de Guizán


Caderno Dixital de Antón Tenreiro
Caderno digital de Antón de Guizán .

O meu perfil
antontenreiro@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

OS FRESCOS DOS VILARES, TAMÉN AO VALEDOR DO POBO
A Asociación Socio-Cultural Lareira de soños dos Vilares presentou hoxe unha queixa na oficina do Valedor do Pobo de Galicia ante o desamparo das administracións local, provincial e autonómica para a restauración dos frescos renacentistas dos Vilares (S.XVI) aprobada pola Comisión Cuarta do Parlamento Galego en xaneiro deste ano, cuxo acordo foi incumplen tanto no referido á posta en acordo das administracións coa igrexa e tamén na dotación económica para acometer estas pinturas murais de grande valor patrimonial en sério risco de desaparición.
Xunto coa queixa, adxuntamos documentación informativa como o proxecto orixinal da restauración e o estudo do profesor Monterroso Montero realizado con motivo da aparición dos frescos en 1992 sendo párroco dos Vilares o actual deán da Catedral de Compostela, Segundo López.
Despois de vários anos de reunións, documentos, visitas e iniciativas parlamentares sen froito, a Lareira de soños prepara unha campaña para despois do verán que inclúe accións informativas, crowdfunding, xornadas e documental entre outras propostas tendentes a salvar esta xoia, obra atribuída ao afamado Mestre de Parga que cada ano padece unha degradación que precisa dunha actuación urxente.
Asimesmo, solicitamos unha entrevista personal na oficina do Valedor para informar de primeira man sobre a situación desta importante obra de arte relixioso nunha igrexa con orixes no século XII, e con unha histórica Romería dos Desamparados con milleiros de asistentes.
Ademáis das pinturas, a Igrexa de San Vicenzo dos Vilares conta con tres importantes retábulos neoclásicos e un barroco, un sartego, un cruceiro, dúas pías bautismais e un espectacular calvário.
Categoría: Xeral - Publicado o 04-07-2018 19:19
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal