ANPA PEDRAS BRANCAS


Blog para comunicar novas e informacións de interese para as nais e pais dos alumnos do CEIP Fogar de Carballo.

 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 ENLACES
 BUSCADOR
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

ENTIDADES COLABORADORAS
CAMPAÑA DE ENTIDADES COLABORADARAS. CURSO 2013-14

Os establecementos comerciais de Carballo que colaboran coa nosa asociación e os descontos que ofrecen nas compras realizadas son os seguintes:

• PELUQUERÍA E ESTÉTICA V.M. (Rúa do Gravador Manuel Facal, 5): 20% de desconto.
• MULTIÓPTICAS AMERICANA (Rúa Desiderio Varela, 1-3): 15% de desconto.
• ÓPTICALIA ENRIQUEZ (Rúa Camiño Novo, 5): 15% de desconto.
• ADAMELA (Rúa Iglesia,11) : 10% de desconto.
• ATMOSFERA SPORT ( Rúa da Iglesia ): 10% de desconto.
• DEPORTES D-3 (Avda. Bergantiños, 53): 10% de desconto.
• DEPORTES SAN REMO (Rúa San José, 5) : 10% de desconto.
• LA PAPELERÍA DE CARBALLO (Rúa Gran Vía, 44): 10% de desconto.
• MIS PERSONAJES (Rúa Desiderio Varela, 34): 10% de desconto.
• PELUQUIRÍA HELENA (Rúa Vila de Ponteceso, 7 baixo): 10% de desconto en gastos superiores a 10 €.
• RETOÑOS ( Rua do Sol, 28 ): 10% de desconto.
• TIANA ( Valle Inclán 1-3 ): 10% de desconto.
• ZAPATERÍA ESTHER ( Desiderio Varela, 12): 10% de desconto.
• CENTRO DE ESTÉTICA RELAX (Rúa Gran Vía, 48, 1º): 8 % de desconto.
• KIOBA (Praza do Concello): 6% de desconto.
• FOTO POMBO (Rúa Desiderio Varela, nº 34 B2): 5% de desconto.
• LER LIBRERIAS (Rúa Tarragona, nº19): 5% de desconto.
• MARILINES (Praza do Mercado) : 5% de desconto.
• NECOS (Desiderio Varela, 8) : 5% de desconto em compras superiores a 50 €.
• O BARCO DOS SOÑOS (Rúa Igrexa, nº 11): 5% de desconto.

Tódolos descontos son válidos dende o 1 de setembro de 2013 ata o 30 de agosto de 2014, presentando o carnet de socio xunto co DNI, agas para productos amparados por outras ofertas ou en rebaixas.

Categoría: Faite socio - Publicado o 25-09-2013 14:16
# Ligazón permanente a este artigo
COMERDOR
O xoves pasado, 19.09.2013, o Consello Escolar resolviu sobre o proceso de admisión de usuarios do comedor escolar.
No enlace podedes acceder a información que publicou o centro.
Admisión comedor
Categoría: Novas - Publicado o 23-09-2013 13:58
# Ligazón permanente a este artigo
COLABORADORES VOLUNTARIOS DO COMEDOR
O centro anuncia a apertura do prazo de admisión de membros da comunidade educativa como colaboradores voluntarios nas tarefas de atención e apoio ó alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 2013/14.

Poderedes apuntarvos nas listas de admision, que , habilitadas para este fin, se atopan na Dirección do centro.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 28 de setembro de 2013, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 21 de decembro de 2013.
Categoría: Novas - Publicado o 12-09-2013 11:11
# Ligazón permanente a este artigo
Bolsas de estudo e transporte do Cocnello de Carballo
Co obxecto de axudar a aquelas familias que están nunhas condicións socioeconómicas máis desfavorables a afrontar os gastos derivados da escolarización dos seus fillos/as, o Concello de Carballo convoca as "Axudas e Bolsas de Estudos e Transporte e de Conservatorio" que se dirixen ao alumnado de Segundo Ciclo de Educación Infantil, Bacharelato ou Ciclos Formativos de Grao Medio ou Superior, Estudos Universitarios de Grao Medio ou Superior e Grao Elemental e Profesional do Conservatorio Profesional de Música de Carballo. Non se inclúen nesta convocatoria os alumnos de Educación Primaria e de Educación Secundaria Obrigatoria e Especial por ser beneficiarios dos programas da Xunta de Galicia de axudas para adquisisicón de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en centros sostidos con fondos públicos no curso escolar 2013 / 2014.

Prazo: O prazo está aberto entre o sábado 7 e o martes 24 de setembro de 2013, ambos inclusive.

O impreso oficial facilitarase no Rexistro Xeral do Concello e nas oficinas municipais de Cultura.

Mais información en www.carballo.org
Bases da convocatoria
Modelo de solicitude
Categoría: Axudas - Publicado o 12-09-2013 10:59
# Ligazón permanente a este artigo
INCORPORACIÓN DOS ALUMNOS O DIA 11 DE SETEMBRO
O 11 de setembro comeza a actividade lectiva, e o centro informa que a incorporación do alumnado será escalonado, seguindo esta orde:

09.30: Incorpórase o alumnado de 5º e 6º de primaria

10.30: Incorpórase o alumnado de 3º e 4º de primaria e 6º de infantil (5 anos)

11.00: Incorpórase o alumnado de 5º de infantil (4 anos)

11.30: Incorpórase o alumnado de 1º e 2º de primaria e reunión no comedor cos pais e nais de 4º de infantil (3 anos)
Categoría: Novas - Publicado o 04-09-2013 11:37
# Ligazón permanente a este artigo
CALENDARIO ESCOLAR 2013/14
As actividades lectivas realizaranse do día 11 de setembro de 2013 ao 20 de xuño de 2014. As nais e os pais con nenas ou nenos de 4º de infantil (3 anos) deben consultar no centro o procedemento de incorporación, que será gradual.
Vacacións:
NADAL: do 22 de decembro de 2013 ao 8 de xaneiro de 2014.
ENTROIDO: os días 3, 4 e 5 de marzo de 2014.
SEMANA SANTA: do 14 ata o 21 de abril de 2014.
Informacion adicinal do Calendario Escolar
Categoría: Novas - Publicado o 03-09-2013 10:23
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Rúa Vila de Ordes, s/n
15100 - Carballo (A CORUÑA)
Telf.:610873310
e-mail:info@anpapedrasbrancas.org
web:www.anpapedtrasbrancas.org
http://www.facebook.com/anpapedrasbrancas.org