|
|
|
|
|
|
| MARIA PITA: O MILLOR DESEÑO, NINGÚN DESEÑO. |
|
O arquitecto madrileño Alejandro Zaera deseñou para a praza coruñesa de María Pita unhas terrazas con cuberta tipo vela marina e con estructuras máis blandas que as predecesoras terrazas de paco Vazquez. Os hosteleiros non están de acordo co deseño suponse que por motivos fundamentalmente económicos. Eu tampouco pero por razóns ben diferentes.
O Partido Popular, no seu estilo, tamén está (como en todo)en contra porque "pasaba por alí".
María Pita foi concebida para o disfrute dos cidadáns en toda a súa superficie e para protexerse da intemperie cando chove debaixo dos soportais, en ningún caso para ter que soportar antiestécicas estructuras fixas ao londo do ano para beneficio exclusivo dos negocios e para perxuizo dos seus lexítimos propietarios: os veciños.
Parece que a opinión dos hosteleiros ten máis relevancia que a dos propios cidadáns como si de unha propiedade privada se tratara, cando o procedente debera ser a restitución da praza ao seu estado orixinal excluíndo da mesma á propia estatua da heroína, máis propia de un xardín clásico que de un espazo que debera ser diáfano deixando a posibilidade de instalación de terrazas hosteleiras para períodos temporais de bó tempo.
Propoño que se deixe de denominar terrazas a calquera tipo de estructura fixa máis propia de chamarse galpón, invernadeiro ou pendella. Nin os coruñeses en particular nin os galegos en xeral merecemos o maltrato que ten padecido este conxunto arquitectonico e patrimonial nin o que se está a proxectar.
María Pita é única sen aditivos horteras que a agredan, máis feos ou máis bonitos, simplemente porque non son dela (refirome á praza) estatua incluida.
|
|
|
|
|
| A ver si aprendedes, carallo! |
|
DICCIONARIO GALEGO:
Resignación: ai que carallo!
Indignación: que carallo!
Cachondeo: bueno, carallo, bueno!
Desplante: vai ó carallo
Inquisitivo: que carallo é!
Contrariedade: tócate o carallo
Cansancio: deixate de caralladas
Ofensa: Este carallo é parvo!
Templanza: cálmate, carallo!
Ameaza: ven, carallo, ven
Negación: non, carallo, non
Negacion rotunda: nin carallo nin nada
Xuramento: me cago no carallo!
Ira: me cago no carallo, carallo!
Alabanza: é un home de carallo
Dubida: o carallo vintenove
Extrañeza: pero ¿que carallo pasa?
Desprezo: pásamo por debaixo do carallo
Animoso: dalle, carallo, dalle
Caprichoso: saíume do carallo
Cualitativo: non vale un carallo
Valorativo: róncalle o carallo
Fatalidade: ten carallo a cousa...!
Agotamento: xa estou ata o carallo
Picardia: o caralliño
Metereoloxia: fai un tempo do carallo
Lonxania: no quinto carallo
Probablemente, si non eres galego no o entendas... |
|
|
|
|
| Eva Castro: “Esta Xunta meteume nunha lista negra” |
|
 "É moi grave que dean cartos a David Meca, que foi suspendido por dopaxe".
A ciclista de mountain-bike Eva Castro conta con varias medallas estatais e internacionais, entre eles un bronce europeo. Malia aos seus éxitos, o Xacobeo retiroulle un apoio de 12.000 euros anuais sen os que non pode competir e que si recibiu nos últimos tres anos.
Por que non ten agora axudas?
O Xacobeo díxome que xa non tiña previsto facer patrocinios individuais e que falara coa Dirección Xeral para o Deporte. Falei con eles pero sigo agardando. Sen eses 12.000 euros, eu non podo competir.
Pero a Xunta si pagou a David Meca por un acto.
Iso paréceme moi grave. Hai moitos deportistas galegos de elite sen axudas e é moi grave que se lle dean cartos a deportistas non galegos, incluso a algúns como David Meca, que foi suspendido por dopaxe. Eu estou fastidiada, pero outros moitos tamén o están.
Continúa vostede adestrando?
Claro, por se acaso. Estou buscando axudas pero coa crise, é normal que as achegas das empresas non sexan tantas como antes. Sen os cartos que recibía do Xacobeo terei que renunciar, é así de triste, pero é o que hai. E estamos falando de 12.000 euros, non dun millón.
O Xacobeo di que antes non se aplicaban criterios obxectivos e que non se tiñan en conta os resultados para dar axudas.
É indignante que digan isto. Eu recibín cartos do Xacobeo e obtiven resultados; non estou pedindo por pedir. A min tamén me deron esa explicación e doeume moito. Se cadra había algún deportista que recibía axudas da Xunta e rascaba a barriga, pero eu?
Di a oposición que vostede está nunha lista negra, cre que é certo?
A min tacháronme. Estou nunha lista negra, segurísimo.
Por que?
Non sei, supoño que basta que me axudasen outros antes, a política funciona así, pero se me axudan, eu terei que ser agradecida. Logo dixen nunha entrevista que igual tiña que colgar a bici por falta de axudas, pero eu non me metín con ninguén.
Cre que iso foi suficiente para que a marxinasen?
Eu non lle faltei a ninguén nin nunca tiven problema con ningún partido político. O que teño claro é que agora non teño nada que perder e que antes de todo, son persoa. Vou coa verdade por diante porque non lle fixen mal a ninguén.
*entrevista de Xornal de Galicia 04/03/2010
|
|
|
|
|
| CIRQUE DU SOLEIL: o saltimbanco do Xacobeo |
|
O prestixioso Cirque du Soleil actuará en Compostela co espectáculo "Saltimbanco" patrocinado polo Xacobeo, o cal resulta unha agradable noticia tendo en conta a feble programación existente cando imos no terceiro mes do ano xacobeo.
E por non pasar desapercibido, o evento, anunciase en cuñas de radio "en español" e en valados xigantes no mesmo idioma como si tal mensaxe non se puidera entender en galego ou tal vez o espectaculo perdera categoría polo feito de anunciar un evento pagado polos galegos en idioma galego.
Por outra banda, as entradas están esgotadas case desde o comenzo da venta, polo que moitos sospeitan que foron acaparadas polo propio goberno para agasallo de "amigos".
De seguir así, a este ano santo deberemos cambiarlle tamén o nome por "JACOBEO" para que os que o dirixen se atopen máis cómodos.
Moito éxito ao Circe du soleil e máis autoestima aos do Xacobeo, que boa falta lles fai! |
|
|
|
|
| DQL dalleQlibras, comenza con un grande éxito na súa presentación |
|
http://www.youtube.com/watch?v=OdK7-q0eiL4
Nace en Oleiros a primeira empresa galega
especializada en produción de eventos
multimedia, monumentais e de grande
formato
O nacemento de DQL supón a posta en marcha dun proxecto único en Galicia, con
vocación de equipararse coas grandes compañías de espectáculos que existen en
Europa e no mundo, e con capacidade para exportar, fóra das fronteiras galegas,
grandes produtos creados e ideados dende aquí.
O arranque de dallequelibras tivo lugar onte xoves no Castelo de Santa Cruz (Oleiros),
onde máis de 200 persoas representantes do mundo da cultura, da empresa e das
institucións galegas puideron presenciar a gala de presentación, na non faltou un
espectáculo aéreo coa trapecista Sue Moreno, un cóctel ambientado por un grupo de
jazz, e unha performance exlusiva de danza co grupo Entrecaixas. Todo acompañado
de espectaculares xogos de luces, efectos de iluminación en láser e novas tecnoloxías.
DQL (DalleQueLibras) chega ao mundo empresarial galego para encher un baleiro
no sector da organización e produción de todo tipo de eventos e espectáculos.
Nun país rico en cultura, en arte, en celebracións autóctonas e en
acontecementos festivos como é Galicia, faise imprescindible a existencia dun
grupo de traballo con capacidade para converter calquera acontecemento nun
espectáculo de calidade que non deixará indiferente a ninguén.
Todo isto, co aval d@s profesionais galeg@s que conforman o proxecto e que
garanten, coa súa experiencia, a plena satisfacción de quen decida contratar a DQL
(DalleQueLibras).
Facemos real o incríbel, facemos visíbel o imaxinario.
QUE FACEMOS
Realizamos un estudo pormenorizado do evento a realizar, supervisamos o espazo onde se
desenvolverá o espectáculo, documentámonos sobre o motivo da celebración e creamos un proxecto
a medida con e para o cliente, valorando as técnicas a utilizar.
Proxeccións arquitectónicas
A utilización de proxectores de alta potencia permítenos transformar as fachadas de edificios e
monumentos en pantallas xigantes, creando espectáculos audiovisuais que proxectan imaxes do noso
pasado, presente e futuro, ou sinxelamente as transforman en grandes lenzos de cor.
Fontes cibernéticas programables
As coreografías acuáticas, danza da auga sincronizada coa música, os seus cambios de cor, proxeccións
de vídeo sobre cortinas de auga, chorros de máis de 30 metros de altura, colectores con máis de vinte
tipos diferentes de efectos,... En definitiva, a posibilidade de gozar dun grande espectáculo acuático en
calquera espazo, prazas, pavillóns, etc. Montaxes modulares de ata 150 metros de ancho.
Láser e fibra óptica
A reinvención destes medios como ferramenta de traballo en espectáculos permítenos crear
fantásticos efectos de volume no aire, proxección de animacións multicor sobre edificios, pantallas de
auga, e incluso proxectar sobre montañas, cantís, etc.
Iluminación artística
Descubrir a beleza de edificios, xardíns e monumentos durante a noite, crear ambientes, transformalos
con cambios de cor, ou iluminar de forma especial para destacar as súas cualidades. Estudamos e
realizamos proxectos a medida das súas necesidades.
Performances artísticas específicas
Producións teatrais e circenses deseñadas especificamente para cada evento multimedia. Recreacións
históricas e performances únicas de gran formato con artistas galegos de contrastada calidade, tanto
no teatro, coma no circo e no audiovisual. Acompañamos estas producións con guindastres de distinto
tamaño, maquinaria de gran volume e mesmo figuras xigantes, pantallas de cinema de alta resolución ou
pantallas flotantes. Todo deseñado para as necesidades concretas de cada cliente.
Servizos de Comunicación
Xestionamos e tratamos a información xerada por cada evento, creamos unha estratexia de
comunicación específica para cada cliente, fomentando o interese informativo nos medios de
comunicación e a máis ampla cobertura posible do acontecemento. Contamos con axendas mediáticas
por seccións temáticas e por localidades, que poñemos ao servizo de cada cliente xunto coa
profesionalidade e a experiencia que nos avala.
Desde dalleqlibras queremos agradecer o apoio masivo que recibimos onte na nosa presentación no Castelo de Santa Cruz. Tamén, ante as peticións de información e a non disposición aínda da páxina web (que está nestes momentos en construción e avisaremos en canto estea operativa), enviamos os contactos de correo electrónico e una pequena reseña informativa sobre a nosa actividade.
Grazas e un saúdo a tod@s.
DQL somos:
Antón Tenreiro: Departamento comercial
anton@dalleqlibras.com
Isabel Risco: Departamento de arte
isabel@dalleqlibras.com
Jesús R. Arias: Departamento técnico
suso@dalleqlibras.com
Ledicia Trillo: Departamento de comunicación
ledicia@dalleqlibras.com
Correo xeral: dalleqlibras@dalleqlibras.com |
|
|
|
|
| DQL: dalleQlibras (o sitio é pequeno, pero libramos) |
|
Nace en Oleiros a primeira empresa galega especializada en produción de eventos multimedia, monumentais e de grande formato.
Este xoves, 11 de febreiro, ás 19.15 horas, o Castelo de Santa Cruz (Oleiros) acolle a gala de presentación deste novo proxecto empresarial, que contará con diversas performances artísticas, música en directo e un cóctel para as persoas convidadas. Representantes galegos do mundo da cultura, do tecido empresarial e das institucións participarán neste acto acompañando aos responsables de dalleqlibras, que nace en Galicia con vocación internacional, sen medo a competir nun mercado global con produtos de identidade galega modernos e espectaculares, únicos e creativos.
Na gala proxectarase un audiovisual da empresa, realizarase un espectáculo aéreo coa trapecista Sue Moreno, haberá un cóctel ambientado polo DQL Jazz Trio, e unha performance exlusiva de danza co grupo Entrecaixas. Todo acompañado de espectaculares xogos de luces en pantalla ecolóxica de Led´s de última xeración, efectos de iluminación en láser e novas tecnoloxías. Poderanse apreciarespectaculares efectos de iluminación desde o paseomrítimo e o porto de Santa Cruz en Oleiros.
DQL convértese así na primeira empresa galega que é quen de organizar, producir e xestionar xigantescas proxeccións arquitectónicas, en láser, en 3D e impresionantes cortinas de auga acompañadas de creacións artísticas e sons deseñados especificamente para cada evento. Aplicamos as novas tecnoloxías multimedia de imaxe e son aos espectáculos e, ao mesmo tempo, poñémolos en valor desde a nosa propia identidade.
Facemos real o incríbel, facemos visíbel o imaxinario.
www.dalleqlibras.com
dalleqlibras@dalleqlibras.com |
|
|
|
|
| CONSORCIO 2010: CERO EUROS PARA INVESTIMENTO |
|
Celebrouse o pasado Venres pola mañán a asamblea xeral do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, na que se aprobaron os orzamentos para este ano cos votos favorábles do PP e co voto en contra dos alcaldes de PSOE e BNG.
Capítulo de investimentos: 0 (cero) euros, o que supón que ningún novo centro de día, ningunha oficina de I+B, ningún novo centro Quérote, ningunha Galescola... nada de nada.
Un alcaldde comentou que si se lle ocurrira a él aprobar un orzamento sen investimento no seu concello, teríano corrido a gorrazos...
Convén lembrar agora a promesa electoral de Feijoo na pasada campaña: "Todos os concellos de máis de 1.000 habitantes terán un centro de día".
Tamén é certo que non dixo cando...
|
|
|
|
|
| DAVID MECA 99.000€, EVA CASTRO 0 (CERO) EUROS |
|
O xacobeo, como non hai cartos, só lle puido pagar 99.000 euros ao nadador catalán David meca por vir a montar un lamentábel espectáculo de bómitos nunha suposta ruta xacobea entre Vilagarcía e pontecesures.
Un grande acerto apostar por un deportista catalán, condenado por dopaxe, para un evento de promoción puntual de un só día e de unha máis que discutíbel repercusión mediática.
Mentras, numerosos deportistas galegos de elite lamentanse da falta de apoio da Xunta, e asisten a esta "antridada" do conselleiro Varela coa complicidade da secretaría xeral para o deporte que depende directamente do presidente Feijoo.
Eva Castro, muller deportista non profesional paro sen embargo medallista europea de BMX na modalidade de Four Cross queda sen os 12.000 euros que en anos precedentes lle permitiron a acudir ás probas da Copa do Mundo en catro continentes, acadando importantes éxitos e levando o nome de Galicia e do Xacobeo por canales de televisión e internet.
99.000€ pagados a un deportista de fora mentras se desprecia ao deporte galego, que para este goberno non debe merecer representar o propio País.
Non lles serve agora David Cal despois de telo utilizado politicamente contra o bipartito?, e os medallistas olímpicos Perucho ou Antón Paz? e o nadador recordman, e medallista Chano Rodríguez? e os triatletas Raña e Gómez Noya? e Teresa Portela, etc, etc?
Preparemonos porque o paseo de deportistas alleos para cobrar do xacobeo aínda non rematou; Gasol, casillas, Nadal e outros virán un día, cobrarán abultadas cifras e marcharán mentras os nosos siguen a agardar axudas como quen agarda limosna do seu goberno... esto é o que hai, que nos representen e se aproveiten de nós os de fora. |
|
|
|
|
| DQL: dalleQlibras!! servizos multimedia |
|
DQL: dalleQlibras
Servizos Multimedia
Realizamos un estudo pormenorizado do evento a realizar, supervisamos o espazo onde se desenvolverá o espectáculo, documentámonos sobre o motivo da celebración e creamos un proxecto a medida con e para o cliente, valorando as técnicas a utilizar.
Proxeccións arquitectónicas
A utilización de proxectores de alta potencia permítenos transformar as fachadas de edificios e monumentos en pantallas xigantes, creando espectáculos audiovisuais que proxectan imaxes do noso pasado, presente e futuro, ou sinxelamente as transforman en grandes lenzos de cor.
Fontes cibernéticas programables
As coreografías acuáticas, danza da auga sincronizada coa música, os seus cambios de cor, proxeccións de vídeo sobre cortinas de auga, chorros de máis de 30 metros de altura, colectores con máis de vinte tipos diferentes de efectos,... En definitiva, a posibilidade de gozar dun grande espectáculo acuático en calquera espazo, prazas, pavillóns, etc. Montaxes modulares de ata 150 metros de ancho.
Láser
A reinvención deste medio como ferramenta de traballo en espectáculos permítenos crear fantásticos efectos de volume no aire, proxección de animacións multicor sobre edificios, pantallas de auga, e incluso proxectar sobre montañas, cantís. Efectos con fibra óptica, leds, etc.
Iluminación artística
Descubrir a beleza de edificios, xardíns e monumentos durante a noite, crear ambientes, transformalos con cambios de cor, ou iluminar de forma especial para destacar as súas cualidades. Estudamos e realizamos proxectos a medida das súas necesidades.
Performances artísticas específicas
Producións teatrais e circenses deseñadas específicamente para cada evento multimedia. Recreacións históricas e performances únicas de gran formato con artistas galegos de contrastada calidade, tanto no teatro, coma no circo e no audiovisual. Acompañamos estas producións con guindastres de distinto tamaño, maquinaria de gran volume e mesmo figuras xigantes, pantallas de cinema de alta resolución ou pantallas flotantes. Todo deseñado para as necesidades concretas de cada cliente.
Servizos de Comunicación
Xestionamos e tratamos a información xerada por cada envento, creamos unha estratexia de comunicación específica para cada cliente, fomentando o interese informativo nos medios de comunicación e a máis ampla cobertura posible do acontecemento. Contamos con axendas mediáticas por seccións temáticas e por localidades, que poñemos ao servizo de cada cliente xunto coa profesionalidade e a experiencia que nos avala.
|
|
|
|
|
| O DÍA 11 DE FEBREIRO: DALLEQLIBRAS!!! |
|

DQL: dalleQlibras
Isabel Risco, Ledicia Trillo, Jesús R. Arias e Antón Tenreiro somos DQL (dalleQlibras):
O xoves, 11 de febreiro, ás 19:00 horas no Castelo de Santa Cruz, en Oleiros, gala de presentación do proxecto empresarial DQL (dalleQlibras), na que contaremos cunha performance artística e un cóctel para as persoas asistentes.
DQL (dalleQlibras) é a primeira empresa galega especializada en produción de eventos monumentais e de grande formato. Xigantescas proxeccións arquitectónicas, en láser, en 3D e impresionantes cortinas de auga acompañadas de creacións artísticas e sons deseñados específicamente para cada evento. Aplicamos as novas tecnoloxías multimedia de imaxe e son aos espectáculos e, ao mesmo tempo, poñémolos en valor desde a nosa propia identidade.
Nacemos en Galicia con vocación internacional, sen medo a competir nun mercado global con produtos de identidade galega modernos e espectaculares, únicos e creativos. Facemos real o incríbel, facemos visíbel o imaxinario.
Xa non é preciso buscar fóra grandes producións monumentais: Royal de Luxe, Fura dels Baus, Els Comediants... tremede! Chegou DQL!
Na presentación contaremos con persoeiros politicos, do mundo artístico, da empresa e do espectáculo. Proxectaremos un audiovisual da empresa, realizarase un espectáculo aereo coa trapecista Sue Moreno, un coctel ambientado por Simón García e Roberto Beceiro Jazz dúo, unha performance exlusiva de danza Entrecaixas e espectaculares xogos de luces en pantalla ecolóxica de Led´s de última xeración ademáis de efectos de iluminación en laser e novas tecnoloxías.
www.dalleqlibras.com
dalleqlibras@dalleqlibras.com
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|