de Guizán


Caderno Dixital de Antón Tenreiro
Caderno digital de Antón de Guizán .

O meu perfil
antontenreiro@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

ENTRAR AOS VILARES EN GUITIRIZ DA MAN DE XERMOLOS
O documental Entrar aos Vilares, dirixido por Cibrán Tenreiro e producido pola Asociación Socio-Cultural lareira de soños dos Vilares será proxectado o vindeiro 29 de Marzo ás 19:00 na Casa das Palabras de Guitiriz nun acto organizado pola A.C. XERMOLOS.
Despois dun ano da súa estrea nos Vilares e con médio cento de proxeccións por toda Galicia, onde ademáis foi finalista da #12MICE (Mostra Internacional de Cinema Etnográfico) en tres modalidades, retoma as proxeccións para despois de estrear se a finais de mes en Guitiriz proxectarase En Abril en Santaballa, en maio em Paderne e en Xunio na parróquia da Xesta en Lalín. Ao remate da proxección en Guitiriz, haberá um colóquio da equipa de rodaxe co público asistente. A entrada é de balde.


#Entraraosvilares SINOPSE:

Tres mozos entran a unha parroquia de Guitiriz que descoñecen co encargo de realizar un documental sobre ela. Entón:

1) Preguntan aos veciños tentando comprender a identidade do lugar seguindo unha cita de Charles Seignobos que leron na universidade: ?Lamento non ter podido tratar máis que dunha maneira moi incompleta os feitos da vida cotiá, alimentación, vestido, habitación, usos de familia, dereito privado, diversións, relacións de sociedade, que constituíron o principal interese da vida para a enorme maioría de individuos?.

2) Tentan vincular o que aprenden á súa propia identidade e ás súas propias experiencias, sendo da primeira xeración das súas familias que non naceu na aldea. E cuestionan o resultado: non queren dar outra visión nostálxica do rural pero non teñen claro se o conseguen.

3) Pasean por leiras e casas abandonadas, xogan, distraense mirando aos animais e desvíanse das súas propias intencións como se estiveran facendo un vídeo doméstico.

Cibrán Tenreiro, director de Entrar aos Vilares, gañador do I Premio María Luz Morales da Academia Galega do Audiovisual polo ensaio Equilíbrios Precários arredor da escena audiovisual Underground Galega.

#Entraraosvilares finalista na 12 MICE

ENTRAR AOS VILARES NA MICE
12MICE, Mostra Internacional de Cinema Etnográfico Museo do Pobo Galego.
O xurado de preselección escolleu, de entre todos os inscritos, quince filmes para optar ao premio á Mellor Película entre elas a galega Entrar aos Vilares nesta edición da MICE ademáis de optar ao prêmio do público. Tres traballos optan ademais ao galardón especial para as producións galegas: Entrar aos Vilares, O Moredo. A resistencia do Entroido Ribeirao e Esquece Monelos.
Ademais da sección competitiva e da colaboración habitual con Espiello, Festival Internacional de Documental Etnográfico de Sobrarbe, a MICE contou este ano con dúas seccións máis e unha mesa redonda con profesionais do audiovisual e a antropoloxía sobre a relación entre o cinema e a etnografía.
A 12MICE celebrouse entre o 29 de maio e o 3 de xuño do pasado ano.
Categoría: Xeral - Publicado o 16-03-2018 19:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0