de Guizán


Caderno Dixital de Antón Tenreiro
Caderno digital de Antón de Guizán .

O meu perfil
antontenreiro@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

OS FRESCOS DOS VILARES, ABANDOADOS POLA XUNTA
Cumpridos dous anos do acordo da Comisión de Cultura do Parlamento Galego no que se aprobaba iniciar as xestións para a restauración das pinturas murais da igrexa de San Vicenzo dos Vilares en Guitiriz (S.XII), acordo que incluía convocar ás partes (Igrexa, Concello e Deputación de Lugo) desde a Xunta de Galicia para ver o xeito de iniciar o proceso de recuperación destas valiosas pinturas ao fresco do século XVI.
Casi dous anos despois, estamos aínda no punto de partida. Hai unhas semanas nunha reunión coa Alcaldesa de Guitiriz, esta seguía sin ter noticias ao respecto. O mesmo acontece coa diócese de Mondoñedo Ferrol e coa Deputación de Lugo.
O texto do acordo foi o que sigue:

?O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:



1. Avaliar o estudo técnico en proceso de elaboración unha vez rematado, para estudar tanto o estado de conservación dos frescos situados nas igrexas parroquiais dos Vilares e Labrada (Guitiriz) e as medidas a adoptar para frear o seu deterioro e garantir a súa conservación.

2. Abrir un espazo de diálogo co Arzobispado, o Concello de Guitiriz e a Deputación de Lugo para acometer as actuacións de consolidación e restauración que sexan precisas.?



Nestes 26 meses, os frescos dos Vilares pasaron a formar parte da listaxe da vergoña, a LISTA ROJA DEL PATRIMONIO do estado dos bens patrimoniais con alto risco de desaparición. Así nos foi comunicado polo comité científico da Asociación Hispania Nostra, responsábel da avaliación do estado do património no estado:

Estimado Sr. Tenreiro (Presidente de la Asociación Socio-Cultural Lareira de soños):
Desde el equipo de Lista Roja del Patrimonio de la Asociación Hispania Nostra nos ponemos de nuevo en contacto con usted para comunicarle que tras estudiar la información que nos ha suministrado sobre los Frescos de la Iglesia de Os Vilares, el Comité Científico ha comprobado que, dadas sus relevantes características, este caso cumple los requisitos necesarios para ser incluido en la Lista Roja del Patrimonio. Puede consultar la ficha del bien en la web de Lista Roja.

Agradeciendo de nuevo su colaboración y animándole a que mantenga su interés e implicación en la conservación de nuestro Patrimonio Cultural, se despide de usted y le envía un cordial saludo,

El equipo de Lista Roja del Patrimonio.

Os frescos, descubertos nunhas obras de mellora da igrexa en 1991 sendo párroco o actual deán da catedral de Compostela Segundo Pérez, levan 27 anos sen ningún tipo de actuación para a súa protección, co paulatino deterioro polas humidades, o paso do tempo, os rozamentos dos bancos da igrexa etc...
O profesor Monterroso Montero realizou un exaustivo estudo en 1992 publicado no n°8 dos cadernos de eatudos mindonienses que sirveu de base para posteriores investigacións destas obras de arte por parte de historiadores e restauradores. Da autoría dos Mestres de Parga e de Nogueira, os catro murais da nave máis antiga da igrexa representan paisaxes, a imposición da casulla de San Ildefonso (temática única en Galiza), o enterro co conde Orgaz e o Cristo Matamouros. Un conxunto pictórico único e de alta calidade artística segundo os expertos.
A pouco máis dun ano dos grandes dispendios en gastos do Xacobeo 2021 (o Camiño tamén pasa por Guitiriz), é lamentabel o pasotismo da Xunta de Galicia, que despois de cinco anos de reclamacións da Asociación Socio-Cultural Lareira de soños dos Vilares con reunións, redacción de anteproxecto, edición de dípticos e spot audiovisual, xornadas nun mestrado da UDC (Facultade de Humanidades), paneis na igrexa, reclamacióna através dunha convocatoria poética, artigos e iniciativas no Parlamento Galego, Valedor do Pobo e estudos de profesionais ou visitas de diferentes políticos, un património desta importancia siga camiño da desaparición definitiva diante do silencio cómplice das administracións, principalmente da Xunta de Galicia e da súa Dirección Xeral de Património.
Os frescos dos Vilares, de estilo gótico hispano-flamenco, son dos máis importantes da Terra Chá e teñen elementos únicos dentro desta clase de obras en toda Galicia cuxa recuperación pode ser ademáis da salvación dun ben cultural de alto valor, un valor engadido para o rural chairego e un plus na atracción de visitantes na zona que complemente os numerosos atractivos naturais, etnográficos e patrimoniais existentes para sumar na creación de activos económicos e de emprego vinculados ao sector turístico, cultural e de servizos.
O lamentábel deterioro e degradación das pinturas a pesares da insistencia e informacións elaboradas desde a Lareira de soños alertando do estado dos frescos non ten motivado a sensibilidade de Património da Xunta, máis interesado por priorizar reatauracións en elementos menos importantes en función da cor política ou da repercusión mediática que fundamentar as actuacións por valoracións obxetivas de necesidade, urxencia e valor real do elemento patrimonial nunha posición absolutamente clientelar e de desprezo ao patrimonio do noso rural co silencio colaborativo dos anteriores gobernos do Concello e da Deputación de Lugo, así como o pasotismo da Igrexa, actitudes que a nova Alcaldesa de Guitiriz Marisol Morandeira e a area de cultura e Patrimonio da Deputación Provincial de Lugo se comprometeron mudar e que agardamos nos vindeiros días acadar tamén a vontade da diócese para poder deste xeito poder levar a bó fin tan importante actuación e recuperar para o conxunto do pobo unha parte tan importante do noso pasado.

A irresponsabilidade do goberno da Xunta está a provocar que un ben patrimonial de incalculábel valor vaia camiño dunha desaparició sen retorno posíbel.

Desde a Asociación Lareira de soños seguiremos a insistir na importancia desta necesária e cada día máis urxente actuación creando sinerxias e demandando ás administracións que se poñan a traballar para salvar definitivamente as pinturas, pois son os FRESCOS DOS VILARES/V SÉCULOS DE NÓS. Salvemos os Frescos dos Vilares!!

Categoría: Xeral - Publicado o 03-03-2020 08:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0