Caderno Dixital de Antón Tenreiro |
|
Caderno digital de Antón de Guizán . |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Guitiriz, capital galega da poesía |
|
Decía Xulio Xiz aquel 3 de Outubro de 2015 nos 25 anos do pasamento de Díaz Castro na igrexa dos Vilares, que os políticos non pasarán á historia por poñer máis puntos de Luz ou amañar máis estradas, senón pola súa acción cultural e Guitiriz destaca por ese dinamismo no que o concello xoga un importante papel.
Os días 12 e 13 de xuño Guitiriz convertirase na capital da poesía galega coa celebración do Festival de Poesía Guitirica, aínda que o día 7 comenza o programa coa inauguración da exposición Aquela nena de Sarria adicada a Xela Arias na Casa Habaneira e o día 11, alumnado do instituto percorrerán as rúas da vila con un roteiro poético. Esta iniciativa, impulsada pola Nova Poesía Guitirica NPG e organizada polo concello coa colaboración das diferentes entidades culturais e sociais (hosteleiros, escola de música, UNED Sénior, Xermolos, Lareira de soños e GADIS), encherá o campo da feira dunha densa programación con presentacións de novidades literarias, a revista NPG GAZETA, palestras sobre Carvalho Calero e Xela Arias, boa música, recitais polas rúas, o roteiro de Díaz Castro, e culminará coa entrega dos premios Vilariñas e Díaz Castro de poesía convertindo Guitiriz nunha festa poética arredor da figura do poeta do Vilariño. O Festival de Poesía Guitirica non é un festival calquera, nace dende as agrupacións poéticas de base e coa participación de entidades da sociedade civil, da homenaxe permanente a Díaz Castro da que naceu a Nova Poesía Guitirica e da súa traxectoria e traballo dende aquel 2014 no que adicaron as Letras Galegas ao poeta dos Vilares. Ten vocación de manterse cada ano e facer de Guitiriz na segunda fin de semana de xuño na referencia poética do país, como o son xa o Poemagosto en Allariz, o Festival de Poesía Salvaxe en Ferrol, o Festiletras en Ponteceso, ou o Festival de Poesía do Condado en Salvaterra. O concello da pedra e da auga terá o primeiro festival poético de Lugo e da Terra Chá grazas á implicación do goberno presidido pola alcaldesa Marisol Morandeira que aposta decididamente pola poesía como unha das señas identitarias de Guitiriz. A primeira edición deste festival terá como pregoeiro ao grande persoeiro cultural da Terra Chá, Alfonso Blanco, que tanto leva traballado pola poesía e pola reivindicación da figura de Díaz Castro dende Xermolos e dende o Festival de Pardiñas, esa referencia ineludible para calquera iniciativa cultural de base. Animádevos a disfrutar desta festa a mediados de xuño na comarca máis poética do país, a Terra Chá e na vila do poeta Díaz Castro, pagará a pena. Longa vida ao Festival de Poesía Guitirica!
|
|
|
|
AS RATAS DE INFESTA |
|
Moita xente de Betanzos (e de fóra) levamos anos pensando que este concello é un dos máis fermosos de Galiza, pola súa privilexiada situación xeográfica, polo ben comunicado que está a pesares da deixadez das disferentes administracións sobre todo co ferrocarril e pola súa historia e patrimonio. Pero todas estas potencialidades toparon coa mediocridade dos gobernos que non souberon aproveitar tantos recursos, caendo algúns no abandono, como son o casco histórico ou o Pasatempo, outros agredidos pola nefasta ordenación urbanística, como son os dous ríos que circundan a cidade e outros absolutamente desaproveitados como é o potencial do rural, totalmente marxinado mesmo na pésima xestión do concello que vive de costas a todo canto se desenvolve no país e nin siquera sabe copiar modelos exitosos en todos eses eidos de xestión.
Pero tanta ineptitude e incapacidade despois de máis de máis de corenta anos após da dictadura cos gobernos de PSOE e PP levou a Betanzos a ter o casco histórico e patrimonio peor conservado de Galiza e con un pírrico aproveitamento en termos de turismo, cultura e tamén de rendabilidade económica, con un decrecemento poboacional en termos comparativos con outros concellos da contorna, mentras que o rural, nin ten existido.
Eu, veciño de Infesta, no Norte, dende hai varios anos, son testemuña deste feito. No cruce da estación do Norte co camiño Real levo enviado varios correos ao concelleiro de servizos para que coloquen un espello que facilite a visibilidade nun lugar con numerosa circulación pola estrada de Santiago ( onde casi ninguén respeita o límite de 50 nunha zona poboada), e neses mesmos correos solicitei que se pintara na beirarúa unha sinalización horizontal amarela que impeside aparcar vehiculos pegados ao cruce para facilitar a visión ou sinalización tamén horizontal no proprio Camiño Real que advertise do límite de 30, pois pasan coches a moita velocidade con casas habitadas a ambas marxes co camiño. As respostas foron que non se pode poñer espello porque habería que anclalo a unha vivenda privada ( como si non existira sinalización vertical para instalalos en solo público), que a estrada é de titularidade autonómica (como si o concello non puidera facer esa xestión si é necesaria para a seguridade vial) ou que no Camiño Real xa hai unha limitación nun sinal vertical ( moitas veces tapada por camións que aparcan no espazo dun establecemento de hostelaría). Neste mesmo lugar teñen deixado restos de podas un ano enteiro tiradas ao pe da calzada e son contadas as veces que limpan as cunetas. No resto da parróquia de Requián (e supoño que no conxunto do rural acontece algo semellante) a atención é nula ou deficiente. En pasados días sí teñen instalado sinais indicativas da estación do tren no cruce (duplicada con outra xa existente), o que amosa que sí é posíbel facer as cousas cando a eles lles interesa.
Pero si a esta deixadez, que non sei si chamar vagancia ou falta de interés, sumamos as nulas medidas para manter a limpeza e salubridade nas casas e fincas abandoadas, a desidia municipal comenza a ser preocupante. Algún veciño ten alertado da proliferación de ratas en algunhas casas e fincas en estado semi ruinoso mentras o concello bota balóns fóra argumentando que esas casas e fincas son privadas, mentras que esas ratas campan ás súas anchas mesmo entrando nas fincas e xardíns colindantes, e non me refiro a ratos de campo senón a roedores de grande tamaño que alí se crían.
Non ten o concello instrumentos que obriguen a tapiar esas casas ou á limpeza das fincas para manter a salubridade da zona? Non hai ferramentas legais para inspeccionar esas casas e declaralas como ruínas si fora o caso ou cando menos evitar que alí aniñen estas alimañas e manter a mínima saúde pública e os dereitos da veciñanza?
O interese xeral debe prevalecer por diante do particular cando este supón un risco para a saúde e mesmo invade os dereitos de quenes cumpren coa lei e as normas. A veciñanza non debe estar exposta á falta de motivación e deixadez de quen goberna e moito menos padecer a desprotección amparandose en escusas que ocultan incompetencia. Cando iso acontece (como é o caso), só queda o recurso da denúncia pública ou a demanda directa a outras institucións que atendan o que o concello de Betanzos descuida.
A existencia de ratas é un síntoma de falta de limpeza e de abandono perfectamente localizado, que sumado a outras evidencias desa falta de coidado reflicten a decadencia dun concello máis preocupado polos eventos e festividades que por atender e poñer en valor os seus recursos e potencialidades, que comenzan polo mantemento dos espazos e a seguridade e saúde da veciñanza.
|
|
|
|
LAREIRA DE SOÑOS, PRESENTACIÓN NA CORUÑA |
|
Presentación en Portas Ártabras/Asociación de amigos dos museos (rúa Sinagoga 22) na Cidade Vella da Coruña do libro Lareira de soños de Pastora Veres o próximo xoves día 8 de abril ás 20:00 horas.
No acto intervirán Felipe Senén, historiador e museólogo, presidente da Asociación de amigos dos Museos e a autora do libro, Pastora Veres.
Lareira de soños condúcenos a lugares que nos nutren, lugares onde temos as primeiras emocións, sensacións e experiencias universais únicas, sitios cos que temos unha conexión emocional profunda e as nosas raíces inalterables.
Lareira de soños son as historias cotiás dun pequeno mundo da Terra Chá galega. Historias de persoas fundidas coa terra e na terra, coma as herbas dos prados nos que paceron os seus animais. Son momentos percorridos polas vidas deste pequeno universo chairego, que teñen en común con outras vidas doutros lugares do mundo, as angueiras e as calamidades coas que afirman que a vida é traballo e loita.
Son tamén relatos sobre a existencia das persoas máis novas, que viven aquí ou marcharon porque quixeron descubrir algo novo e non seguiron os pasos dos seus pais nin dos seus avós, aínda que a terra lles siga amarrada á pel.
Lareira de soños/ficha:
Autora: Pastora Veres
Autores DVD: Cibrán Tenreiro, Xocobe González e Toni González
Dimensións: 22 x 24 cm.
ISBN: 978-84-18136-22-1
Nº de páxinas: 250
Lareira de soños condúcenos a lugares que nos nutren, lugares onde temos as primeiras emocións, sensacións e experiencias universais únicas, sitios cos que temos unha conexión emocional profunda.
Contén DVD "Entrar aos Vilares"
|
|
|
|
A NOVA POESÍA VILALBESA |
|
 A capital chairega e os concellos de arredor gardan de sempre un grande prestixio literario con nomes que pertencen á selección de grandes da literatura galega. Nomes como Agustín Fernández paz na narrativa, Xosé Chao Rego no ensaio, o seu irmao Ramón Chao ou Xulio Xiz no xornalismo, Ramón Villares na Historia, Daría Xoán Cabana ou o grande Xosé maría Chao Ledo na poesía entre moitos outros, ocupan un lugar preferente nas letras do noso país. Pero A Chaira é sobre todo terra de poetas nos que nomes como Manuel María, Xosé María Díaz Castro, Aquilino Iglesia Alvariño, Xesús Rábade Paredes, Caetano Arias, Avelino Díaz e Chao Ledo ocupan tamén un lugar destacado da poesía galega.
Diante de tan brilante historia literaria, poderíamos pensar que na actualidade, a poesía chairega e en concreto a vilalbesa, está a pasar por unha crise creativa, algo que é lóxico pola falta de perspectiva entre a contemporaneidade e a história, pero non é así. a poesía vilalbesa existe e goza dunha grande saúde hoxe en día.
Tres grandes nomes de poetas vilalbeses residen en Madrid, pero manteñen inquebrantábeis lazos coa súa terra, Rafa Yañez Jato membro do grupo Bilbao, grande dinamizador cultural na capital do estado, e impulsor e subdirector da revista Olga de poesía galega en Madrid con numerosas obras publicadas. O poeta nacido nos Vilares de Díaz Castro e criado en San Xoán de Alba, José André López González, André da Ponte da nova Poesía Guitirica NPG, ensaísta, traductor de diferentes línguas e prolífico poeta de estilo clásico e recuperador da lenda do Apalpador para o Nadal galego, ten editados dous fantásticos poemarios varios en formato dixital ademáis da adaptación da obra completa de Chao Ledo ao galego-portugués. e Miguel Barrera, gañador do certame literario vilalbés de 2019 co fermoso poemario Poema da Rúa das Aves e que conta tamén con varias obras editadas tanto individuais como en espazos colectivos. É membro tamén da NPG.
Hai que destacar tamén a novos poetas que sin ser mesmo nados en Vilalba, é indudábel a súa conexión coa vida cultural da vila como , Daniel Irimia Yañez (Cospeito) ou Ana Mar Fraga da saga dos Rábade.
Nomes como o de María Xosé Lamas (NPG), con abundante obra publicada e numerosos premios ou Pilar Maseda (NPG), con só un poemario publicado polo IESCH e que debera ser reeditado, pero con abundante obra en espazos colectivos, o poeta de Xoibán, Martiño Maseda con abundante obra e premios acadados e Emilia Martínez Fuentes (NPG) coa obra Lendas e Versos, son imprescindíbeis da actual poesía vilalbesa.
Pero hai máis a quen poderíamos chamar "novísima" poesía vilalbesa destacada, como Brais Lamela gañador entre outros do Xuventude Crea ou Noelia Cendán Teijeiro e outra da que agardamos grandes obras nun futuro próximo, Luz Airado Bello, tamén na Nova Poesía Guitirica gañadora do IX premio Díaz Jácome de poesía e que tiña gañado sendo moi nova os prémios Trapero pardo ou o Fernández del Riego.
Estes, e seguramente outros nomes que se me quedan no tinteiro, amosan a vitalidade poética vilalbesa, que para si quixera calquera vila galega, tanto pola cantidade como pola calidade dos e das poetas, polo que Vilalba ten que sentir fachenda e poñer en valor este património que mantén viva a chama poética e literaria da Vila de Alba e que non sempre tivo o recoñecemento e apoio institucional que merecen. Foi até agora o Instituto de Estudos Chairegos IESCH o principal mantedor e impulsor de moitas obras de algúns dos autores nomeados, algo fundamental para poder falar da boa saúde poética de Vilalba. Non son só os certames os que manteñen o pulso literario, son os e as creadores/as, que deben ser os verdadeiros protagonistas da vida cultural dun pobo, e Vilalba tenos en abundancia e de calidade. longa vida á poesía vilalbesa.
*Artigo para o suplemento A CHAIRA de El Progreso.
|
|
|
|
#CertameVilariñas2021 PREMIOS |
|
Marga Pazos de Lousame, Jeferson Costa Leite de Brasil e Quique Roxíos son os gañadores da V edición do certame de micro-poesía VILARIÑAS.
O xurado, composto polos membros da Nova Poesia Guitirica NPG resolveu despois dunha dificil análise pola calidade dos poemas presentados.
Foron casi 90 as Vilariñas presentadas de diversos lugares do país, Asturies, Portugal, Brasil e tamén do estado nun certame que se está a facer referencial na poesía galega e que complementa ao Prémio Díaz Castro tamén de Guitiriz.
O Certame Vilariñas nasceu como homenaxe ao poeta do Vilariño Xosé María Díaz Castro, o poeta das cousas pequenas, e inspirouse no seu poema A Espada que fala das herbas pequerrechiñas e o nome de Vilariñas ao seu lugar de procedencia, o Vilariño na parroquia quitiricense dos Vilares.
O prémio é unha peza deseñada pola artista muxián Viki Rivadulla que simboliza a unha muller galega co paxaro da inspitación na cabeza.
O primeiro prémio foi para Mar Pazos, unha moza de Lousame reaidente en Vigo, o segundo prémio correspo de a Jeferson Costa Leite de Alegrete, no sul de Brasil e o terceiro correspondeu ao coñecido poeta de Boal en Asturies Quique Roxíos.
Este ano a diversidade linguística do galego-portugués viuse representada nas Vilariñas, onde as variantes idiomáticas conviven en armonía.
As Vilariñas siguen a viaxar ademáis de polos diferentea rincóns do país nestas cinco edicións, tamén por diferentes lugares do estado e mesmo alén mar, ao sul do planeta.
Si a situación sanitaria o permite, o acto de entrega será o 13 de xuño en Guitiriz conxuntamente co Prémio Díaz Castro de poesía. |
|
|
|
COMENZAN AS COLABORACIÓNS PARA A REVISTA NPG GAZETA N°2 |
|
NPGGAZETA N°2
A revista das Agrupacións Poéticas de Base NPG-GAZETA impulsada pola Nova Poesia Guitirica NPG comenza o prazo de colaboracións para un número que incorpora diversas novidades como entrevistas, as colaboracións poéticas e unha sección de recomendacións á que chamamos "poesía de fresco" na que cada poeta participante recomenda un poemario. Pero a principal novidade é que será editada para a súa venda e distribución en librarías, coa correspondente venda tamén a través de internet en diferentes plataformas.
A revista sairá á luz no mes de xunio e será presentada no I Festival de Poesía Guitirica, previsto so o COVID o permite para os días 12 e 13 do mes de xuño.
Sen dúbida un paso máis na consolidación das agupacións poéticas de base, que forman parte do consello de redacción representando aos seguintes colectivos: In Nave Cívitas colectivo Urbano Lugrís da Coruña, Nómades do Verso colectivo Antón Borrazás da Coruña, Irmandade poético-artística Luso-Galaica de Chantada, Colectivo poético Moraima de Ferrolterra e agrupación poética Versos de Area de Ponteareas, que conxuntamente coa NPG Nova Poesia Guitirica son as responsábles deste proxecto que ten en Moncho Bouzas, Pilar Maseda e Xelo Teijido a comisión executiva da revista.
As bases de participación pódense consultar na web da NPG (www.npggazeta.gal) ou no seguinte enlace:
http://npggazeta.gal/index.php/somos |
|
|
|
UN MACONDO CHAIREGO |
|
 Cando Gabo (Gabriel García Marquez) creou o seu universo nese lugar ao que chamou Macondo, non pensou que de un ámbito tan local chegaría a ser tan universal. Xa o dixo o portugués Miguel Torga, qué o universal é o local sen paredes. Deso algo sabemos nos Vilares por mor do noso poeta, Xosé María Díaz Castro, que dun ámbito rural fixo de Nimbos unha das mellores obras da poesía galega. Os Vilares ten a fortuna de ter dado á literatura galega un dos seus grandes poetas, e sobre él foron tamén moitas as publicacións realizadas, por Segundo Pérez, Armando Requeixo, Alfonso Blanco, Luís Gonzalez Tosar, Xulio Xiz ou Emilio Xosé Insua entre outros. Pero tamén outros poetas seguiron a súa estela e teñen publicado obra de grande calidade como Xosé Antón Cascudo, gañador do prémio GZ Crea co 'Manual do Misántropo', Jaki Sánchez Quintela co seu 'Delta' ou a poeta de Labrada-Os Vilares Luz Campello con 'Do corazón da Terra' e o 'Inventário do prohibido', e con eles unha dúcia de poetas vilareg@s integrados na Nova Poesia Guitirica NPG que participaron en diversas publicacións colectivas e tamén dixitais. Publiacións como 'A escola Habaneira dos Vilares' do veciño do Buriz Segundo Pérez, tamén forma parte desa obra vilarega por dereito própio. Ademáis dos autores que escribiron sobre Díaz Castro e Os Vilares, e tamén os nascidos na parroquia, hai tamén un vilarego nacido en Ferrol pero coas estirpes orixinarias dos Vilares, o xornalista parente do poeta, Man Castro, con diversos libros escritos, e tamén coa máis novidosa, 'Lareira de soños' de Pas Veres, podemos afirmar que Os Vilares é unha das parroquias rurais máis afortunadas do País no aspecto literario, un Macondo chairego. Lareira de soños adentrase na intrahistoria dunha parroquia do rural chairego con vivencias comúns a todo o rural galego, e dá voz a numerosas personaxes sen voz, as xentes anónimas que foron as verdadeiras protagonistas do evoluir dos tempos. Lareira