de Guizán


Caderno Dixital de Antón Tenreiro
Caderno digital de Antón de Guizán .

O meu perfil
antontenreiro@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

OS CANEIROS DO NORTE
Mesón Parrillada Os CaneirosInfesta de Betanzos, coñecida tamén como O Norte pola situación da "estación do norte" do ferrocarril, viveu tempos mellores nos que arredor da actividade ferroviaria, o lugar fervía de vida. O tren empregaba xente e asentaba poboación, negócios e vivendas. Co declive da estación, con apenas frecuéncias e cada día menos actividade, os negócios foron pechando, moitas vivendas quedaron baleiras e os poboadores foron envellecendo. A opulencia de tempos pasados foi mudando a unha imaxe que ben podería lembrar un filme americano da depresión. Até a actividade fabril que queda é de dúas industrias contaminantes (a madeireira HB e a peste do Matadoiro de Montellos). O esquecemento institucional contribúe tamén á sensación de mera supervivencia dun lugar noutrora cheo de vida. É por iso que calquera nova empresa, calquera nova actividade social, supoña un importante feito no lugar, máis aínda si de xente nova se trata.
Hai poucos días, un novo negócio abría as súas portas no Camiño Real de Infesta con un nome que forma parte da história máis popular de Betanzos, OS CANEIROS. Nerea e Jesús, dous rapaces novos, abordan con valentía e ilusión un proxecto que vai máis aló dun mesón, porque ademáis de ofrecer unha variada carta de productos (todos do país), menús do día, parrillada e a súa simpatía e agarimo, o seu negócio supón tamén unha inxección de ar fresco e lugar de relación social no corazón da parróquia, nun ambiente familiar.
Coa experimentada Toñi nos fogóns da cociña, as potaxes teñen a garantía do sabor do xantar feito a lume lento, como antes, e a chimeneia do comedor no inverno ou a terraza no verán, axudarán a ter unha estancia cálida en calquera época do ano. Os que aquí vivimos agradecemos esta apertura e convidamos á xente de fóra a visitarnos, no Camiño Real de Infesta, a carón da estación do Norte. Os Caneiros do Norte son a nosa romaría particular. Longa vida e éxito para eles porque si lles vai ben, será bó para O Norte.
Categoría: Xeral - Publicado o 16-02-2020 11:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0