Caderno Dixital de Antón Tenreiro |
|
Caderno digital de Antón de Guizán . |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
SARA VERES, MARICA CAMPO E TRES VILARIÑAS |
|
 Entre os moitos prémios e recoñecementos da Terra Chá, os criados nos Vilares están a consolidarse cada ano, un deles con seis edicións e outro xa no seu terceiro ano. Son os prémios da VI edición Trapeira de Honra e da III edición do Certame Vilariñas de micro poesía o vindeiro 19 de Outubro ás 19:00 na Casa Habaneira de Guitiriz convocados pola Asociación Socio-Cultural Lareira de soños e polo grupo poético NPG Nova Poesia Guitirica. O prémio Trapeira de Honra corresponde este ano á emprendedora Sara Veres Vazquez 'Sara das Reixas'. Nas edicións anteriores foron recoñecidXs José María Díaz Castro (póstumo), Romaría Labrega da Chaira, o músico José Díaz 'Pepe de Cristos', á Labrega Asunción Lobeiras 'Asunción dos Ares' e ao emigrante en Euskadi e activista cultural Raúl Río.
Na III edición do Certame Vilariñas corresponde o primeiro prémio á viguesa con orixes en Begonte Beatriz Coira Ríos, o 2° prémio ao berciano Manuel González Prieto e o 3° prémio á arousana Ana García Rivas que se farán coa fermosa figura deseñada pola artista Viki Rivadulla, pezas únicas feitas a man que conforman a imaxe deste concurso cada día máis popular.
Así como no 2018 homenaxeamos a Alfonso Blanco Torrado, na edición 2019 honraremos á escritora, mestra e poeta Marica Campo, orixinaria do Incio e con fondas vinculacións a Guitiriz e á Terra Chá. O agasallo de Marica foi deseñado pola poeta de Labrada Branca Villar. Neste acto, no que se xuntarán por primeira vez estes tres recoñecementos, contaremos con importantes participacións poéticas e musicais e será aberto ao público.Pastora Veres, Luz Campello, Anxela Gracián e o acompañamento poético-musical de Corredores de Sombra intervirán neste acto conducido polo presidente da Lareira de soños, Antón de Guizán e pola poeta vilalbesa María Xosé Lamas. O acto estará presidido pola alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, que fará entrega do prémio Trapeira de Honra a Sara Veres que será obsequiada tamén con un retrato da artista Isabel Pardo. Ambos prémios foron inspirados en José María Díaz Castro, o poeta das cousas pequenas, nos que se valoran a xentes anónimas do rural e ás poesías pequenas á marxe de recoñecementos institucionais e fóra dos grandes focos mediáticos. Tod@s, Sara, Beatriz, Manuel, Ana e Marica son merecentes desta honra e do fermoso acto que teñen preparado @s dos Vilares. Haberá que estar...
|
|
|
|
|
|