de Guizán


Caderno Dixital de Antón Tenreiro
Caderno digital de Antón de Guizán .

O meu perfil
antontenreiro@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

PERIGO, ENTRA VOSTEDE NO RURAL
Perigo, circula vostede polo rural. Vamos camiño de que se nos advirta con algunha sinalética vertical desa realidade, sae máis económico que melhorar a rede viária nas nosas aldeas. Nos últimos anos comenza a ser unha triste realidade o aumento de accidentes mortais ou de extrema gravidade nosos viais do rural. Circular por exemplo, pola estrada que vai de Drada a Labrada lembra máis unha paisaxe de guerra co firme bombardeado que un vial comarcal. Ben lembramos tamén as misas do crego de Momán polas fochancas na estrada de Xermade. O certo é que as heróicas explotacións que resisten no nóso rural poden ter cen vacas ou máis e o pienso xa non se transporta en sacos nunha furgoneta, os vellos tratores traídos de Castela foron sustituidos por maquinaria agrícola de grandes dimensións e a recollida do leite pasou dos bidóns a grandes camións cisterna. Os nosos montes, cheos de eucaliptos, soportan tamén maquinarias e transporte de grande porte que ademáis de deteriorar o firme ocupan grande parte do ancho das pistas e estradas. O que non medrou foron as 'carreteras', son as mesmas e en peores condicións. Cos núcleos diseminados as casas contan con vários veículos, o control da mobilidade é mínimo ou casi inexistente, a sinalética deficiente e en moitos casos tapada polas silveiras, factores todos, que sumados a unha rede viária rural en pésimo estado de conservación e sin apenas melloras na anchura, mínima seguridade e casi nula eliminación de puntos negros, fai lóxico que aumente a siniestralidade sin que as administracións fagan pouco máis que parchear ou botar grava (algo que ainda aumenta os riscos). Por non falar do aumento de bicicletas, cabalos, quacks ou deportistas a pé ou viandantes con sérios riscos para a súa integridade nas actuais condicións. As estradas do nóso rural siguen co trazado orixinário e en moitos casos nun lamentábel estado de conservación, e o peor é que a actual situación conleva en moitos casos consecuencias que provocan accidentes graves. Como é posíbel que en estradas como a que vai de Guitiriz a Momán polos Vilares, sen arcén, mal firme, sen iluminación en núcleos ao pé da estrada, mala ou inexistente sinalización horizontal e chea de fochancas non Tráfico, nin o Concello nin a Deputación teñan ainda controlado o exceso de velocidade habitual dos veículos? Haberá que agardar por un tráxico accidente? E así en moitas outras estradas chairegas nas que circular a diário se ten convertido nun factor de risco engadido e noutra evidente mostra do abandono do nóso rural, que non se ten adaptado á realidade na melhora das comunicacións no aspecto agricola e gandeiro nin no factor humano. Moitas das estradas creadas no seu momento coa colaboración dos veciños, siguen a ser médio século despois as principais vias de comunicación do nóso rural. As melloras da rede viária non deben depender de votos nin clientelismo político senón de sérios estudos de necesidades, de planos rigorosos feitos de necessidades urxentes combinados con planificación a futuro e combinados entre administracións, onde as vidas humanas esteñan por diante do interese propagandístico ou a foto política de turno. Mentras, circular polo rural chairego, seguirá a ser unha aventura, unha práctica de risco.
Categoría: Xeral - Publicado o 03-06-2018 08:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal