de Guizán


Caderno Dixital de Antón Tenreiro
Caderno digital de Antón de Guizán .

O meu perfil
antontenreiro@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

SAMEDE, O ENTROIDO DO NORTE
Pasado o Martes de Entroido, na nosa comarca aínda esta celebración pagana aínda ten a súa cita máis importante o domingo día 1 de marzo nun pequeno lugar da parroquia de San Xulián de Vigo, no concello de Paderne. Alí, foron quen de recuperar un entroido ancestral desaparecido aló polos anos 60 do pasado século e poñer en valor esta recuperación tamén a través dunha publicación da inqueda loitadora Emi Cagiao, principal impulsora deste movimento capaz de revolucionar non só este pequeno lugar senón tamén de levar esta manifestación patrimonial por todo o estado e mesmo a algún país europeo. Cando falamos de entroidos tradicionaias sempre recurrimos a exemplos localizados na provincia de Ourense, aínda que nos últimos anos se teñen sumado algúns moi importantes da provincia de Lugo como é o caso do Moredo en Chantada. Samede é unha feliz nova da que aínda non se teñen dado por aludidas algunhas institucións como os concellos de Paderne ou Betanzos cando o seu valor está a ser recoñecido mesmo polo Museo do Pobo Galego, que lles ten adicado unha xornada nos pasados días. Son como sempre, entidades veciñais e culturais ou algún centro de ensino as que apoian e saúdan este importante fito do noso patrimonio inmaterial, coa organización de diversas actividades nas que SAMEDE é protagonista nesta época do ano. O valor antropolóxico e histórico, o potencial identitario e mesmo turístico é ignorado polas institucións da comarca e ten que ser a sociedade civil a través da veciñanza de Samede, amig@s e mesmo a implicación d@s máis vell@s que viviron os últimos tempos daquel anttoido quenes dean leccións de amor pola nosa tradición popular.
Traxes, máscaras, costumes e mesmo danzas únicas como a muíñeira cruzada, son aportacións que van máis aló da festa, adéntran-se na investigación do noso pasado e polo tanto de onde vimos e do que somos. Samede é neste intre a referéncia doa antepidos tradicionais galegos do norte. A súa recuperación trascende o ámbito local e debe ser entendido (e atendido) como un antroido da tradición popular comarcal pero tamén dentro dos diversos e ricos anteoidos do país, de todos.
O próximo domingo, día 1 de marzo, temos unha cita en Samede para apoiar e disfrutar do Entroido de Samede xa que a Asociación creada para este importante Entroido ten un amplo programa para amosar o seu traballo nunha agradábel xornada festiva. Alí estaremos!!
Categoría: Xeral - Publicado o 26-02-2020 09:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0