanto para a presentación como para os coloquios posteriores aos pases.En cada sesión aspersoas asistentes atopan nos asentos unha ficha técnica coa sinopse e os principais datos do filme. Até obde agora, a depredación urbanística, as músicas do mar e a memoria histórica foron as temáticas das proxeccións.
Desde Decembro e Xaneiro, o Cine Clube LAR DE UNTA dará un salto cualitativo para a súa consolidación en Betanzos coa proxección dunha das principais cintas da história do cine galego, Sempre Xonxa e co ambicioso ciclo adicado á obra de Oliver Laxe por vez primeira en Galiza.
A posta en marcha do Cine Alfonseti e o nacimento deste cine clube convirten a Betanzos nunha cidade de cine onde ámbalas propostas, a intitucional e a asociativa deben convivir e colaborar como o van a facer no ciclo de Oliver Laxe para beneficio d@s betanceir@s.
Parabéns á asociación LAR DE UNTA que cumpre neste 2019 os vente anos e que está a ofrecer a Betanzos algunhas propostas ben interesantes nos últimos tempos, como exemplo o Proxecto María Balteira da semana amtes á pasada Feira Franca Medieval e este Cine Clube que polo ben de tod@s merece ter un longo percorrido. |
|
|
|
AS MULLERES DE INSUA |
|
O mes pasado fun por primeira vez a un evento na parroquia chairega de San Bartolomeu de Insua, a tasca do liño, organizado pola Asociación de mulleres de Insua da que tiña escoitado da súa labor pero que non coñecía aínda. Foi sen dúbida unha agradábel experiencia comprobar o traballo desta asociación de mulleres do noso rural para recuperar unha tradición abocada á desaparición.
O liño foi para os nosos antergos unha parte importante da súa supervivencia pero tamén formou parte das nosas tradicións centenárias, da nosa etnografía e história que coa chegada das novas tecnoloxías e as comunicacións foi apartando o seu uso até quedar reducido a unha actividade meramente artesanal.
Días despos da tasca, tiven a sorte de coñecer a Lourdes Otero, alma dese traballo de recuperación coas Mulleres de Insua e á súa filla Miriam Fernández, que anda agora coa difusión dun estudo sobre o liño editado polo IESCH, un traballo fundamental nese esforzo por manter e promover esta labor tan meritoria.
Creadoras da empresa Fusaiola Artesanía, comentaban as dificultades de sacar adiante esta actividade coa actual politica fiscal nun traballo artesanal no que as labores estacionais condicionan con outros complexos factores, a rendabilidade para manter este fermoso traballo. Elas, ademáis de basearse na tradición introducen innovacións e novidades para adaptarse aos tempos e á demanda para resistir neste mundo no que a man de obra artesanal precisa dunha maior valoración.
O esforzo das Mulleres de Insua, que sementan e fan como sempre o fixeron as súas antepasadas todo o proceso do liño, un procedemento longo e complicado con máis de trinta pasos previos para a conformación das teas, e que promoven en feiras, escolas, centros profesionais e universitarios e aló onde as requiren.
Esta actividade, precisa de todo o apoio das institucións públicas pois detrás delas hai centos de anos da nosa história, do noso patrimonio e cultura pero tamén precisa da súa posta en valor na sociedade, do impulso necesário que compense económicamente a creación de empresas como Fusaiola e que a artesanía do liño se convirta nun recurso que anime a mozas como Miriam a incorporarse á esta actividade e convertir o liño noutra das nosas tradicións identitárias con proxección no mundo. O domingo, celebrouse no auditório de Vilalba outra xornada arredor do liño organizada polas mulleres de Insua, desta volta con artesans portugueses/as de Guimaraes, dando exemplo, novamente, do amor desta asociación de mulleres pola transformación artesanal do liño e polo tanto, tamén, do orgullo do que somos e de onde vimos. Toda a miña admiración ás mulleres de Insua, un exemplo a seguir e a apoiar, un orgullo chairego. |
|
|
|
A POESÍA AO RESCATE DOS FRESCOS DOS VILARES |
|
A Asociación Socio-Cultural Lareira de soños e o grupo poético NPG Nova Poesia Guitirica chaman a crear poemas que inclúan nos seus versos SALVEMOS OS FRESCOS DOS VILARES e FRESCOS DOS VILARES, V SÉCULOS DE NÓS. O estilo, métrica e idioma son libres. O prazo límite de recepción dos poemas será o 30 de novembro.
