Caderno Dixital de Antón Tenreiro |
|
Caderno digital de Antón de Guizán . |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
LUMES NUNCA MAIS! |
|
A finais de 2014, o ano da dedicatória das letras galegas a Xosé María Díaz Castro, a NPG Nova Poesía Guitirica, nacida no 25 cabodano da morte do poeta vilarego ao amparo do proxecto Os Vilares, lareira de soños ese mesmo ano, ideóu comenzar cada ano con unha iniciativa que levara a poesía ás rúas con unha proposta bautizada como #PoemasPenduradosDeFarolas. Así, a primeiros do ano 2015 versos dos poetas Guitiricos e un poema de Díaz Castro encheron farolas das localidades de Guitiriz e Parga. Na segunda edición, a proposta levaba xa un contido social, un compromiso poético coa realidade que ademáis de abrir a participación a poetas e convidados (Martiño Maseda e Raúl Gómez Pato, gañadora do primeiro prémio de poesia) a temática común foi contra a violencia machista, unha das grandes lacras da nósa sociedade. Para este ano 2018 as farolas de Guitiriz, nunha convocatória por primeira vez aberta da que participan arredor de medio cento de poetas de Galiza, Portugal, Sudamérica, España, Italia e mesmo Ukraina alzan os seus versos contra o lume que devastou no nóso país mais de 50.000 hectáreas de monte ademáis de casas e negócios e levando por diante várias vidas. Outra grande catástrofe da que se fan eco grandes facedores de versos que participan na iniciativa da NPG e que a partires do 13 de xaneiro pendurarán das farolas e dos soportes dixitais de CulturaliaGZ e Galicia Dixital para a súa descarga gratuita. Sen dúbida unha proposta orixinal e novidosa con grande acollida como demostra a cantidade e calidade na participación e que mantén o pulso díazcastriano na súa de localidade de orixe con outras accións como o prémio de poesía, o Certame Vilariñas de micro poesía e as numerosas actividades e recitais desenvolvidos e nos que participa o grupo da NPG Nova Poesía Guitirica.
Veremos nas rúas poemas de Toño Núñez, Andrea Araújo, Pedro Rielo (gañadora do Certame Vilariňas), Eli Ríos, Paco Ledo, Beatriz Dourado, Concepção Palma, Adolfina Mesa, Natália Lema, Moncho Bouzas, Montse González, ou Anna María Barletta entre outros moitos...
Os comenzos de ano máis poéticos e reivindicativos de Galiza son, e pois no Concello chairego de Guitiriz, o unha terra que conta con algún dos mais grandes poetas da literatura galega e que sigue a xerar actividade arredor de estrofas con contido social.
A poesía d@s afillad@s de Díaz Castro, o lume que prendeu nesta Lareira de soños por unha sociedade mellor e máis xusta. Lume que quenta contra o lume que destroza o país. LUME NUNCA MAIS! |
|
|
|
OS VILARES, A LAREIRA DE SOŇOS DESTACA A 19 VILAREG@S DE 2917 |
|
 19 destacad@s Vilareg@s de 2017
A parroquia dos Vilares recoñece novamente aos vilaregos de honra deste ano a piques de rematar, como cada ano desde o 2014, data de existencia do proxecto OS VILARES, LAREIRA DE SOÑOS.
Distinguimos a persoas e entidades cada ano, nos distintos ámbitos, social, cultural, empresarial, identitario...todos igualmente meritorios e necesarios e nalgún dos casos tamén reivindicativo.
As entidades e persoas recoñecidas son este ano as seguintes:
1. Xunto a Asunción Lobeiras Diaz, á que adicamos o PREMIO TRAPEIRA DE HONRA 2017, e desgraciadamente finada este ano, a os outros 18 nomes de persoeiros, colectivos e iniciativas son:
2. Entre os monumentos, OS FRESCOS DA IGREXA DOS VILARES, do século XVI é en sério perigo de desaparición polo abandono e a degradación
3. Nas Reixas, ?como reclamo para a súa reparación e posta en valor" a Escola Habanera da Conchada" para uso social e cultural parroquial e que no ano 2023 cumpre o centenário da súa e construcción.
4. Entre os nomes destacados atópanse as cantoras galegas Tereixa Novo, Maria Xosé Silva SES e Aranha Álvarez e Sandra Tenreiro que tan amablemente se brindaron na homenaxe a Asuncion de dos Ares no Prêmio Trapeira de Honra 2017.
5. Recoñecemos tamén a Raúl Rio, vilarego residente en Euskadi, que sigue activo social e culturammente naquel país e sigue coa parroquia no seu corazón e ao que dedicaremos o Prêmio de Trapero de Honra 2018.
6. Igualmente no eido cultural consideramos que a ?mellor organización dun evento? a Romaria de Labrega da Chaira, con casi tres lustros de existencia e mantendo-se con boa saúde e adaptando-se aos tempos.
7. No apartado do coñecemento, destacamos a Segundo Pérez López, dean da Catedral de Compostela ebcoñecedor e valedor da historia dos Vilares.autor dun libro sobre a escola habanera e outro sobre Díaz Castro.
8. Mentres, no apartado de personaxe destacada da historia vilarega este ano recoñecemos a José Lobeiras Gómez, que O Armeiro de Berulfe, que fotógrafo ambulante e home polifacético dos Vilares ao que dedicaremos un documentário que se atola en período de rodaxe.
9. O recoñecemento á ?mellor iniciativa cultural? recae na organización do Certame de microprocesador [VILARIŇAS] por NPG e Nova Poesía Guitirica, que A. S-C Lareira de somos e CulturaliaGZ
10. No apartado do mellor artigo sobre a parroquia, CON DÍAZ CASTRO EN VIAXE SEMANAL POR OS VILARES DE Parga, de Xaquín Campo Freire en Galicia Dixital.
11. No eido do deporte volvemos a destacar Antonio Teijido, gañador e record abasoluto das "24 horas de Vigo" e unha escepcional campaňa de cross, con distinción de nos premios do deporte galego incluida. Neto de vilaregos.
12. Lugar emblemático do ano, a casa de Díaz Castro no Vilariño en apoio á sua recuperación para uso público cultural así como á campaňa para ese fin de XERMOLOS.
13. Pola súa banda, como mellor asociación ou entidade destacamos a CODEGUI, en especial pô-la donación de solidaria aos afectados polos incêndios deste ano en Galicia.
14. Mellor acción musical, o trabalho da mestra do IES Díaz Castro de Guitiriz ano tras ano co alumnado e sempre con Díaz Castro como referência.
15. Mellor iniciativa emprendedora, a reforma e ampliación do local hostelerio Casa Gaibor, do vilarego Carlos Castro e a sűa dona.
16. Mozo ou moza destacados Sonia Ferreiro Pena, que se descubre como unha talentosa fotógrafa.
17. Persoa de fóra da parroquia destacada no apoio e defensa e estudo da mesma, e O poeta Martiňo Masedai polo apoio ás iniciativas culturais na parróquia e pô-la publicación de la de actividades e libros no seu portal Dixital CulturaliaGZ.
18. Mellor publicación, o libro Poemas O FILÓSOFO Coxo (Espíral Maior) de Eduard Velasco galador do II premio Diaz Castro.
19. No apartado audiovisual, o programa da TV, no que participaron activamente os anticuarios Xacobe e o seu fillo Josérra, TESOUROS NO FAIADO.
|
|
|
|
POEMAS PENDURADOS DE FAROLAS: LUMES NUNCA MÁIS!! |
|
Un ano máis, e van tres, nos primeiros dias de 2018, as farolas do concello natal do poeta Díaz Castro lucirán poesía con mensaxe social.
A NPG Nova Poesia Guitirica, a Asociación Sócio-Cultural Lareira de soños e o portal literário dixital Culturalia GZ organizan a terceira edición de POEMAS PENDURADOS DE FAROLAS.
Si en 2016 supuxo a estrea con poemas da NPG, e na segunda, foi adicada á temática contra a violéncia machista,para este ano 2018 o lema será LUMES NUNCA MÁIS e coa novidade dunha convocatória aberta a quen queira participar.
Como xa levamos feito desde o seu início, um poema de Xosé María Díaz Castro figurará entre o conxunto dos que decorrem as farolas guitiricense de Lagostelle e Parga, e neste caso será o poema ESMERALDA, homenaxe á natureza e á importância das cousas pequenas, que inspirou ademáis o recente #CertameVilariñas de micropoesía que con tanto éxito se ten iniciado.
Num mundo cada dia máis prosaico, a poesia axuda a humanizar e mudar desde o compromiso e neste caso desexando mudar conciencias não só de persoas, senón dos poderes para evitar lacras que ennegrcen o nóso país, que nós empobrecen e deixan un mundo peor ás xeracionalmente que nos sucedan. Por iso a temática da vindeira edición é LUMES NUNCA MÁIS, para axudar a non esquecer, pois a memória é aprender...
#PoemasPenduradosDeFarolas desde xa mesmo pode recibir poemas para a terceira edición, que serán distribuídos polas farolas de Guitiriz e alarga a comenzos de 2018 e posteriormente editados nos portais dixitáis www.culturaliagz.com e www.galiciadigital.com En formato libro para descargar. A estrutura e rima son livres e a temática deste ano ten que estar relacionada com lema LUMES NUNCA MÁIS. Podedes remitilos en formato word (para homologar imaxe e maquetar, non se alterará o contido nin a estrutura) a
-dosvilares@gmail.com
-info@culturaliagz.com.
Data limite: 28 de decembro. |
|
|
|
OS HAIKUS, EN GALIZA, TEÑEN NOME DE MULLER E CHAMANSE VILARIÑAS |
|
Será o vindeiro sábado 2 de decembro ás 18:30 da tarde na igrexa dos Vilares (Guitiriz), cando
-Andréa Araújo Alonso, A Guarda, estudante de artes escénicas.
-Pedro Rielo Lamela, Pontevedra, xornalista da TVG.
-Toño Núñez, Navia, mestre.
Recibirán os Prémios do 1° Certame VILARIÑAS de micropoemas da man de Sandra Tenreiro, mestra de música e cantautora, Luz Campello (NPG), traballadora social e poeta e Marica Campo, mestra e escritora.
Os gañadores recibirán unhas "Vilariñas" deseñadas pola artista da Costa da Morte Viki Rivadulla e un exemplar coa recompilación das Vilariñas presentadas (máis de 150).
Intervirán neste acto, ademáis dos premiados e as persoas que farán entrega, o poeta Vilalbés Martiño Maseda (Culturaliagz), Fátima Fernández (NPG) e o presidente de Xermolos, Alfonso Blanco, depositario do legado do poeta Díaz Castro.
En Galiza, os Haikus, tomado nome de Müller, En homenaxe ao nóso poeta, Xosé María Díaz Castro, nado no Vilariño, Os Vilares. Pepe do Vilariño, como se lle coñecia na parróquia chairega de Guitiriz, foi o poeta das cousas pequenas, das herbas pequerrechiñas da Chaira que enchem de perfume o mundo é desa admiración polas pequenas coisas inspirouse o Certame VILARIÑAS e o próprio nome dos micropoemas deste concurso.
Nacen así as , as micro poesías galegas con nome próprio que verán publicadas as bases da segunda convocatória no mês de xaneiro de 2018.
As entidades organizadoras, A Asociación Sócio-Cultural Lareira de soños, a NPG Nova Poesia Guitirica e o soporte dixital www.culturaliagz.com teñen organizado após do acto unha "Cea Vilariña" en Guitiriz.
Longa vida ás e que medre a Poesía!!
|
|
|
|
Intenso remate de ano poético |
|
Entramos num intenso remate de ano poetico da NPG Nova Poesía Guitirica que o día 25 de novembro publicará para descargar a edición dixital dos poemas contra a violéncia machista en www.culturaliagz.com, o día 29 Fátima Fernández na gravación dun programa poético para a rádio en Lugo, o dia 2 de decembro entrega de prémios do #CertameVilariñas, 2017 e xa no mês de decembro dúas convocatórias, a do #CertameVilariñas 2018 e #PoemasPenduradosDeFarolas 2018 co lema está edición de "Lumes Nunca Máis". Tamén o 22 de decembro, Antón de Guizán e Fátima Fernández participarán no Recital Solidário de Vilalba no que xa participou a NPG o pasado ano. Sin dúbida, o grupo poético criado hai dous anos coincidindo co 25 cabodano do pasamento de Díaz Castro, vai camiño de asentarse no tempo. Dous anos nos que medraron as actividades e as iniciativas e tamén o próprio grupo ao que se teñen animado 5 nov@s poetas a aqueles oito do início. Un movimento poético local que cada dia conta con mais seguidores nas redes e con mais demanda para a presenza en recitais e actos. Unha homenaxe viva ao poeta do Vilariño, coa poesía como causa e Díaz Castro como verdadeiro "culpábel" desta criatura. Longa vida á NPG e longa vida tamén á poesía!!
