Caderno Dixital de Antón Tenreiro |
|
Caderno digital de Antón de Guizán . |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A VOLTAS COA CASA DA XENTE |
|
Volve aí o 17 de Maio, Día das Letras Galegas, adicada este ano a María Victória Moreno. Pasaron xa catro anos desde aquel 2014 adicado ao nóso poeta, Xosé María Díaz Castro, cuxo legado é o máis importante que lle ten acontecido ao concello de Guitiriz nos últimos tempos da súa história. Pasou aquel día e lonxe de ser esquecido, Diaz Castro foi e sigue a ser motor de numerosas e variadas iniciativas, algunhas promovidas pola comunidade educativa, outras institucionais e outras asociativas. Colexio, Instituto, Concello, a Lareira de soños dos Vilares coa NPG Nova Poesía Guitirica e sobre todo Xermolos, manteñen a obra e a memória de Diaz Castro viva e actual. Dito esto, hai aínda eivas que subsanar e cuxa solución pasa (como a maior parte das veces) pola vontade política das institucións: A casa de Díaz Castro no Vilariño, A Casa da Xente, cedida polo poeta a XERMOLOS, e que representa para unha entidade sen animo de lucro, un verdadeiro problema restaurala e poñela en valor para a xente sen axuda institucional. Cando digo vontade política, esta evidénciase co arreglo dunha palleira privada fronte á casa do poeta con 50.000? para aula de interpretación sobre Díaz Castro con fondos públicos provinciais mentras a casa matriz vai camiño dunha irreparábel ruína.
Cando digo vontade política falo de roteiros sufragados con fondos públicos mentras a casa adoece dos mínimos fondos para parar o seu deterioro. O património etnográfico, arqueolóxico, relixioso, material e inmaterial esmorece no rural. A vontade política está na palleira, roteiros e monolitos de pedra coas respectivas placas institucionais, que seguramente reportan votos, pero como dixo Xulio Xiz nunha homenaxe a Díaz Castro na igrexa dos Vilares, asfaltar estradas ou tapar fochancas non lles fará pasar á história, senón que será o seu traballo pola língua, a cultura e o património do seu pobo e na recuperación da Casa da Xente, nin siqueira se pode decir que comenzaran a casa polo tellado, comenzaron... pola palleira dun viciño.
*Artigo para o suplemento A Chaira de El Progreso |
|
|
|
|
|