Esta iniciativa busca coa poesía reivindicar ás administracións públicas a restauración destas importantes pinturas do S.XVI. Os poemas recibidos serán publicados nas redes sociais das dúas entidades e unha vez recibidas todas serán enviadas ao conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, e aos titulares da Igrexa, Deputación Provincial de Lugo e Concello de Guitiriz. Tamén serán editados en formato dixital para a súa descarga gratuita.
Os poemas poderán enviarse ao correos
dosvilares@gmail.com
nnpggazeta@gmail.com
A iniciativa busca sensibilizar ás diferentes administracións para evitar a perda destas importantes obras artísticas (están incluidas na lista vermella do património estado) de estilo gótico hispano-flamenco dos mestres de Parga e Nogueira.
Casi cinco anos de promesas, visitas, iniciativas parlamentares, valedor do pobo, conferencias, edicións de diptucos, videos etc que resultaron infructuosos diante da administración mentras que o paso do tempo, as humidades e a falta de protección siguen a deteriorar as pinturas co risco de desaparición definitiva si non se toman medidas para evitalo.
A acción poética culminará con un recital poético para reclamar a restauración dos frescos.
Será a poesía quen conmova os fríos corazóns institucionais? A Lareira de soños e a NPG diránllelo en verso...
#SalvemosOsFrescosDosVilares
FRESCOS DOS VILARES/V SÉCULOS DE NÓS. |
|
|
|
O CINE CLUBE LAR DE UNTA VOLTA O DÍA 23 |
|
 Despois da exitosa inauguración o pasado mes do Cine Clube LAR DE UNTA, coa proxecció de ESTRUTURAS/PEL CONTRA PEL con numeroso público e un animado coloquio, éste prosigue coa proxección este mes dun filme que traspasa a história da pantalla e mesmo contribue a recuperar un pateimonio inmaterial de grande valor ademáis de homenaxear a tantos heroes ocultos en forma de artistas do mar. Dos gaiteiros do mar é tamén un rescate dunha história do noso que grazas ao traballo de GZmúsica, Borneira, Martín Rodas, e Xurxo Souto sae a flote e navega entre nós agora tamén polas augas de Betanzos noutrora fondas, da man desa grande idea que é o Cine Clube LAR DE UNTA. O día 23 o grande Xurxo virá a proxectarnos o seu traballo pero traerá tamén contos e cantares do mar e da terra para compartir cos que nos acheguemos á rúa Pescadería 3 do casco histórico betanceiro. Despois desta proxección, o Lar tenfixado o 3° xoves de cada mes para as seguintes películas, agás coincidencia con festivo ou víspera que pasaría ao mércores anterior.
DOS GAITEIROS DO MAR a anatomía do filme:
Xurxo Souto codirixe xunto a Marín Rodas o documental Dos gaiteiros do mar, unha fita que recupera a memoria dos mariñeiros-gaiteiros que se embarcaron nos anos sesenta e setenta con destino ao Gran Sol, a Terranova, a Namibia. A eses e outros moitos lugares levaron a nosa música. Xurxo presentará o documental o mércores 23 de outubro no Cine Clube LAR DE UNTA ás 20:30. A entrada, de balde até completar o aforo.
?Tocaron a gaita en Terranova, en Namibia, no mar do Carburo; fixeron música mestiza e cosmopolita mesmo antes de que existisen esas palabras?. Así resume Xurxo Souto a historia de Dos Gaiteiros do mar, o documental producido por Borneira Audiovisual que codirixe xunto a Martín Rodas e que se proxectará o mércores 23 no Cine Clube LAR DE UNTA coa presenza do próprio Xurxo Souto. Nesta fita recupérase o relato dos gaiteiros-mariñeiros que nos anos sesenta e setenta embarcaron cara ao Gran Sol. As voces que recolle o documental pertencen a Manuel Sotelo (Manoliño De Donón) e Lito de Pinténs. A súa historia é a historia da música tradicional lonxe da terra, das gaitas máis alá da terra firme , alén do noso horizonte. Eles son os gaiteiros do mar deste documental que, segundo Souto, servirá para provocar a ?descuberta dun mundo? que descoñecemos na Galicia. ?Hai gaiteiros do mar que non coñecemos, dos que non sabemos nada. Ben seguro que despois deste documental, descubriremos moitos máis?, sinala Xurxo Souto.
?Pouco se ten falado dos gaiteiros do mar?. Talvez, esa frase pronunciada polo Peix de Aldán, foi a mecha. Acabou por prendela a aparición dunha cinta histórica, un vello casete que resumía co play o son das gaitas sobre o mar. ?Rubén Bastón trouxo ao programa Mil Ribeiras da Radio Galega un casete gravado no Gran Sol, no que se escoitaba o son da gaita mesturado cos motores do barco e con toda as armonías do mar; unha marabilla?, lembra Souto. Esa gravación, titulada Nos mares do Gran sol, resulta ser unha sorte de long-play na que se escoita a gaita de Manoliño de Donón, o tamboril de Feliciano de Donón e o bombo de Manuel Martínez Santomé. Os tres marcharan ao Gran Sol, embarcados no Ría de Aldán e unha noite, Santomé, xefe de máquinas do barco, afanouse por gravar a repichoca. Era 1974.
?Ao escoitar a cinta, que nos pasou Xurxo, a min impactoume eses momentos en que están todos tocando e de súpeto para a música. Eran os golpes do mar o que interrompían. As ondas facíanlles perder o equilibrio. Cando máis capeaba, máis tocaban?, explica Daniel Lavesedo, guionista do documental. ?É que eles tocaban nos momentos nos que non se podían fanear, con mal tempo, con ondas de metros e metros?, completa Xurxo Souto, quen coñeceu a importancia de levar os gaiteiros ao mar grazas á preparación do seu libro Contos do mar de Irlanda (Xerais, 2014). Nese título Souto descubriunos aos terrícolas, ?o prodixioso saber gremial do mar?. ?Os terrícolas non sabemos nada do mar e, no fondo, o mar é a única industria futura que nos vai quedar, que non podemos perder. Poderán deslocalizar Inditex totalmente ou poderán trasladar a Citroën, pero o mar é o que sempre nos vai quedar. E aínda así, a nosa educación baséase na terra. Non sabemos nada?, reflexiona Souto.
Para superar ignorancias e recuperar memorias, Xurxo Souto publicou este libro que o levou a querer descubrirnos a historia destes gaiteiros do Hío, Manoliño e Lito, que embarcaron coas súas gaitas e levaron a música tradicional desta terra a través das correntes mariñas, dende o Gran Sol até Namibia, durante anos de ir ao mar.
O documental sabe a Terranova e ao Gran Sol. Tamén a Namibia. Mais, sobre todo, sabe e soa ao Morrazo. Porque no Hío e Aldán comeza todo. Naqueles lares, medraron Manoliño de Donón e Lito de Pinténs. Alí aprenderon a tocar a gaita e alí deveceron, xa na adolescencia, con subir ao Palco de Nerga, no Carnaval do Gaiteiro do Hío. Pero o mar roubolles a posibilidade. Cumpría embarcar. ?A min sempre me gustou a gaita e sempre quixen tocar no Carnaval. Pero poucos días antes, tiven que marchar para o Gran Sol. Houbo que embarcar e xa non puiden?, lembra o propio Manoliño de Donón, un dos protagonistas do documental. ?Tocar no Carnaval do Hío era unha das máximas aspiracións para un gaiteiro, unha festa de gran tradición, de gran interese. Debiamos ter 16 ou 17 anos... por aí. Pero é o que ten mariñeiro. A Manuel chamárono e marchou para embarcar. Estivo máis de vinte anos no mar, nunca puido tocar no Hío?, lembra Lito, quen tamén estivo nas cubertas durante tres anos tras rematar a mili.
