de Guizán


Caderno Dixital de Antón Tenreiro
Caderno digital de Antón de Guizán .

O meu perfil
antontenreiro@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O DIA DE ROSALIA TAMÉN NA CHAIRA
O 24 de febreiro, no que se comemora o "Día de Rosalia" coincidindo coa data do seu nacemento no ano 1837, a NPG Nova Poesía Guitirica (como non) CULTURALIA GZ e a Liga Santaballesa organizan un acto poético musical na Escola Habaneira de Santaballa ás 19:00 con entrada de balde. O acto enmarcase no programa de actos da Asociacion de Escritores en Lingua Galega AELG que se desenvolverá por todo o país baixo o lema #AbrideAFiestra e con un manifesto redactado pola escritora María Reimondez e que será lido en Santaballa por unha nena da parróquia vilalbesa. No recital poético de mulleres que estará presentado por Pas Veres, recitarán entre outras, Pilar Maseda, Emília Martínez Fuentes, Luz Atirado, Adolfina Mesa, Mar Beres, Luz Darriba, María Pereira, e outras poetas da NPG e convidadas. Despois da actuación musical, faraste unha lectura de textos de Rosalia aberta á participación do público.
A escolla da Escola da Liga Santaballesa ten o simbolismo da poesía adicados á emigración por Rosalia de Castro e a reivindicación do legado da emigración na aposta pola educación como instrumento para sair do atraso.
A Chaira, un ano máis honra a Rosalia de Castro, a nosa pieta máis universal de de o rural e nun lugar emblemático: A Escola da Liga Santaballesa.
Categoría: Xeral - Publicado o 05-02-2018 07:54
# Ligazón permanente a este artigo
A ESCOLA HABANEIRA DA CONCHADA DEBE SER RESTAURADA
Depois do acordo parlamentar para recuperar os frescos da igrexa do Século XVI, urxente acometer a posta em valor da escola Habaneira da Conchada nos Vilares.

A Asociación Socio-Cultural lareira de soños dos Vilares enviará um escrito aos grupos municipais do Concello de Guitiriz e aos grupos políticos da Deputación Provincial para reclamar o compromiso de todas formas de cara ao vindeiro mandato para acometer a reforma e posta en valor dun inmoble que cumprirá cen anos em 2023 e que foi levantado coa aportación dos emigrantes ao igual que outras escolas indianas en moitas parroquias de Lugo. Non hai mellor homenaxe a aqueles promotores da cultura desde a emigración que recuperar para uso social aquelas escolas. A escola Habaneira da Conchada nos Vilares foi protagonista dun libro do actual Deán da catedral de Compostela e ex párroco dos Vilares, Segundo Pérez. A mellora da habitabilidade, accesos, illamentos e calefacción, así como a dotación para o seu uso sócio cultural con mobiliário e equipamentos acaídos deben ser asumidos polos grupos municipais no seu programa e incluir proxecto e dotación económica para o mesmo, a reforma e a dotación de mobiliário e equipamentos.
A revitalización do rural non pode quedar em meras palabras e intencións senón tamén en dotacións que incentiven a participación social e a calidade de vida. Dotar ao rural con centros sociais dotados coas últimas tecnoloxías, habitables e funcionais é fundamental dada a actual situación de envellecimento e despovoamento. Si ademais desto falamos de património público e con tal carga histórica para a parroquia, que veu pasar a centos de veciños para aprender as primeiras letras entre as suas paredes, entre elas o poeta Diaz Castro, o compromiso de intervención e mellora, está mais que xustificado. Para esto, a Asociación Socio-Cultural lareira de soños elaborará um informe que fará chegar às diferentes formas políticas, coas que ademais solicitará reunións nas que de paso pmantexar outros asuntos relacionados coa parroquia.
Categoría: Xeral - Publicado o 23-01-2018 19:49
# Ligazón permanente a este artigo
Os frescos de Labrada e Os Vilares no Parlamento Galego
OS FRESCOS DAS IGREXAS DOS VILARES E LABRADA AO PARLAMENTO GALEGO.

.

Unha delegación do Bloque Nacionalista Galego con Olalla Rodil á cabeza visitou esta mañá as igrexas de San Vicenzo dos Vilares e Santa Maria de Labrada para coñecer "in situ" o estado das pinturas renascentistas de cinco séculos de antiguidade.
A delegación de cargos nacionalistas na que tamén estivo o portavoz local de Guitiriz estivo acompañada polo presidente da Asociacion Socio-Cultural Lareira de soños (promotora da iniciativa), Antón de Guizán e o vilarego Raúl Río que informaron á deputada da situación de risco de desaparición destas importantes pinturas murais que despois de tres anos demandando a súa reatauración ás diferentes administracións, estas (Deputación, Xunta e Concello) non foron quenes de actuar para evitar a súa degradación e perigo de desaparición definitiva. Será Olalla Rodil na Comisión de Cultura do Parlamento Galego a que demande unha urxente actuación, sobre todo nas pinturas dos Vilares pola situación de degradación e risco de desaparición irreversíbel das mesmas, dá autoría do mestre de Larga no S.XVI.
Agradecemos ao BNG o interese amosado poľa recuperación destas coisas do noso património e pola implicación no coñecemento. Xusto um dia antes da Comisión de Cultura do Parlamento Galego, coincidindo coa visita de Olalla Rodil a Os Vilares e Labrada co motivo de ver os frescos das igrexas, PP e PSOE presentar emendas á iniciativa do Bloque a instancias da Lareira de soños para propor unha negociación a três bandas entre Arzobispado, Xunta e Deputación para abordar o asunto da reatauración destas pinturas de 500 anos de antiguidade. Tres anos perdidos a pesares da nosa insistencia, reunións, visitas, proxectos... e 25 anos perdidos desde o seu descubremento. Os frescos dos Vilares corrente sério perigo e deve ser urxente a súa reatauración, xa o fizemos hai tres anos. Mágoa ver que só con presión se atende o património. Danos igual o que pacten e quen os restaure e cal sexta a fórmula de cooperación, quen leve os méritos e quen leve as culpas, pero cada ano que pasa corre na contra. Apuren, señor@s dos governos galego, provincial e arzobispado!
Categoría: Xeral - Publicado o 17-01-2018 21:33
# Ligazón permanente a este artigo
RAUL RIO, TRAPEIRO DE HONRA 2018
A Asociación Sociocultural Lareira de Soños vén de decidir que Raúl Río Díaz sexa distinguido co Premio Trapeiro de Honra 2018 na súa quinta edición como vilarego exemplar, sumándose así a Xosé María Díaz Castro, a Romaría Labrega da Chaira, Pepe de Cristos e Asunción dos Ares, galardoados nas anteriores edicións. Raúl, distinguido tamén no 2016 coa Navalliña de Manuel María, é un grande activista da nosa cultura e un home comprometido, amante das artes e das letras e un dos principais embaixadores de Diaz Castro e dos Vilares. Grande coñecedor da historia da parroquia, ademais de permanente colaborador de iniciativas culturais e políticas na Terra Chá e en Euskadi. Fachendoso das súas orixes, non perde a oportunidade de organizar en Euskadi, a súa segunda patria, actividades e eventos relacionados con Guitiriz e Os Vilares. Socio fundador da Asociación Sociocultural Lareira de Soños dos Vilares, a decisión unánime da propia asociación evidencia o cariño e recoñecemento xeral da veciñanza a este vilarego, obreiro, escultor, pintor, documentalista, fotógrafo, escritor e sobre todo grande persoa, e con grandes valores humanos.

A figura de Raúl personaliza neste premio a homenaxe aos emigrantes daqueles anos 60 e 70 que se viron obrigados a sair a gañarse a vida polas dificultades de tempos escuros do franquismo abandonando o rural para buscar o sustento en zonas industrializadas; pero tamén a tódolos loitadores comprometidos coas súas orixes e coa súa cultura. Un premio que agradece a Raúl e á multitude de traballadores o seu amor pola patria e polo rural chairego e galego.O acto de entrega da V edición do Prémio Trapeiro de Honra ao vilarego Raul Rio, designado para este ano 2018. Na figura de Raúl simbolizamos a todos aqueles emigrantes que tiveron que marchar para sacar adiante as suas vidas pero que nunca abandonaron as suas raíces. No caso de Raúl, perfeitamente integrado na sociedade que o acolleu, é o perfecto exemplo de conexión entre ambas culturas. Os Vilares rinde asi tributo a un dos seus fillos mais comprometidos, co seu amigo o poeta Diaz Castro, coas súas xentes e história locais e con Galiza en xeral. Un acto que se celebrará na igrexa parroquial de San Vicenzo dos Vilares, o seu lugar de nacencia, coa presenza de numerosos amigos e veciños. Será o sábado 7 de Abril ás 18:00. Agardamosvos!!!

Categoría: Xeral - Publicado o 16-01-2018 09:12
# Ligazón permanente a este artigo
#CertameVilariñas2018
O sábado pechamos #PoemasPenduradosDeFarolas /LUMES NUNCA MÁIS! deste ano é o luns abrimos a convocatoria do
#CertameVilariñas de micro poesía 2018 (II edición), abaixo, as bases para este ano...
«VILARIÑAS» Concurso de micropoemas da NPG Nova Poesía Guitirica, CulturaliaGZ e Asociación Sociocultural Lareira de soños.

BASES.

Convocase o II Concurso de micropoesías “Vilariñas" no que poden participar todos @s escritores/as que queiran.
A participación neste concurso é completamente de balde.
Os micropoemas presentados ao concurso serán inéditos, orixinais e non premiados nin publicados. Os autores son responsables tanto deste punto como da autenticidade dos seus propios datos.
O tema será “Libre”. Cada participante podrá enviar un máximo de dous micropoemas que deben estar escritos en GALEGO en calquera das normativas, e presentarase ao concurso a través do correo electrónico
dosvilares@gmail.com ou info@culturaliagz.com en formato Word

Os micropoemas terán una extensión mínima de 2 versos e máxima de 3 versos sen incluir o título. Cada poeta poderá presentar un máximo de dous micropoemas a concurso e cada un deles serán xulgados individualizadamente e por separado. Cada micropoema debe ser apresentado por separado. Poderán cada un deles ir acompañado de imaxe si así l🏔️ quixera @ autor/a.
Admitiranse obras desde o 15 de xaneiro até o día 30 de abril de 2018 , ás 23.59 horas.
A organización do concurso reservase o dereito a eliminar aqueles micropoemas que podan ir en contra da protección da infancia, do respeto, ou induzan ou promovan actos delictivos, denigratorios ou violentos en cualquera das súas formas.
O xurado terá en conta a orixinalidade, técnicas empregadas, calidade e contenido do poema. O xurado estará composto por poetas da NPG Nova Poesía Guitirica. O fallo do xurado será inapelable e farase público a través dos distintos soportes dixitais de Os Vilares, lareira de soños, CulturaliaGZ e da NPG Nova Poesía Guitirica nas duas semanas posteriores ao peche do concurso.
Entre os micropoemas participantes, seleccionaránse os mellores que poderán integrar unha antoloxía, e entre eles escollerase aos gañadores co premio que consistirá no trofeo deseño exclusivo da artista Viki Rivadulla e edición das obraspresentadas no blog poético literário CulturaliaGZ. A edición da antoloxía do blogue poético será segundo criterio da NPG Nova Poesía Guitirica CulturaliaGZ e Os Vilares, lareira de soños. Farase un acto poético público cos premiados e poetas convidados.
Polo feito de participar, os premiados autorizan a NPG Nova Poesía Guitirica e á Lareira de soños a editalos nos soportes fisicos que considere oportunos.
Categoría: Xeral - Publicado o 10-01-2018 12:31
# Ligazón permanente a este artigo
CARTA AO APALPADOR
Señor Apalpador: aproveito para saudálo desde Os Vilares de Parga, parróquia de orixe de José André Lôpez Gonçâlez, André da Ponte, que foi o encargado de recuperar a súa figura para a tradición do Nadal Galego. Agardo que leve votede ben a humidade e o frío do inverno despois de tanta seca e tanto incendio que nos deixou o pasado ano. Como presidente dunha das numerosas asociacións do rural galego, a Lareira de soños dos Vilares, quero aproveitar para pedirlle que nos bote unha man neste ano que comenza. A primeira e máis urxente é que as diferentes institucións se deixen de dar largas e acometan a restauración dos frescos da igrexa, do século XVI, que corren un sério risco de desaparición polo seu contínuo deterioro. Descubiertas en 1992, desde aquela, as pinturas do Mestre de Parga non deixan de descompoñerse. Unha xoia renacentista que se perde sin que os responsábeis o eviten. Xa sei que hai moito patrimonio abandonado no rural, pero créame si lle digo que estas pinturas poden ser irrecuperabeis si non se reparan con urxencia.
Aproveito tamén para que interceda no acordo entre o Concello e a Comunidade de Montes para que a Casa Habanera da Conchada poda ser arreglada e posta ao servizo da parróquia como centro social de usos múltiples, coa habitabilidade e servizos de calquera centro destas características que funcionan noutras parroquias chairegas. Foi construída con cartos dos nosos emigrantes a Cuba en 1923, e sería a mellor homenaxe de cara ao seu centenário que estivera habitable e en pleno uso.
Os Vilares é a segunda parroquia de Guitiriz en habitantes e a parróquia Natal de Xosé María Díaz Castro así que ben merece algo de atención.
E para non ser pesado só unha pequena solicitude máis, que lle dea algo de axuda aos amigos de Xermolos para que a casa natal do nóso poeta sexa restaurada e se convirta na Casa da Xente.Estas tres solicitudes de concretarse, serían un motor de progreso, cultura e economía na nosa parróquia, do resto de pequenas cousas xa nos imos encargando nós día a día , pero estas que lle dixen, precisan do apoio das conciencias dos políticos (xa sei que é difícil) e da xente, algo do que vostede sabe moito e que de seguro influirá positivamente.
Sen outro particular e desexándolle un bó 2018 polos montes do Courel, reciba un abrazo desde a Terra Chá.
Atentamente, Antón de Guizán.
Categoría: Xeral - Publicado o 29-12-2017 08:52
# Ligazón permanente a este artigo
LUMES NUNCA MAIS!
A finais de 2014, o ano da dedicatória das letras galegas a Xosé María Díaz Castro, a NPG Nova Poesía Guitirica, nacida no 25 cabodano da morte do poeta vilarego ao amparo do proxecto Os Vilares, lareira de soños ese mesmo ano, ideóu comenzar cada ano con unha iniciativa que levara a poesía ás rúas con unha proposta bautizada como #PoemasPenduradosDeFarolas. Así, a primeiros do ano 2015 versos dos poetas Guitiricos e un poema de Díaz Castro encheron farolas das localidades de Guitiriz e Parga. Na segunda edición, a proposta levaba xa un contido social, un compromiso poético coa realidade que ademáis de abrir a participación a poetas e convidados (Martiño Maseda e Raúl Gómez Pato, gañadora do primeiro prémio de poesia) a temática común foi contra a violencia machista, unha das grandes lacras da nósa sociedade. Para este ano 2018 as farolas de Guitiriz, nunha convocatória por primeira vez aberta da que participan arredor de medio cento de poetas de Galiza, Portugal, Sudamérica, España, Italia e mesmo Ukraina alzan os seus versos contra o lume que devastou no nóso país mais de 50.000 hectáreas de monte ademáis de casas e negócios e levando por diante várias vidas. Outra grande catástrofe da que se fan eco grandes facedores de versos que participan na iniciativa da NPG e que a partires do 13 de xaneiro pendurarán das farolas e dos soportes dixitais de CulturaliaGZ e Galicia Dixital para a súa descarga gratuita. Sen dúbida unha proposta orixinal e novidosa con grande acollida como demostra a cantidade e calidade na participación e que mantén o pulso díazcastriano na súa de localidade de orixe con outras accións como o prémio de poesía, o Certame Vilariñas de micro poesía e as numerosas actividades e recitais desenvolvidos e nos que participa o grupo da NPG Nova Poesía Guitirica.
Veremos nas rúas poemas de Toño Núñez, Andrea Araújo, Pedro Rielo (gañadora do Certame Vilariňas), Eli Ríos, Paco Ledo, Beatriz Dourado, Concepção Palma, Adolfina Mesa, Natália Lema, Moncho Bouzas, Montse González, ou Anna María Barletta entre outros moitos...
Os comenzos de ano máis poéticos e reivindicativos de Galiza son, e pois no Concello chairego de Guitiriz, o unha terra que conta con algún dos mais grandes poetas da literatura galega e que sigue a xerar actividade arredor de estrofas con contido social.
A poesía d@s afillad@s de Díaz Castro, o lume que prendeu nesta Lareira de soños por unha sociedade mellor e máis xusta. Lume que quenta contra o lume que destroza o país. LUME NUNCA MAIS!
Categoría: Xeral - Publicado o 27-12-2017 13:34
# Ligazón permanente a este artigo
OS VILARES, A LAREIRA DE SOŇOS DESTACA A 19 VILAREG@S DE 2917

19 destacad@s Vilareg@s de 2017

A parroquia dos Vilares recoñece novamente aos vilaregos de honra deste ano a piques de rematar, como cada ano desde o 2014, data de existencia do proxecto OS VILARES, LAREIRA DE SOÑOS.

Distinguimos a persoas e entidades cada ano, nos distintos ámbitos, social, cultural, empresarial, identitario...todos igualmente meritorios e necesarios e nalgún dos casos tamén reivindicativo.

As entidades e persoas recoñecidas son este ano as seguintes:

1. Xunto a Asunción Lobeiras Diaz, á que adicamos o PREMIO TRAPEIRA DE HONRA 2017, e desgraciadamente finada este ano, a os outros 18 nomes de persoeiros, colectivos e iniciativas son:

2. Entre os monumentos, OS FRESCOS DA IGREXA DOS VILARES, do século XVI é en sério perigo de desaparición polo abandono e a degradación

3. Nas Reixas, “como reclamo para a súa reparación e posta en valor" a Escola Habanera da Conchada" para uso social e cultural parroquial e que no ano 2023 cumpre o centenário da súa e construcción.

4. Entre os nomes destacados atópanse as cantoras galegas Tereixa Novo, Maria Xosé Silva SES e Aranha Álvarez e Sandra Tenreiro que tan amablemente se brindaron na homenaxe a Asuncion de dos Ares no Prêmio Trapeira de Honra 2017.

5. Recoñecemos tamén a Raúl Rio, vilarego residente en Euskadi, que sigue activo social e culturammente naquel país e sigue coa parroquia no seu corazón e ao que dedicaremos o Prêmio de Trapero de Honra 2018.
6. Igualmente no eido cultural consideramos que a “mellor organización dun evento” a Romaria de Labrega da Chaira, con casi tres lustros de existencia e mantendo-se con boa saúde e adaptando-se aos tempos.

7. No apartado do coñecemento, destacamos a Segundo Pérez López, dean da Catedral de Compostela ebcoñecedor e valedor da historia dos Vilares.autor dun libro sobre a escola habanera e outro sobre Díaz Castro.

8. Mentres, no apartado de personaxe destacada da historia vilarega este ano recoñecemos a José Lobeiras Gómez, que O Armeiro de Berulfe, que fotógrafo ambulante e home polifacético dos Vilares ao que dedicaremos un documentário que se atola en período de rodaxe.

9. O recoñecemento á “mellor iniciativa cultural” recae na organización do Certame de microprocesador [VILARIŇAS] por NPG e Nova Poesía Guitirica, que A. S-C Lareira de somos e CulturaliaGZ
10. No apartado do mellor artigo sobre a parroquia, CON DÍAZ CASTRO EN VIAXE SEMANAL POR OS VILARES DE Parga, de Xaquín Campo Freire en Galicia Dixital.

11. No eido do deporte volvemos a destacar Antonio Teijido, gañador e record abasoluto das "24 horas de Vigo" e unha escepcional campaňa de cross, con distinción de nos premios do deporte galego incluida. Neto de vilaregos.

12. Lugar emblemático do ano, a casa de Díaz Castro no Vilariño en apoio á sua recuperación para uso público cultural así como á campaňa para ese fin de XERMOLOS.

13. Pola súa banda, como mellor asociación ou entidade destacamos a CODEGUI, en especial pô-la donación de solidaria aos afectados polos incêndios deste ano en Galicia.

14. Mellor acción musical, o trabalho da mestra do IES Díaz Castro de Guitiriz ano tras ano co alumnado e sempre con Díaz Castro como referência.

15. Mellor iniciativa emprendedora, a reforma e ampliación do local hostelerio Casa Gaibor, do vilarego Carlos Castro e a sűa dona.

16. Mozo ou moza destacados Sonia Ferreiro Pena, que se descubre como unha talentosa fotógrafa.

17. Persoa de fóra da parroquia destacada no apoio e defensa e estudo da mesma, e O poeta Martiňo Masedai polo apoio ás iniciativas culturais na parróquia e pô-la publicación de la de actividades e libros no seu portal Dixital CulturaliaGZ.

18. Mellor publicación, o libro Poemas O FILÓSOFO Coxo (Espíral Maior) de Eduard Velasco galador do II premio Diaz Castro.

19. No apartado audiovisual, o programa da TV, no que participaron activamente os anticuarios Xacobe e o seu fillo Josérra, TESOUROS NO FAIADO.
Categoría: Xeral - Publicado o 12-12-2017 15:02
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal