de Guizán


Caderno Dixital de Antón Tenreiro
Caderno digital de Antón de Guizán .

O meu perfil
antontenreiro@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Presentación do acto do Trapeiro de Honra 2018
A Asociación Socio-Cultural Lareira de soños pretende con está iniciativa do Prémio Trapeir@ de Honra poñer en valor as cousas pequenas, ás persoas da nossa parróquia que coa súa humildade teñen o verdadeiro valor de tirar da vida para diante e darlle inmensidade á nosa existencia.
Raúl Río, o veciño dos Vilares que escollimos para o prémio deste ano 2018 representa á xente do rural que tivo que colleria o camiño da emigración e que levou sempre consigo a parróquia e o país. De Raúl xá van falar os seus amigos que están hoxe convidados a este acto e que mellor que ninguén podem presentar os a este vilarego neto da tía Felipa das Mourelas, muller que acusou a nascer a moita xente da parróquia e da contorna e neto tamén de Gregório do Perímetro, canteiro de Novás que arrancou as pedras do Monte do Viso para erguer a escola habaneira da Conchada nos Vilares.

"Cando me vaia do Cando
Hei levar unha emisora
Que alívio terei moito máis tempo
Pra falar coa família toda".

A autora desta copla, Josefa Cabado López, A Requecha do Cando, foise o sábado pasado do Cando e deixamos o seu recordo dunha troveira que espállanse a literatura oral polo país. Josefa, por parte materna era vilarega, a súa nai Dolores era irmá de Xosé, o xastre da Ponte e de Pedro Patricio o farrapeiro máis popular da parróquia. Era a curmá do canteiro Gregório do Peruleiro de Novás, avó materno de Raúl Río.
Deixou os Josefa moitas coplas para os dos Vilares, unha delas moi acaidas ao prémio:

OS TRAPEIROS
A parróquia dos Vilares
É a parróquia dos trapeiros
Todos andan coa romana,
Gañanche moitos diñeiros
-Vendame os trapis, señor,
Téñolle boa romana;
Eille pagar ben o kilo,
Si me vende boa lana.
O Vello púxose os lentes,
Por saber se tiña o kilo.
Él pesou polo Trapeiro,
Quedou o Vello fodido.

"Chebenchevichedoschedé chea chequinchetachedé cheechedicheconchedé chedo chetochepeicherichedé chedá chehoncherachedé"

Bem vindos á V edición do Trapeiro de Honra nos Vilares no idioma Chedé que inventou Josefa Cabado e que falava coas follas e netas.


Pastora Veres.
Categoría: Xeral - Publicado o 13-04-2018 18:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0