?A vida de mariñeiro de verdade foi a de Manuel, a miña foi curta, estiven tres anos en barcos? sinala Lito, quen sempre embarcou coa gaita no medio da equipaxe. ?É que era un compañeiro máis na tripulación, servíanos de entretemento, para desconectar do traballo, para escoitar música naqueles días nos que non pescabas?, sentencia o propio Lito. Para Manuel, a historia coa gaita foille semellante. ?A min algún patrón me dixo aquilo de que sen a gaita, eu non subía ao barco?, rememora Manolito.
No Carnaval do Hío comezou unha frustración. E no Carnaval do Hío, corenta décadas despois, tamén rematou. Porque naquel 2015, foi Xurxo Souto quen argallou para suturar a ferida. Reuniunos para que puidesen tocar xuntos. E non contento coa emenda, quixo deixar testemuño. Para eso enredou a Gzmusica.com, que se implicaron decontado na gravación da actuación primeiro e, despois, na rodaxe e montaxe do documental.
?Este é un documental horizontal, todos somos directores no fondo. E fixémolo con moito cariño e humildade... Ás veces, o audiovisual chega aos sitios arrasando e nós fomos ao Hío cunha tremenda humildade. Porque o Carnaval do Hío é a súa festa e nós falamos coa comisión, con moito agarimo para que eles puidesen tocar e nós gravar?, explica Xurxo Souto. E alí, sobre o Palco, corrixiuse a historia destes gaiteiros do Mar.
?As cousas do mar non se contan na terra?. Esta máxima, do Machín de Muxía, tírase do libro Contos do mar de Irlanda. Mais ningunha máxima está libre de sucumbir á emenda. Sobre todo cando ten máis de fraude ca de lema. Iso é algo que ten claro tanto Xurxo Souto coma os seus compañeiros de equipo. ?Non é certo iso de que as cousas do mar quedan no mar. Os mariñeiros queren e poden contar as súas historias, historias que importan. Só hai que querer escoitalas, preguntar. Eles quererán contalas se a xente lles dá valor?, sinala Daniel Lavesedo, quen engade que ?eles en moitos casos non lles dan o valor que teñen as súas vivencias porque as viviron no día a día, pero son cousas fóra do común.?
Nas vivencias, o documental atopa outro dos seus piares. ?Pasamos horas con eles, gravando, fomos as súas casas?, sinala Lavesedo sobre un documental no que as voces e as historias pertencen, ademais de a Manoliño de Donón e a Lito de Pinténs, a Feliciano de Donón, Manuel Martínez Santomé e mesmo ao Peix de Aldán, o encargado de poñerlle a voz en off á película.
Manoliño de Donón levou a música tradicional do Morrazo polo mundo adiante. Sobre os barcos, entre as redes, do Gran Sol a Namibia. Ao seu carón, viaxaba a súa gaita. Tocaba cando podían e cando non podían facer outra cousa. Ás veces, a música sucaba os mares, non quedaba nos camarotes. Chegaba a outros barcos, en auténticas foliadas atlánticas. ?Faciamos concertos a distancia en realidade. Porque nós tocabamos coa radio conectada a outros barcos, tamén escoitaban a nosa música, estabamos así sempre máis acompañados?, lembra un Manoliño que en Walvis Bay, Namibia, sorprendeu tamén coa súa gaita. ?Pasamos alí un fin de ano e convidáronnos a tocar nunha discoteca, na festa de noitevella. O dono era un portugués e quixo que actuásemos. Non o podo dicir seguro, pero vaia... Foi a primeira vez que toda aquela xente escoitara unha gaita na súa vida.? Probas para defender esa tese non lle faltan. Porque na alfándega, viuse na obriga de tocala diante dos funcionarios fronteirizos. Eles non recoñecían un instrumento, sospeitaban unha arma. ?Waepon, weapon?, berrábanlle, talvez asustados, perante o inaudito. Xamais viran tal cousa. Quizais non a volveron ver.
Lito, pola súa banda, tamén ten lembranzas de momentos emocionantes que viviu co fol da gaita baixo o brazo. Ao outro lado do océano, no Atlántico Norte, tocou polas rúas de Saint Pierre et Miquelon, unha pequena illa situada fronte ás costas de Terranova. ?Era Nadal e tocamos polas rúas, cheas de neve. De súpeto tiráronnos, o que pensabamos que era un ladrillo. Deixamos de tocar, pensando que estabamos a molestar. Pero non era ningún ladrillo, era unha caixa de bombóns que nos guindaran dende un convento de Monxas?, explica un Lito que, ao igual que Manoliño, chegou a cativar unha audiencia inesperada nunha discoteca. Neste caso, en San Xoán de Terranova. ?O noso capitán era amigo dun canario que tiña alí un local. Visitounos no barco xusto cando andabamos a tocar. Pediunos que foramos a súa discoteca a tocar, nos dixémoslle que non era boa cousa, que só tiñamos a gaita e que as pandereitas eran improvisadas, que estaban feitas con chapas?. Ao final, accederon a baixar do barco, a enfrontarse ao público.?Comezamos a tocar na discoteca, que era un sitio grande. De súpeto, ateigouse a pista de baile... Eran todos galegos, non os coñeciamos, pero estaban alí. Sempre hai galegos a onde vaias. Foi moi emotivo?, conclúe Lito.
Di Xurxo que o 23 "levaremos o mar do Morrazo e de Namibia ao mar de Betanzos, un mar fondo noutrora que hai que lembrar para a memória colectiva". Ningién ficará indiferente dia te dun filme que toca o nóso corazón e a fachenda do que somos, unha potencia no mar e na música, un país de artistas. Así pois, no LAR DE UNTA, Dos Gaiteiros do Mar, mercores 23 ás 20:30! Medre o mar!! |
|
|
|
SARA VERES, MARICA CAMPO E TRES VILARIÑAS |
|
 Entre os moitos prémios e recoñecementos da Terra Chá, os criados nos Vilares están a consolidarse cada ano, un deles con seis edicións e outro xa no seu terceiro ano. Son os prémios da VI edición Trapeira de Honra e da III edición do Certame Vilariñas de micro poesía o vindeiro 19 de Outubro ás 19:00 na Casa Habaneira de Guitiriz convocados pola Asociación Socio-Cultural Lareira de soños e polo grupo poético NPG Nova Poesia Guitirica. O prémio Trapeira de Honra corresponde este ano á emprendedora Sara Veres Vazquez 'Sara das Reixas'. Nas edicións anteriores foron recoñecidXs José María Díaz Castro (póstumo), Romaría Labrega da Chaira, o músico José Díaz 'Pepe de Cristos', á Labrega Asunción Lobeiras 'Asunción dos Ares' e ao emigrante en Euskadi e activista cultural Raúl Río.
Na III edición do Certame Vilariñas corresponde o primeiro prémio á viguesa con orixes en Begonte Beatriz Coira Ríos, o 2° prémio ao berciano Manuel González Prieto e o 3° prémio á arousana Ana García Rivas que se farán coa fermosa figura deseñada pola artista Viki Rivadulla, pezas únicas feitas a man que conforman a imaxe deste concurso cada día máis popular.
Así como no 2018 homenaxeamos a Alfonso Blanco Torrado, na edición 2019 honraremos á escritora, mestra e poeta Marica Campo, orixinaria do Incio e con fondas vinculacións a Guitiriz e á Terra Chá. O agasallo de Marica foi deseñado pola poeta de Labrada Branca Villar. Neste acto, no que se xuntarán por primeira vez estes tres recoñecementos, contaremos con importantes participacións poéticas e musicais e será aberto ao público.Pastora Veres, Luz Campello, Anxela Gracián e o acompañamento poético-musical de Corredores de Sombra intervirán neste acto conducido polo presidente da Lareira de soños, Antón de Guizán e pola poeta vilalbesa María Xosé Lamas. O acto estará presidido pola alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, que fará entrega do prémio Trapeira de Honra a Sara Veres que será obsequiada tamén con un retrato da artista Isabel Pardo. Ambos prémios foron inspirados en José María Díaz Castro, o poeta das cousas pequenas, nos que se valoran a xentes anónimas do rural e ás poesías pequenas á marxe de recoñecementos institucionais e fóra dos grandes focos mediáticos. Tod@s, Sara, Beatriz, Manuel, Ana e Marica son merecentes desta honra e do fermoso acto que teñen preparado @s dos Vilares. Haberá que estar...
|
|
|
|
III RECITAL DE POESÍA EN FEMININO EN SAN SADURNIÑO |
|
Apuntade xa mesmo esta data: sábado 21 de setembro. Ese día a partir das 17.00h. temos unha cita coa poesía amadora de vangarda no III Recital de Poesía en Feminino organizado pola Concellaría de Igualdade, ao que asistirán 27 creadoras e creadores de San Sadurniño pero, sobre todo, doutras partes de Galicia. Na súa maioría adscríbense a movementos consolidados, como In nave civitas/ urbano Lugrís Nomades do verso/Antón Borrazás, a Irmandade poetica luso-Galaica ou a NPG Nova Poesía Guitirica, aínda que tamén acudirán representantes doutros de recente creación, como o colectivo Moraima xurdido en Fene. Será un encontro co que reivindicar tanto a literatura e a oralidade do sentimento como o rol feminino na arte das letras e en calquera outra faceta da vida que, ademais, contará coa ambientación musical das violonchelistas locais Inés e Irene Arroyo.
O departamento municipal de Igualdade leva tres anos promovendo o seu encontro poético co que darlle voz a poetas que avogan polo verso reivindicativo, polo berro sentido contra os desequilibrios da sociedade e, nomeadamente, contra o patriarcado que o segue tinguindo todo, tamén a creación literaria. E como cada ano desde o seu inicio encarga a organización ao grupo poético NPG Nova Poesia Guitirica, grupo activo e consolidado criado a partires da desicatória das letras galegas ao poeta vilarego Xosé María Díaz Castro.
Este ano a cita fixouse para o sábado 21 de setembro e a ela acudirán representantes de varios colectivos que teiman na poesía amadora como xeito de expresión, malia ser este o xénero literario con menor visibilidade ou, dito doutro xeito, cunha maior dificultade para chegar ao grande público.
Males menores que, porén, se ven compensados por unha liberdade case absoluta de estilos e formatos que non se pode atopar na prosa, no teatro nin en ningunha outra arte. A poesía sae de dentro de cadaquén sen imposturas. É o que se sente feito verbo, unha porta que se abre de par en par no peito de quen escribe para deixarnos entrar no seu ser, no seu pensamento, acadando unha significación aínda maior cando é a propia autora ou autor quen recita os seus poemas.
E, en San Sadurniño, teremos todo iso xunto nun encontro que terá lugar na Casa do Concello, concretamente no seu patio interior no Pazo da Marquesa se vai bo tempo e, se non, na Casa da Cultura. A relación de participantes chega a 27, procedentes de Fene, Ferrol, A Coruña, Pontevedra, As Pontes, e toda a zona da Terra Chá. Na súa maioría trátase de poetas que comparten intereses temáticos e creativos en colectivos como a Nova Poesía Guitirica, Moraima -nacido en Fene a raíz dun curso de escritura da AELG- ou In nave civitas/Urbano Lugrís entre outros.
Son Mariola Hermida, Loreto de Castro, Teresa Ramiro, Alberte Momán, Luís Mazás, Antom Laia, Miguel Queipo, Moncho Bouzas, Clara Blanco, Emilia Martínez Fuentes, Pilar Maseda, Branka Villar, María Xosé Lamas, Luz Airado, Raquel Díaz Seijas, José Carlos Ulloa, Sonia Mauriz, Ramiro Vidal Alvarinho, Ánxela Gracián, Maribel Serantes, Esther Val e Asun Blanco, quen compartirán declamacións coas poetas locais Alba Rivera, Ángela Arnosa, Consuelo Picos e Nerea Calvo, xunto co poeta de Moeche Alfonso Venancio.
A sesión terá tamén parte musical, da que se encargarán as irmás Inés e Irene Arroyo Orro, veciñas de Igrexafeita e excepcionais violonchelistas que lle sacarán o máximo partido ás partituras e á acústica do patio interior do Concello. O III Recital de Poesía en Feminino presentarao Ana B. Gundín, titular da área de Igualdade, e Antón Tenreiro, coñecido no mundo poético como Antón de Guizán membro da NPG Nova Poesia Guitirica.
NPG NovaPoesiaGuitirica
npggazeta@gmail.com
http://npggazeta.gal |
|
|
|
|
|
|
|
|