de Guizán


Caderno Dixital de Antón Tenreiro
Caderno digital de Antón de Guizán .

O meu perfil
antontenreiro@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A NPG, Nova Poesía Guitirica, unha realidade
No nacemento da NPG (outubro de 2015 na igrexa dos Vilares)O que naceu hai pouco máis de dous anos como unha iniciativa puntual para homenaxear a Díaz Castro polos 25 anos do seu pasamento e bautizada por Armando Requeixo como Nova Poesía Guitirica nun fermoso manifesto, tense convertido nunha realidade que mesmo traspasa os límites de Guitiriz e da Chaira. Posiblemente sexa o movimento poético máis activo da província e dos máis dinámicos de Galiza á marxe das actividades institucionais. Daquel grupo inicial de oito poetas pasouse a superar os 15 e nas súas actividades son centos os poetas do país e mesmo de Portugal que participan. Co xa imprescindíbel soporte dixital Culturalia GZ levan editado numerosas publicacións virtuais e convocado exitosos certames como as VILARIÑAS ou os POEMAS PENDURADOS DE FAROLAS, que contan cada edición como exito, ademáis de promover recitais en diferentes lugares e participar en outros eventos e publicacións nos que son reclamados. Nas súas redes sociais, ferven poemas cada día e outras artes e xéneros están a enriquecer as súas propostas para o futuro nunha bonita simbiose entre poesía, arte e cultura que promete fermosas iniciativas. A clave, alonxados de coberturas institucionais, é o factor humano, a amizade e camaradería xerada desde os versos e unha visión humanista e comprometida da sociedade afastada de presións, manipulacións e condicionantes, libre e aberta, como debe ser. Este movimento poético baixo o paraugas de Díaz Castro, que non para de medrar, só ten parangón naquel Batallón Literario da Costa da Morte hoxe desaparecido, pero que deixou daqueles mozos grandes poetas actuais. Grandes nomes da poesía galega actual teñen parabenizado o seu traballo de impulso e promoción da poesía de base, o seu activismo cultural e a súa vitalidade desde unha parroquia na comarca máis poética de Galiza na que ademáis de grandes poetas, polas súas augas flúe un pulso de versos rexo como as pedras e suave como as herbas. Con Díaz Castro sempre de referéncia en todo canto promove, a Nova Poesía Guitirica faise grande porque valora, coida e cré nas cousas pequenas. Ese forno artesá colectivo sigue a quentar co lume desta Lareira de soños da na que se quentan novos proxectos que suman a esa inesgotábel producción de estrofas e bardos que é a Terra Chá con outras terras irmás.
A casa de Díaz Castro que tenta Xermolos recuperar, debera ser tamén no futuro a casa deste movimento poético xurdido desas pedras para andar camiños co espírito trapeiro vilarego que como a NPG sairon ás corredoras máis recónditas a cambiar artículos de primeira necesidade por humildes trapos hoxe, poesía por un anaco de felicidade e compromiso. Agardemos ver tamén ese soño cumprido e que a Casa da Xente remate chea de poesía, chea de vida.
Longa vida á Nova Poesía Guitirica!


*Artigo para a seccion Andando a Chaira do Suplemento A Chaira de El Progreso.
Categoría: Xeral - Publicado o 02-03-2018 10:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0