de Guizán


Caderno Dixital de Antón Tenreiro
Caderno digital de Antón de Guizán .

O meu perfil
antontenreiro@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

ROSALIA VEU PARA QUEDAR
Este mes de febreiro estivo marcado na Terra Chá por numerosas homenaxes a Rosalía de Castro, que promovidas dende entidades culturais e institucións, constituen unha fermosa reivindicación popular da máis universal das nosas escritoras. Entre todas as homenaxes, a máis destacada das iniciativas rosalianas chairegas foi a realizada en Vilalba promovida pola Concellaría de Cultura, o Instituto de Estudos Chairegos IESCHA e a Nova Poesía Guitirica NPG e apoiadas por diversas entidades sociais vilalbesas. As Xornadas Rosalianas nasceron para continuar e con unhas interesantes e variadas propostas, como os poemas pendurados de farolas, a impactante exposición ROSALIANAS de Viki Rivadulla (até finais de marzo), o magnífico relatorio de Anxo Angueira, presidente da fundación da poeta, os concertos cheia de poesia de Corredores de Sombra e Ialma, os monicreques dirixidos a menos e maiores coa Viaxe de Rosalía, o fermoso recital dunha dúcia de poetas chairegas AS ROSALIAS SEMENTAN PENSAMENTOS, o orixinal Caldo de Gloria realizado polo alumnado dos institutos vilalbeses, a leitura do MANIFESTO pola sua autora deste ano, Beatriz Maceda, vilalbesas de paixon e corazón e a inauguración do acolhedor parque que ademais do nome de Rosalía, conta xa co seu monólito, realizado por Pepón Gomez de Bernardo e a figueira traída da Casa de Rosalía e que perpetuarán a sua presenza no corazón da Terra Chá.
Os numerosos actos, de grande calidade todos, estiveron, ademais, cargados de contido, polo seu fondo simbolismo e por afondar no aspecto mais feminista e social da autora de Follas Novas, do seu compromiso cos máis desfavorecidos e a súa reivindicación do empoderamento das mulleres, mulleres como Vanessa Siso, concelleira de cultura de Vilalba, Marisa Barreiro e Sabela Figueira, presidenta e vice-presidenta do IESCHA, Pilar Maseda e Luz Airado da NPG, foron as cabezas e o corazón deste grande traballo que converteu a Vilalba e a Terra Chá no mes de febreiro no centro poético de Galiza e que aspira no futuro a facer destas Xornadas Rosalianas, a referencia ilimitada da intensa riqueza que nos achega dia tras día a nosa poeta nacional, o orgullo de ter como escritora máis representativa de Galiza a unha muller e que instala a Vilalba ao lugar que lle corresponde no Olimpo da literatura galega.
As Xornadas Rosalianas de Vilalba foron organizadas e protagonizadas por mulleres chairegas que convertiron a Rosalía de Castro no seu mes e no seu dia nunha chairega máis, que véu para quedar e aportar, cada ano, novas propostas creativas. A inscrición na escultura do primeiro manifesto feminista do estado, que unha pedra da súa casa de Padrón forme parte do monumento ou que unha filla da súa figueira fora prantada no parque, constitúen unha achega definitiva da alma de Rosalía aos charegos. De aquí en diante estaremos felices ao pasear polo parque de Rosalía de Castro, xa só queda que podíamos, tamén disfrutar algum día de tanta riqueza literaria na Casa da Cultura Manuel Maria, e daquela si, o Manuel, tamén virá para quedar á capital da Terra Chá coa súa idolatrada Rosalía de Castro e nós coa honra de telo conquerido.
Saúde e poesia!!
Categoría: Xeral - Publicado o 01-03-2022 14:14
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0