ANPA PEDRAS BRANCAS


Blog para comunicar novas e informacións de interese para as nais e pais dos alumnos do CEIP Fogar de Carballo.

 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 ENLACES
 BUSCADOR
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

XORNADA DE EDUCACIÓN VIARIA NA SEMANA EUROPEA DA MOBILIDADE
Carballo súmase por terceiro ano consecutivo á conmemoración da Semana Europea da Mobilidade, unha iniciativa anual que se desenvolve entre o 16 e o 22 de setembro e que ten coma finalidade promover entre a poboación alternativas de transporte sustentable. E aínda que é un obxectivo “no que temos que traballar todos os días, durante unha semana imos desenvolver unhas xornadas especiais aproveitando a convocatoria que se fai a nivel europeo”.

O martes haberá outra actividade novidosa, o I Festival de xogos e deportes tradicionais galegos, que permitirá a nenos/as e maiores desfrutar cos xogos do Museo Etnolúdico de Galicia (Melga), con sede en Ponteceso.


A Praza do Concello volverá a ser o punto de encontro o mércores para unha Xornada de seguridade viaria que de novo contará coa participación dos clubs ciclistas locais e a Policía Local. De 17.00 a 19.00 horas instalarase un circuíto no que se ofrecerán aos nenos e as nenas participantes nocións básicas para camiñar seguros en bici e ao mesmo tempo prepararase a ruta urbana programada para o sábado 22 para pechar a Semana Europea da Mobilidade.


A Semana Europea da Mobilidade inclúe nesta edición unha ruta guiada a pé polos proxectos de arte urbana promovidos polo Concello de Carballo.
Categoría: Actividades - Publicado o 18-09-2018 12:37
# Ligazón permanente a este artigo
BENVIDA AO NOVO CURSO
BENVIDA AO NOVO CURSO

Estimadas familias,

Dende a ANPA Pedras Brancas querémosvos dar a benvida á comunidade educativa do CEIP Fogar a aquelas familias que acabades de matricular aos vosos/as fillos/as neste Centro e aproveitamos para lembrar algúns aspectos interesantes para aqueloutras que pertencen á mesma.
A ANPA componse de:
 Unha Asemblea Xeral, formada por todos os socios da ANPA que se reúne, como mínimo, unha vez ao ano e na que se deciden por maioría os asuntos da súa competencia, nela tamén se poden expoñer dúbidas, queixas e suxestións.
Unha Xunta Directiva, integrada por un/a Presidente/a, un/a Tesoureiro/a, un/a Secretario/a e varios vogais, que participan de forma activa e que forman parte da ANPA.

A ANPA ten como obxectivos máis importantes os seguintes:
 Participar no proceso educativo.
 Proporcionar unha vía máis de facer chegar ao colexio a opinión das familias dentro das súas competencias.
 Realizar actividades que tenden a fortalecer e potenciar a participación das familias no proceso educativo, como poden ser, a organización de charlas sobre temas educativos, actividades culturais para os nenos/as do colexio, etc.

A ANPA tamén participa no proceso educativo a través do representante que ten no Consello Escolar do Centro. As funcións do Consello Escolar son, entre outras: formular propostas sobre a programación xeral do Centro, aprobar o proxecto educativo, aprobar o regulamento de réxime interno, aprobar a xustificación doutros gastos, analizar e valorar o funcionamento do Centro e propoñer medidas que favorezan a convivencia no Centro.

Lembrarvos que podedes facervos socios da ANPA PEDRAS BRANCAS por tan só 12€ por familia. É unha cifra simbólica para que os que teñades vontade de colaborar.
Se vos facedes socios por primeira vez podedes pasar pola oficina da ANPA e cubrir a ficha, ou ben, podedes descargar a ficha que está na blogoteca, dentro da categoría "Faite socio", unha vez cuberta cos vosos datos se pode entregar na oficina ou enviala por correo electrónico ou ou correo postal xunto co xustificante do pago. Podendo tamén facer ou pagamento na oficina da ANPA.
Se xa sodes socios do ano pasado só tedes que pagar a cota na oficina ou mediante banco, e entregar o xustificante de pago indicándonos o nome do pai/nai ou titor que fai o ingreso.

IBAN Número Conta Banco Abanca
ES84 2080 3118 1730 4000 2925


Ademais a ANPA participa na "vida escolar" ofrecendo ás familias charlas e cursos de formación dentro do ámbito da "Escola de Pais".
Para terminar, dicirvos que podedes contactar coa ANPA a través do correo electrónico, en facebook, na caixa de correos de suxestións ou dirixirvos directamente a oficina no noso horario de Martes e Xoves de 09:30 a 10:30 horas.

A Xunta Directiva renóvase cada dous anos, xa que os nosos/ as fillos/as medran e acaban deixando o colexio. Se queres participar dunha maneira máis activa na comunidade educativa, non dubides en contactar porque dun modo ou outro todos/as podemos ser útiles. Se pola contra, non desexas ou non che é posible pertencer á Xunta directiva, de igual modo a túa COLABORACIÓN, a túa OPINIÓN e o teu VOTO son necesarios nas Asembleas. Acode a elas e participa.


Un cordial saúdo,
A Xunta Directiva da ANPA Pedras Brancas
Categoría: A Asociación - Publicado o 11-09-2018 13:07
# Ligazón permanente a este artigo
HORARIO DE ENTRADA PARA O INICIO DE CURSO
O horario de entrada do alumnado para o vindeiro día 12 de setembro será o seguinte:


EDUCACIÓN INFANTIL:
4º nivel (3 ANOS):Comentarase na reunión do día 11
5º nivel (4 ANOS): 10:30
6º nivel (5 ANOS): 10:30

EDUCACIÓN PRIMARIA:
1º e 2º nivel : 11:00
3º e 4º nivel : 10:15
5º e 6º nivel : 09:30

O alumnado de transporte entrará TODO ás 09:30 horas.
Categoría: Novas - Publicado o 07-09-2018 10:57
# Ligazón permanente a este artigo
REUNIÓN FAMILIAS ALUMNOS/AS 4º EDUCIACIÓN INFANTIL
O vindeiro martes día 11 ás 11:30 horas no comedor do colexio terá lugar a reunión inicial cos pais dos nenos/as de 4º de infantil (3 anos).
Categoría: Novas - Publicado o 07-09-2018 10:53
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Rúa Vila de Ordes, s/n
15100 - Carballo (A CORUÑA)
Telf.:610873310
e-mail:info@anpapedrasbrancas.org
web:www.anpapedtrasbrancas.org
http://www.facebook.com/anpapedrasbrancas.org