de Guizán


Caderno Dixital de Antón Tenreiro
Caderno digital de Antón de Guizán .

O meu perfil
antontenreiro@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Tese do director de Entrar aos Vilares
Cibrán TenreiroCibrán Tenreiro, director do documentário Entrar aos Vilares (#Entraraosvilares), músico nos grupos ESPOSA, MONSTRUO e ocasionalmente ATAQUE ESCAMPE, xornalista, colaborador en várias publicacións especializadas de cinema, directivo do Cine Clube Compostela e traballador de comunicación dos mais coñecidos festivais de cinema galegos, dará leitura á súa tese de doutoramento o vindeiro luns 11 de xuño na faculdade de xornalismo da USC.
Gañador do primeiro prémio María Luz Morales de ensaio da Académia Galega do Audiovisual, a súa tese, dirixida pola académica chairega Margarita Ledo Andión trata de "Un cinema do fan. Os fans e as gravacións amadoras nos modos de representación da música en directo". Con família orixinária da parróquia chairega de Lanzós, Cibrán Tenreiro, nado en 1990 está graduado em comunicación audiovisual pola facultades de xornalismo da USC e é master de comunicación audiovisual para universidade Pompeu Fabra de Barcelona.
Categoría: Xeral - Publicado o 03-06-2018 09:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal