de Guizán


Caderno Dixital de Antón Tenreiro
Caderno digital de Antón de Guizán .

O meu perfil
antontenreiro@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A #npgGaZeta patrocina unha carrilana de Esteiro
Quen dixo que as carreiras de carrilanas están reñidas coa poesía? Aquí tedes a demostración de que a poesía colle en calquera tempo, lugar e actividade:

A Escuderia OS AMIJOS, participante oficial na XXXII BAIXADA DE CARRILANAS DE ESTEIRO, asina un acordo de patrocinio coa NPGGAZETA.GAL (Revista de Agrupacións Poéticas de Base).

A Escudería OS AMIJOS asume o compromiso de promocionar na BAIXADA DE CARRILANAS a poesía e lingua galegas.

A organización das carrilanas, articulada arredor da Asociación Deportiva e Cultural Esteirana de Carrilanas, só permite a propulsión das carrilanas mediante enerxías renovábeis.

Así a NPGGAZETA.GAL asume o compromiso de garantir o suministro de enerxía poética para a consecución dos obxectivos da Escuderia OS AMIJOS, que non son outros que conquistar a chegada a meta en perfecto estado tanto da carrilana como de piloto e copiloto e continuar ao remate da carreira, en plenitude, a festa dos días previos.

A escuderia OS AMIJOS e a NPGGAZETA.GAL manifestan conxuntamente a satisfacción polo acordo acadado, actuando como facilitadora a Asociación Cultural Os Vilares, Lareira de soños.

Medre a poesía¡¡

Viva a XXXII ¡¡

En Os Vilares e Esteiro, mércores 17 de Xullo de 2019.
Categoría: Xeral - Publicado o 18-07-2019 20:07
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0