de soños condúcenos a lugares que nos nutren, lugares o de temos as primeiras emocións, sensacións e experiéncias universais únjcas, sitios cos que temos unha conexión emocional profunda e as nosas raíces inalterábles, unha obra literaria que afonda na antropoloxía rural dende varias perspectivas, a xornalistica, a investigadora, o ensaio, a narrativa e mesmo a poesía. Un libro diferente que conxuntamente co documental Entrar aos Vilares de Cibrán Tenreiro que o acompaña en dvd, convirten este traballo nunha cartografía emocional na que todos nos podemos ver e sentir representados. "Historias cotiás dun pequeno mundo da Terra Chá galega, momentos percorridos polas vidas deste pequeno universo chairego, que teñen en común con outras vidas doutros lugares do mundo, as angueiras e as calamidades coas que afirman que a vida é traballo e loita". Cada lugar do noso rural ten mil historias que contar e das que sentir orgullo, e esa recollida de historias conforman a esencia do que somos, só precisan de moitas Pastora Veres que as recollan e as poñan ao noso servizo, como na Lareira de soños dos Vilares, o Macondo de Pas Veres. Benvid@s tod@s á Lareira de soños!!
*Para A Chaira de El Progreso |
|
|
|
PRESENTACIÓN DE 'LAREIRA DE SOÑOS EN GUITIRIZ' |
|
O día 12 de decembro ás 18:00 horas, a Casa Habareira de Guitiriz acollerá a presentación do agardado libro LAREIRA DE SOÑOS, de Pastora Veres.
A publicación é o resultado dun traballo de investigación na parroquia do poeta Díaz Castro iniciado hai 6 anos coincidindo coa dedicatoria das Letras Galegas en 2014 ao poeta dos Vilares. O libro inclúe tamén o DVD co documental Entrar aos Vilares (finalista da #12MICE) realizado por Cibrán Tenreiro. O resultado son máis de 250 páxinas nas que se da un repaso á história recente dunha parroquia chairega, ás experiencias vitais da propia autora e ás historias das súas xentes, persoas anónimas que cobran protagonismo nesta obra. Máis de 170 fotos recollidas polas casas, acompañadas dunha narración en primeira persoa que non deixa indiferente a ninguén nunha linguaxe entre xornalística e poética con un xeito único e persoal de narrar.
Lareira de soños é o resultado dunha encomenda feita polo poeta Manuel María a Pas Veres na I Romaría Labrega da Chaira na inauguración dunha exposición fotográfica que agora vé a luz acompañada de textos e dun traballo audiovisual que fan desta obra unha completa cartografía emocional da parróquia do poeta das cousas pequenas, Xosé María Díaz Castro, grande amigo do poeta de Outeiro de Rei.
Na presentación estarán presentes a alcaldesa de Guitiriz e representantes do resto de patrocinadores deste traballo, a Dirección Xeral de Política da Xunta de Galicia, a Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo e a área de marketing de GADIS, que compartirán mesa coa propia autora, Pas Veres, o autor do limiar, o xornalista de orixes vilaregas Man Castro, a poeta de Guitiriz Luz Campello (curmá da autora), a asesora linguística Socorro Vázquez e o director de Edicións Fervenza, Manuel Núñez, encargados da publicación.
A situación sanitaria limita o aforo, polo que tamén se difundirá en directo o acto polas redes sociais municipais, aínda que tamén se realizarán proximamente máis presentacións na contorna.
A seguinte presentación será en Betanzos o día 19 de decembro ás 19:00 horas na Asociación Lar de Unta.
*En tódalas presentacións respetaranse as medidas sanitarias mantendo as distancias, o aforo permitido, a obrigatoriedade de máscaras, xel e ventilación.
*Nota informativa de prensa.
|
|
|
|
|
|
|
|
|