antonte


Caderno Dixital de Antón Tenreiro

TrackBack




O meu perfil
antontenreiro@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO

AMAR NAS HERBAS DA CHAIRA
Amar nas herbas da chaira
é como amar nas nubes
coa brisa do vento
que peitea o monte rasou
e pule as pedras duras
das casas e as igrexas,
fría coma as lousas de pizarra
agarimosa coma un rairo
no que pasean as troitas
a auga que vai cara ao muíño.


Amar nas herbas da chaira
cubertos con un manto nubecino,
cheo de paxaros sen rumbo
que decoran os soños e os desexos.


Amar nas herbas da chaira
cara á noite fundidos
coas estrelas baixo a lúa
cubertos polo ar e o mundo todo
fundidos no exceso dos sentidos
e pensando en non pensar
para que o tempo, o espazo se deteñan.

Amar nas herbas da chaira
é amar no ceo
mesmo onde se atope e en calquer tempo
pois as herbas da chaira van contigo
o seu aroma e textura, a súa presenza.
Categoría: Xeral - Publicado o 25-01-2013 09:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal