de Guizán


Caderno Dixital de Antón Tenreiro
Caderno digital de Antón de Guizán .

O meu perfil
antontenreiro@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Guitiriz, capital galega da poesía
Decía Xulio Xiz aquel 3 de Outubro de 2015 nos 25 anos do pasamento de Díaz Castro na igrexa dos Vilares, que os políticos non pasarán á historia por poñer máis puntos de Luz ou amañar máis estradas, senón pola súa acción cultural e Guitiriz destaca por ese dinamismo no que o concello xoga un importante papel.
Os días 12 e 13 de xuño Guitiriz convertirase na capital da poesía galega coa celebración do Festival de Poesía Guitirica, aínda que o día 7 comenza o programa coa inauguración da exposición Aquela nena de Sarria adicada a Xela Arias na Casa Habaneira e o día 11, alumnado do instituto percorrerán as rúas da vila con un roteiro poético. Esta iniciativa, impulsada pola Nova Poesía Guitirica NPG e organizada polo concello coa colaboración das diferentes entidades culturais e sociais (hosteleiros, escola de música, UNED Sénior, Xermolos, Lareira de soños e GADIS), encherá o campo da feira dunha densa programación con presentacións de novidades literarias, a revista NPG GAZETA, palestras sobre Carvalho Calero e Xela Arias, boa música, recitais polas rúas, o roteiro de Díaz Castro, e culminará coa entrega dos premios Vilariñas e Díaz Castro de poesía convertindo Guitiriz nunha festa poética arredor da figura do poeta do Vilariño. O Festival de Poesía Guitirica non é un festival calquera, nace dende as agrupacións poéticas de base e coa participación de entidades da sociedade civil, da homenaxe permanente a Díaz Castro da que naceu a Nova Poesía Guitirica e da súa traxectoria e traballo dende aquel 2014 no que adicaron as Letras Galegas ao poeta dos Vilares. Ten vocación de manterse cada ano e facer de Guitiriz na segunda fin de semana de xuño na referencia poética do país, como o son xa o Poemagosto en Allariz, o Festival de Poesía Salvaxe en Ferrol, o Festiletras en Ponteceso, ou o Festival de Poesía do Condado en Salvaterra. O concello da pedra e da auga terá o primeiro festival poético de Lugo e da Terra Chá grazas á implicación do goberno presidido pola alcaldesa Marisol Morandeira que aposta decididamente pola poesía como unha das señas identitarias de Guitiriz. A primeira edición deste festival terá como pregoeiro ao grande persoeiro cultural da Terra Chá, Alfonso Blanco, que tanto leva traballado pola poesía e pola reivindicación da figura de Díaz Castro dende Xermolos e dende o Festival de Pardiñas, esa referencia ineludible para calquera iniciativa cultural de base. Animádevos a disfrutar desta festa a mediados de xuño na comarca máis poética do país, a Terra Chá e na vila do poeta Díaz Castro, pagará a pena. Longa vida ao Festival de Poesía Guitirica!
Categoría: Xeral - Publicado o 01-06-2021 11:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0