Caderno Dixital de Antón Tenreiro |
|
Caderno digital de Antón de Guizán . |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
INFESTA MALTRATADA |
|
Coa proposta do goberno local de Betanzos para o PXOM, unha das zonas que saen peor paradas é Infesta, na parroquia de Requián.
Son varias as propostas que acadan unha especial trascendencia xa que plantexan un alto impacto para as previsións de futuro do lugar.
A primeira, un vial que pretende comunicar a rotonda de acceso á autovía en Montellos coa N-VI na Angustia e cuxo trazado é dunha grande agresividade dende o punto de vista medioambiental, paisaxístico e social, partindo Infesta en dous, debido a que non ten accesos en todo o percorrido. Si Infesta xa padeceu a presenza dun 'muro' divisorio coa vía do tren que a atravesa, o novo vial partiría o lugar en tres ao adentrarse na zona alta en lugar de transcurrir paralelo aos polígonos de Piadela I e Piadela II onde non afectaría a casas e fincas colindantes a estas. O vial non aporta máis solucións ás actuais estradas para a mobilidade agás ao tránsito pesado pero afecta a numerosas propiedades, cultivos, vivendas e explotacións de gandeiría además de cortar as drenaxes do terreo e ter un grande impacto visual. Sen entrar na posibilidade de poder levar esta estrada por terreos dos polígonos, a actual proposta non ten sentido.
Outra das novidades é a construcción dunha nova rotonda a cen metros da xa existente de acceso á autovía que é innecesaria e só beneficia á empresa madeireira mentras que pode perxudicar ao tránsito na estrada a Santiago, que cen metros antes ten un 'cuello de botella' na curva enriba da vía do tren. E por último as incongruencias de recalificar miles de metros rústicos a ambas marxes da estrada nos núcleos do Camiño Real e contra a vía do tren para convertimos en Solo Urbano Non Consolidado (SUNC) para a construcción de edificios de baixo, dúas plantas e baixo cuberta nunha zona de asentamento tradicional de vivendas e nas que o coerente sería recalificar a urbano como o resto da zona. A construcción de edificios co aumento poboacional previsto tería saída pola actual estrada sen posibilidade de ampliación que se verá colapsada no momento en que esas futuras vivendas se ocupen. Non se entende tampouco que figuren como urbanas as antigas naves de Coes mentras outras se manteñen como industriais.
En calquera caso, Infesta é unha das grandes prexudicadas neste PXOM, no que os seus habitantes se ven "atracados" coa presión urbanística perde do capacidade de decisión sobre as súas propiedades, con unha máis que previsíbel perda de calidade de vida, contaminada por unha fábrica á que ninguén obriga ao cumprimento da lei e con unha nula previsión de futuro no que atinxe ao saneamento e á mobilidade.
Un PXOM que só pola afección que ten en Infesta non debe saír aprobado independentemente do que teña previsto noutras áreas.
É por isto que @s veciñ@s do lugar nos temos mobilizado co lema de INFESTA NON SE PARTE e seguiremos a facelo mentras todas estas propostas no. Sexan modificadas neste documento elaborado para favorecer intereses particulares de empresas e construtores pasando por riba do ben común e ancla do Betanzos na fracasada política do ladrillo e a especulación. |
|
|
|
|
|