ANPA PEDRAS BRANCAS


Blog para comunicar novas e informacións de interese para as nais e pais dos alumnos do CEIP Fogar de Carballo.

 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 ENLACES
 BUSCADOR
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

PRESENTACIÓN MÉTODO NENOOS CEIP FOGAR
O Fogar
Categoría: Novas - Publicado o 21-09-2015 19:42
# Ligazón permanente a este artigo
Axudas de Estudos para alumnado de 2º ciclo de educación infantil
11/09/2015 O Concello de Carballo a través da Concellaría de Educación que dirixe Mar Eirís informa de que está aberto do 12 ao 29 de setembro o prazo para presentar as solicitudes das Axudas de Estudos para alumnado de 2º ciclo de Educación Infantil para o Curso 2015-2016 que convoca a administración local.
As solicitudes para concorrer a esta Convocatoria deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello, preferentemente no Rexistro do Pazo da Cultura (Rúa do Pan, s/n). O horario de atención ao público, nas oficinas da Concellaría de Cultura, para recoller o impreso e recibir a información que precisen sobre esta convocatoria será de luns a venres de 10.00 a 13.00 horas.
Bases da convocatoria
Impreso de solicitude
Categoría: Axudas - Publicado o 15-09-2015 22:39
# Ligazón permanente a este artigo
Axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo
Resolución de 24 de julio de 2015, de la Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional y Universidades, por la que se convocan ayudas para alumnado con necesidad específica de apoyo educativo, para el curso académico 2015-2016.
Axudas para alumnado con necesidades especificas de apoyo educativo
Categoría: Axudas - Publicado o 08-09-2015 11:06
# Ligazón permanente a este artigo
Axudas para a adquisición de material escolar


A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ven de publicar a Orde do 25 de agosto de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/16.

O obxecto desta orde é convocar axudas para a adquisición de material escolar des-tinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso escolar 2015/16.

Requisitos Para ser beneficiario desta axuda é preciso cumprir os seguintes requisitos:
a) Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial nun centro sostido con fondos públi¬cos durante o curso escolar 2015/16.
b) Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

c) Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros.

Contía da axuda. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria concederá unha axuda por importe de 50 euros por alumno/a que reúna os requisitos previstos nesta orde, cando a renda per cápita familiar no ano 2013 sexa igual ou inferior a 5.400 euros.

Máis infoprmación: http://www.edu.xunta.es/portal/node/16843
Texto da convocatoria http://www.edu.xunta.es/portal/sites/web/files/20150901_material_escolar.pdf
Formulario de solicitude: http://www.edu.xunta.es/portal/sites/web/files/solicitude_anexo_i_g.pdf

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 1 de outubro do 2015

Máis información: DOG Núm. 166 do 1 de setembro do 2015.
Formulario de solicitude
Categoría: Axudas - Publicado o 08-09-2015 10:27
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Rúa Vila de Ordes, s/n
15100 - Carballo (A Coruña)
Telf.:610873310
e-mail:info@anpapedrasbrancas.org
web:www.anpapedtrasbrancas.org
http://www.facebook.com/anpapedrasbrancas.org