|
|
|
|
As pinturas renacentistas da igrexa dos Vilares, en perigo. |
|
No ano 1991, ao quitar caleado das paredes, foron descubertas as pinturas murais da igrexa de San Vicente dos Vilares nas Reixas. Un ano despois, o profesor Juán M. Monterroso Montero, publicaba no número 8 do caderno de estudios mindonienses o seu estudio "San Vicente de Os Vilares. Nuevas pinturas de un antiguo maestro (S.XVI)" que informaba do achádego e ilustraba sobre a súa importancia. A igrexa dos Vilares, que ten a súa orixe no século XII e que sufreu varias modificacións, a primeira delas no século XIII, foi sempre un importante centro de culto, dependente primeiro de Monfero e posteriormente e ate hoxe de Mondoñedo.
Os frescos situanse na parede de frente á entrada os primeiros (dos evanxelios) e representan tres esceas:
1. Lamentación de Cristo Morto.
2. Imposición da casulla a San Ildefonso.
3. Santiago Matamouros.
Parede á dereita da entrada (da Epístola):
1. Ornamentos xeométricos.
2. Fragmento de escea de paisaxe.
Estes elementos pictóricos foronse conservando pola costume profiláctica desde o século XVI de calear as paredes para evitar a proliferación de pestes e enfermidades.
Datan segundo o estudo de Monterroso Montero do Século XVI, probablemente de 1530 a 1540 na que coinciden tamén cos da igrexa de San Estebo de Parga e probablemente o autor, polas coincidencias iconográficas das pinturas, da autoría do Mestre de Parga, moi coñecido na época.
Hoxe, os frescos dos Vilares, deteriorados e en perigo de desaparición definitiva pola falta de atención e mantemento, as humidades, e o paso do tempo, precisan de traballos profesionais de recuperación como elemento patrimonial de grande importancia e para evitar que pasen a ser lembrados unicamente por publicacións como a mencionada anteriormente. Os retablos, os cruceiros do calvario, o sarcófago, a propia igrexa, son un importante valor patrimonial que se debe reforzar coa recuperación deses frescos.
É por esto que o proxecto multidisciplinar Os Vilares, lareira de soños, que dirixe Pastora Veres, solicitará entrevistas cos responsabeis das respectivas administracións (Deputación, Xunta, Arzobispado) para sensibilizalos, documentar o estado dos frescos e promover a súa restauración e posta en valor da maneira máis acaída.
O patrimonio etnográfico e arquitectónico da parroquia esmorece e aos frescos habería que sumar outros moitos elementos que tamén abordaremos como os vellos cobertizos da feira, a mellora da Casa Habanera da Conchada, o sindicato, a casa natal de Díaz Castro, muíños, fontes, lavadoiros, etc...
Non hai nada peor para o noso patrimonio que o seu abandono e posterior esquecemento, polo que é de agradecer ao proxecto dos Vilares o seu interés en recuperar o patrimonio material e inmaterial da pequena parroquia chairega do poeta Díaz Castro e achegar o seu coñecemento á opinión pública e aos responsabeis politicos respectivos. Pinturas que teñen arredor de 600 anos non podem desaparecer en 20 de non ser que teñamoa máis "frescos" nas institucións que nas paredes da igrexa... |
|
|
|
Certame de micropoesía VILARIÑAS |
|
ENTREGA DOS PRÉMIOS DO CERTAME
Xa temos data para a entrega dos premios do #CertameVilariñas 2017. Será o 2 de Decembro, sábado ás 18:30 na igrexa dos Vilares (Guitiriz). Andréa Araújo Alonso, Pedro Rielo Lamela e Toño Núñez serán agasallados con unha peza única da artista Viki Rivadulla, num acto poético coa participación de representantes da cultura e da poesia chairega na igrexa na que foi bautizado o poeta Díaz Castro.
