de Guizán


Caderno Dixital de Antón Tenreiro
Caderno digital de Antón de Guizán .

O meu perfil
antontenreiro@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A LAREIRA PREPARA CAMPAÑA PARA SALVAR OS FRESCOS DOS VILARES
A LAREIRA DE SOÑOS PREPARA UNHA INTENSA CAMPAÑA PARA IMPEDIR A PERDA DOS FRESCOS DOS VILARES (S.XVI)

Despois de ter constatado ao longo de catro anos o pouco interés das administracións por salvar os frescos renacentistas dos Vilares (S.XVI), co silencio da Deputación Provincial despois de ter apresentado proxecto, recibido visitas de deputados o absentismo do Concello, que lonxe de liderar esta reivindicación, mantense ausente e sumiso co governo socialista provincial, a Xunta, que despois de terse aprobado na Comisión de Cultura do Parlamento Galego a restauración das pinturas do Mestre de Parga, non se tem posto en contacto co resto de organismos nin ten habilitado os fondos, e a igrexa que non Ten solicitado formalmente a Património está restauración, vémonos na obriga de tomar medidas pola nosa conta.
É por isto que no mes de setembro iniciaremos unha campaña con diversas accións:

1- Crowdfunding ou recadación (comunal) para abordar polo menos a consolidación e protección das pinturas e frenar a súa degradación.

2- Reparto do estudo dos frescos do profesores Monterroso Montero no Caderno de Estudos Mindonienses de 1992 entre os feligreses e veciños dos Vilares para sensibilizar sobre a importancia das pinturas.

3-Documental para campaña audiovisual da campaña e difusión desta importante obra.

4- Xornadas con diferentes profesionáis (historiadores, restauradores, arqueólogos e especialistas) para chamar a atención sobre a importância dos frescos.

5-Iniciativas En distintos foros e organismos relacionados coa cultura e o património.

Frescos únicos na Igrexa dos Vilares

Estamos diante dun serio perigo de desaparición definitiva dos frescos dos Vilares pola falta de sensibilidade das administracións a pesares de levar catro anos petando en tódalas portas e advertindo da degradación das pinturas murais, unha xoia da iconografia relixiosa da Terra Chá.

Mesmo coa aprobación na Comisión de Cultura do Parlamento Galego, non se teñen habilitado fondos nin posto de acordo as diferentes administracións para evitar o posíbel desastre patrimonial que ten sobrevivido cinco séculos e vai camiño de ser destruído en só 25 anos.

Estes elementos pictóricos fóronse conservando pola costume profiláctica desde o século XVI de calear as paredes para evitar a proliferación de pestes e enfermidades.

Datan, segundo un estudo de Juan M. Monterroso Montero, do Século XVI, probablemente de 1530 a 1540 na que coinciden tamén cos da igrexa de San Estevo de Parga e probablemente o autor, polas coincidencias iconográficas das pinturas, da autoría do Mestre de Parga, moi coñecido na época.

Os frescos sitúanse á dereita e á esquerda. Así na parede da esquerda á entrada representan tres escenas; a lamentación de Cristo Morto, a imposición da casulla a San Ildefonso e Santiago Matamouros. Os da parede á dereita da entrada representan ornamentos xeométricos e fragmento de escenas de paisaxe.

Deixamosvos aquí este estudo do profesor Monterroso para sensibilizar sobre este tesouro vilarego que devemos defender como respeito da nosa própria história e a dos nossos antepassados.

Nos próximos meses iniciaremos unha campaña para acadar a recuperación definitiva destas pinturas, unha xoia renacentista única e que foi testemuña do nacemento e despedida de milleiros de vilaregos e tamén visionada por milleiros de visitantes á Romaría dos Desamparados na busca de cura aos seus males.

Aguardemos que a Virxe e San Vicenzo axuden a preservar as paredes do seu templo e que vilaregos e vilaregas así como todos aqueles Chairegos sensíveis co nóso património os apoien nesa labor.
Categoría: Xeral - Publicado o 28-06-2018 16:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal