de Guizán


Caderno Dixital de Antón Tenreiro
Caderno digital de Antón de Guizán .

O meu perfil
antontenreiro@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

As pinturas renacentistas da igrexa dos Vilares, en perigo.
No ano 1991, ao quitar caleado das paredes, foron descubertas as pinturas murais da igrexa de San Vicente dos Vilares nas Reixas. Un ano despois, o profesor Juán M. Monterroso Montero, publicaba no número 8 do caderno de estudios mindonienses o seu estudio "San Vicente de Os Vilares. Nuevas pinturas de un antiguo maestro (S.XVI)" que informaba do achádego e ilustraba sobre a súa importancia. A igrexa dos Vilares, que ten a súa orixe no século XII e que sufreu varias modificacións, a primeira delas no século XIII, foi sempre un importante centro de culto, dependente primeiro de Monfero e posteriormente e ate hoxe de Mondoñedo.

Os frescos situanse na parede de frente á entrada os primeiros (dos evanxelios) e representan tres esceas:
1. Lamentación de Cristo Morto.
2. Imposición da casulla a San Ildefonso.
3. Santiago Matamouros.

Parede á dereita da entrada (da Epístola):
1. Ornamentos xeométricos.
2. Fragmento de escea de paisaxe.
Estes elementos pictóricos foronse conservando pola costume profiláctica desde o século XVI de calear as paredes para evitar a proliferación de pestes e enfermidades.

Datan segundo o estudo de Monterroso Montero do Século XVI, probablemente de 1530 a 1540 na que coinciden tamén cos da igrexa de San Estebo de Parga e probablemente o autor, polas coincidencias iconográficas das pinturas, da autoría do Mestre de Parga, moi coñecido na época.

Hoxe, os frescos dos Vilares, deteriorados e en perigo de desaparición definitiva pola falta de atención e mantemento, as humidades, e o paso do tempo, precisan de traballos profesionais de recuperación como elemento patrimonial de grande importancia e para evitar que pasen a ser lembrados unicamente por publicacións como a mencionada anteriormente. Os retablos, os cruceiros do calvario, o sarcófago, a propia igrexa, son un importante valor patrimonial que se debe reforzar coa recuperación deses frescos.

É por esto que o proxecto multidisciplinar Os Vilares, lareira de soños, que dirixe Pastora Veres, solicitará entrevistas cos responsabeis das respectivas administracións (Deputación, Xunta, Arzobispado) para sensibilizalos, documentar o estado dos frescos e promover a súa restauración e posta en valor da maneira máis acaída.

O patrimonio etnográfico e arquitectónico da parroquia esmorece e aos frescos habería que sumar outros moitos elementos que tamén abordaremos como os vellos cobertizos da feira, a mellora da Casa Habanera da Conchada, o sindicato, a casa natal de Díaz Castro, muíños, fontes, lavadoiros, etc...

Non hai nada peor para o noso patrimonio que o seu abandono e posterior esquecemento, polo que é de agradecer ao proxecto dos Vilares o seu interés en recuperar o patrimonio material e inmaterial da pequena parroquia chairega do poeta Díaz Castro e achegar o seu coñecemento á opinión pública e aos responsabeis politicos respectivos. Pinturas que teñen arredor de 600 anos non podem desaparecer en 20 de non ser que teñamoa máis "frescos" nas institucións que nas paredes da igrexa...
Categoría: Xeral - Publicado o 18-11-2017 09:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0