Caderno Dixital de Antón Tenreiro |
|
Caderno digital de Antón de Guizán . |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
CORAZÓN DE CANTERÍA |
|
É moita a xente que relaciona a parroquia dos Vilares co seu veciño
máis importante, o poeta Xosé María Díaz Castro ou pola tradición do
oficio dos trapeiros e trapeiras, pero son menos as persoas que
relacionan á segunda parróquia de Guitiriz con outro dos seus oficios
máis representativos, o de canteiro. Aínda que o concello ten creado
hai pouco tempo o roteiro da pedra e Díaz Castro que relaciona estes
importantes simbolos, o certo é que pouco se ten escrito deste feito a
pesares de ser as penas unha parte fundamental da paisaxe vilarega,
como corazóns que saen do corpo da terra. A mítica Pena de Roldán é a
máis coñecida entre centos e que forma parte das lendas da Galicia
Encantada de Antonio Reigosa.
Raúl Río xuntou a pedra e a poesía de Díaz Castro esculpindo o busto
do poeta nas Reixas
e gravando a cincel as figuras de Castelao e do demo na Pena da Grallas.
Genaro Pérez e Yasmina Seijas contan no seu libro sobre as pegadasda
cultura e a natureza en Guitiriz que entre os anos 40 e 60 do pasado
século, Os Vilares contaba con 50 dos 92 canteiros de todo o concello
e 10 de 26 carreteiros mentras que Parga apenas contaba con sete a
pesares de ter unha sona debida a que ate mediados dos 40 era capital
do concello e posiblemente tamén ás canteiras de granito alí
existentes. Estas cifras dan unha idea real da importancia deste
oficio non só na parróquia senón no conxunto da comarca, pois o seu
traballo trascendía fóra dos limites dos Vilares. Na memória quedan
aínda grandes canteiros vilaregos como FranciscoPrieto Miragaya, da
casa de Soprón, Manuel de Reburdiños, Xosé Pena, Eustaquio de Castro
(autor das caliveras do vello camposanto), Alvaro de Drada, Pepe de
Novás, Emilio da Tolda, e máis recentemente Luis de Farruquete ou o
coñecido Xavier Quijada, orixinario doutra terra chairega de
canteiros, Donalbai de Begonte. Algúns dos máis vellos, traballaron tamén nos cobertizos da desaparecida Feira do Sete.o pedra de Guitiriz está presente no
mosteiro de Sobrado, no panteón dos Andrade, no Centro Galego da
Habana ou no edificio do Banco de España da Coruña. Tamén o xenial
Gaudí contou con granito (e canteiros) do lugar para moitos elementos
da monumental Sagrada Familia en Barcelona.
Foron tamén canteiros dos Vilares con pedra da Pena do monte do Viso,
entre eles gregório, avó de Raúl de Río (trapeiro de Honra 2018) os
que construiron a súa obra social e educativa máis importante para os
veciños, a escola Habaneira da Conchada coa iniciativa e aportación
económica dos emigrantes en Cuba e que con 95 anos de existencia
conserva aínda en bó estado a súa estructura. Mudaron os tempos e os
oficios, as novas tecnoloxís sustituiron ás vellas ferramentas e os
novos materiais de construcción incorporaronse á vida diaria, máis a
arte e o oficio pervive aínda en algúns deses homes rexos como o
granito da pena das Aparracelas, un espíritu daqueles
canteiros-artistas que está a ser protexido pola Asociación Cultural
Xermolos nos talleres e inicitivas que desenvolve para que o noso
pasado siga a ser a columna de pedra que sostente o noso futuro.
Esculturas, cruceiros, palleiras, pozos, casas, muíños, pontes,
lavadoiros, capelas, igrexas, etc, son hoxe testemuñas silenciosas do
bó facer destes artistas da pedra na súa parróquia, porque Os Vilares
ten corazón de cantería...
|
|
|
|
|
|