de Guizán


Caderno Dixital de Antón Tenreiro
Caderno digital de Antón de Guizán .

O meu perfil
antontenreiro@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

OS HAIKUS, EN GALIZA, TEÑEN NOME DE MULLER E CHAMANSE VILARIÑAS
Será o vindeiro sábado 2 de decembro ás 18:30 da tarde na igrexa dos Vilares (Guitiriz), cando

-Andréa Araújo Alonso, A Guarda, estudante de artes escénicas.
-Pedro Rielo Lamela, Pontevedra, xornalista da TVG.
-Toño Núñez, Navia, mestre.

Recibirán os Prémios do 1° Certame VILARIÑAS de micropoemas da man de Sandra Tenreiro, mestra de música e cantautora, Luz Campello (NPG), traballadora social e poeta e Marica Campo, mestra e escritora.

Os gañadores recibirán unhas "Vilariñas" deseñadas pola artista da Costa da Morte Viki Rivadulla e un exemplar coa recompilación das Vilariñas presentadas (máis de 150).

Intervirán neste acto, ademáis dos premiados e as persoas que farán entrega, o poeta Vilalbés Martiño Maseda (Culturaliagz), Fátima Fernández (NPG) e o presidente de Xermolos, Alfonso Blanco, depositario do legado do poeta Díaz Castro.

En Galiza, os Haikus, tomado nome de Müller, En homenaxe ao nóso poeta, Xosé María Díaz Castro, nado no Vilariño, Os Vilares. Pepe do Vilariño, como se lle coñecia na parróquia chairega de Guitiriz, foi o poeta das cousas pequenas, das herbas pequerrechiñas da Chaira que enchem de perfume o mundo é desa admiración polas pequenas coisas inspirouse o Certame VILARIÑAS e o próprio nome dos micropoemas deste concurso.

Nacen así as , as micro poesías galegas con nome próprio que verán publicadas as bases da segunda convocatória no mês de xaneiro de 2018.

As entidades organizadoras, A Asociación Sócio-Cultural Lareira de soños, a NPG Nova Poesia Guitirica e o soporte dixital www.culturaliagz.com teñen organizado após do acto unha "Cea Vilariña" en Guitiriz.

Longa vida ás e que medre a Poesía!!
Categoría: Xeral - Publicado o 24-11-2017 17:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0