ANPA PEDRAS BRANCAS


Blog para comunicar novas e informacións de interese para as nais e pais dos alumnos do CEIP Fogar de Carballo.

 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 ENLACES
 BUSCADOR
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Asemblea xeral
Para hoxe venres 26, está convocada a Asemblea xeral ordinaria de socias e socios da Asociación de Nais e Pais Pedras Brancas, ás 20 horas (20.30 horas en segunda convocatoria), coa seguinte orde do día:

1º.- Lectura e aprobación do acta anterior.
2º.- Rendición de contas do curso pasado e aprobación presuposto 2014/15.
3º.- Ampliación de membros da xunta directiva
4º.- Novidade do curso (Uniformes, actividades, ...)
5º.- Rogos e Preguntas.
Categoría: Novas - Publicado o 26-09-2014 11:57
# Ligazón permanente a este artigo
Seguro escolar
Co inicio do curso de novo temos a proposta de adhesión á póliza de seguro de accidentes colectivo que temos suscrita con ALLIANZ coa mediación de Seguros Toñito.

No enlace adxunto podedes descargar toda a información e o Boletín de Inscripción.
Boletin de inscripción
Categoría: Novas - Publicado o 23-09-2014 21:50
# Ligazón permanente a este artigo
Axudas escolares do Concello de Carballo
O Concello de Carballo publicou as bases e a convocatoria para presentar as solicitudes das Axudas e Bolsas de Estudos e Transporte e de Conservatorio do Curso 2014-2015.

Estas bolsas están dirixidas a alumnos de:
- 2º ciclo de Educación Infantil
- Bacharelato e Ciclos Formativos
- Estudos Universitarios
- Conservatorio Profesional de Música de Carballo

O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o sábado 27 de setembro.

As solicitudes para concorrer a esta Convocatoria deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello, preferentemente no Rexistro situado no 1º andar do Pazo da Cultura. O horario de atención ao público, nas oficinas da Concellería de Cultura, para recoller o impreso e recibir a información que se precise sobre esta convocatoria será de luns a venres de 10.00 a 13.00 horas.

Nos enlaces adxuntos poden descargar as bases, así como o impreso modelo de solicitude.
Bases
Solicitude
Categoría: Axudas - Publicado o 19-09-2014 14:03
# Ligazón permanente a este artigo
HORARIO DA OFICINA DA ANPA
Dende o 10 de setembro estamos a vosa disposición nas oficinas da ANPA os MARTES e XOVES de 9.30h a 10.30h, e os LUNS de 17.30 a 19.00.

Tamén podedes escribirnos ó seguinte correo electrónico: info@anpapedrasbrancas.org

O teléfono da ANPA é o 610 873 310.
Categoría: A asociación - Publicado o 10-09-2014 13:48
# Ligazón permanente a este artigo
Currículo da educación primaria
O Diario Oficial de Galcia do martes nove de setembro de 2014 publica o DECRETO 105/2014, do 4 de setembro, polo que se establece o currículo da
educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

No enlace adxunto podes descargar o documento.
Currículo de educación primaria
Categoría: Novas - Publicado o 10-09-2014 13:46
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Rúa Vila de Ordes, s/n
15100 - Carballo (A Coruña)
Telf.:610873310
e-mail:info@anpapedrasbrancas.org
web:www.anpapedtrasbrancas.org
http://www.facebook.com/anpapedrasbrancas.org