ANPA PEDRAS BRANCAS


Blog para comunicar novas e informacións de interese para as nais e pais dos alumnos do CEIP Fogar de Carballo.

 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 ENLACES
 BUSCADOR
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

RESOLUCIÓN DEFINITIVA E ADQUISICIÓN COMPLEMENTARIA DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO PARA 3º,4º,5º e 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
Na páxina do CEIP FOGAR xa están publicados os arquivos da Resolución definitiva e a Adquisición Complementaria dos libros do fondo solidario de libros de texto para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria.


Cando a un/unha alumno/a, que cumpra os requisitos de renda, non lle aparezan adxudicados libros ou lle aparezcan menos libros dos que lle corresponden na Resolución definitiva, deberase comprobar o número de libros que se lle van prestar na listaxe de Adquisición Complementaria. Posteriormente, e a través da páxina do Centro, comunicarémosvos cales van ser os libros en concreto, coa finalidade de que poidades encargar ou mercar os non adxudicados.


Todos os libros prestados serán repartidos polos titores dos alumnos/as en setembro.
Categoría: Novas - Publicado o 20-07-2016 14:01
# Ligazón permanente a este artigo
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO
Dende hoxe poderán consultar na web do centro a listaxe provisional dos libros de texto para o alumnado de 3º,4º, 5º e 6º de Ed. Primaria.

Contra esta resolución ábrese un prazo de reclamación de 2 días.

A resolución definitiva, que previsiblemente sufrirá cambios, publicarase o vindeiro martes 12 de xullo, e os libros serán repartidos polos titores dos alumnos/as en setembro.


Así mesmo no enlace de abaixo pode descargarse o listaxe provisional de admitidos do fondo solidario.
LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS
Categoría: Novas - Publicado o 07-07-2016 23:29
# Ligazón permanente a este artigo
AXUDAS MATERIAL ESCOLAR 1º 2º PRIMARIA
A partires do martes 12 de xullo poderán recollerse os cheques para materiais escolares e axuda para mercar libros de 1º e 2º de Primaria.

Horario de secretaría de 10 a 13 horas.
Categoría: Novas - Publicado o 07-07-2016 23:20
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Rúa Vila de Ordes, s/n
15100 - Carballo (A Coruña)
Telf.:610873310
e-mail:info@anpapedrasbrancas.org
web:www.anpapedtrasbrancas.org
http://www.facebook.com/anpapedrasbrancas.org