Abundante foi a participación nesta primeira edición do Certame das Vilariñas 2017 convocado pola Asociación Sociocultural Lareira de Soños e o colectivo poético NPG (Nova Poesía Guitirica), para honrar a figura de Xosé María Díaz Castro, o gran poeta galego nacido precisamente na parroquia de Os Vilares en Guitiriz. Igualmente foi elevada a cifra de Vilariñas presentadas ao citado Certame. Autores noveis nestas lides poéticas competiron ao carón de autores xa consagrados.
E tal e como se anunciara, Culturalia GZ tivo a honra de encargarse da publicación de todas as Vilariñas, tanto as que resultaron gañadoras como as restantes que participaron no concurso, pero que non obtiveron galardón.
A
FALLO I CERTAME VILARIÑAS
O Primeiro Prêmio corresponde a
Andrea Araújo Alonso, da Guarda e residente en Tomiño é a gañadora do Primeiro Certame de Micropoesía da Chaira
coa ?Teño un pintor?. Andrea estuda artes escénicas na Escola Superior de Vigo.
O segundo premio foi para o xornalista Pedro Rielo Lamela, de Pontevedra, coa ?Gran carballo?.
En terceiro lugar, o profesor e escritor Toño Núñez Álvarez, de Navia de Suarna e residente en Lugo, coa ?Abrín os ollos?.
As 150 , de grande nivel, recibidas de distintos lugares da xeografía galega e publicadas en www.culturaliagz.com.
Para a entrega de premios organizamos un acto poético público o sábado. 2 de decembro na igrexa dos Vilares ás 18:30 da tarde. Encargarase de facer a entrega as poetas chairegas Marica Campo e Luz Campello e a cantautora e mestra Sandra Tenreiro num acto conducindo por Martiño Maseda.
Tanto pola participación como pola calidade dos poemas, consideramos un éxito esta primeira edición das cuxo nome, en homenaxe ao poeta dos Vilares, e en concreto do lugar do Vilariño, conta xa con outra proposta poética orixinal e aberta á participación de quen o desexe pola súa sinxeleza.
A dificultade da escolla dos premiados é a demostración da alta calidade das apresentadas a este certame creado pola NPG Nova Poesía Guitirica e a Asociación Sociocultural Lareira de Soños dos Vilares. |
|
|
|
DE HOXE NUN ANO |
|
Esta semana cúmprese um ano da estrea na igrexa dos Vilares do documentário ENTRAR AOS VILARES, realizado por Cibrán Tenreiro, Xacobe González e Toni González por encargo do colectivo Os Vilares, lareira de soños. Desde aquela, fóron moitas as localidades que en museos, centros sociais, asociacións, festivais e aulas visionaron este filme rural sobre a parróquia vilarega de Diaz Castro. A película, que acompañará ao aguardado libro de Pas Veres, cumpreu sobradamente o seu objectivo e sigue a proxectarse por todo o país dando a coñecer as peculiaridades dunha parróquia do rural chairego a través da testemuña dos seus veciños verdadeiros protagonistas do mesmo e grandes responsáveis de que tivera saído adiante sen recursos nin axudas económicas. Non trata de Diaz Castro pero conxuntamente čo libro de Pastora, complementa se leva escrito e gravado sobre o poeta e do espaço é tempos vivenciais de Pepe do Vilariño. Desde aquel 2014 histórico para Guitiriz e a Terra Chá conrecoñecemento a unha das mais grandes figuras literárias de Galiza, a parróquia vilarega ten creadora, a través da Lareira de soños o prémio Trapeir@ de Honra, un certame de micro poesía , um grupo poético, NPG Nova Poesia Guitirica, numerosos actos culturais, exposicións demandas de recuperación do património histórico e etnográfico, investigación para a recuperación da memória a través de testemuñas, fotos, documentos e gravacións, puxémos a aldea no mundo globalizado a través de diferentes dominios dixitáis e neste ano que está ás portas, encetamos o quinto de existéncia coa edición definitiva do libro pero tamén con unha nova exposición, publicación é documentário adicados ao Armeiro de Berulfe e continuamos na demanda da restauración e posta em valor dos frescos da igrexa do século XV e da escola da Conchada, na que estudou Diaz Castro de cativo entre outras actividades. Un traballo comunal, como sempre se fixeron as cousas num rural que existe e resiste. De hoxe nun ano... |
|
|
|
|
|
|
|
|