de Guizán


Caderno Dixital de Antón Tenreiro
Caderno digital de Antón de Guizán .

O meu perfil
antontenreiro@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

As administracións abandonam os frescos dos Vilares
A Asociación Socio-Cultural Lareira de soños crítica o nulo interés das administracións na restauración das pinturas murais da igrexa dos Vilares (s. XVI) despois medio ano de terse aprobado a restauración na Comisión de Cultura do Parlamento Galego coa votos favorabeis de PP, BNG, A MAREA e a abstención do PSOE.
Médio ano despois non se tem dotado de previsión orzamentaria esta execución, non teñen tomado contacto entre as partes (Xunta, Deputación, Concello e Igrexa) tal e como acordara a Comisión de Cultura e só os técnicos de Património e os autores do proxecto teñen cumprido coas súas obrigas.
A Lareira de soños tense posto en contacto con Património e instado á diócese de Mondoñedo-Ferrol (titular da igrexa) a solicitar a intervención urxentes devido ao alto grado de deterioro dos frescos renacentistas dos Vilares.
O baixo interés das diferentes administracións á hora de recuperar está xoia de arte relixiosa da autoria do Mestre de Parga agranda aínda máis o perigo de desaparición definitiva dos murais, que con unha actuación relativamente barata, tería nuns meses recuperado o seu explendor.
A Asociación volverá a insistir na situación dos frescos e na necesidade de acometer actuacións inmediatas, para o cal só é preciso dotalo de dotación económica, pois hai proxecto adaptado ás esixencias da Dirección Xeral de Património, hai permiso da diócese e se teñen realizado as revisións técnicas in situ dos frescos.
Despois de catro anos reclamando nas distintas institucións a atención a está xoia do património relixioso chairego a degradación das pinturas fai que entren na UCI do património sen ningún Tipo de coidado nin interese pór salvalos nun preocupante pasotismo administrativo.
A Igrexa na que foi batizado o poeta Diaz Castro, coa orixe no século XII, un calvário que leva tamén médio ano con un cruceiro partido e que contén un sartego único e vários retábulos de grande valor, lugar de milleiros de romeiros na Romaría dos Desamparados, padece o abandono político dos diferentes governos e responsábeis que levam anos facendo ouvidos xordos ás voces de alarma de veciños e profesionáis.
Categoría: Xeral - Publicado o 20-06-2018 20:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal