ANPA PEDRAS BRANCAS


Blog para comunicar novas e informacións de interese para as nais e pais dos alumnos do CEIP Fogar de Carballo.

 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 ENLACES
 BUSCADOR
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

ACTIVIDADES EXTRAESCOLERES 2014-15
Carballo Deporte
A continuación vos facilitamos a información básica das actividades extraescolares para o curso 2014-15. Cómo no curso pasado, as actividades divídense entre as que se ofertan a tódolas alumnas e alumnos e as dirixidas so a usuarios de comedor. Á súa vez as actividades están organizadas por cursos (infantil, 1º e 2º de primaria, 3º e 4º de primaria e 5º e 6º de primaria).

Pregamos ás familias que sexan consecuentes coas decisións que toman ao inscribir às súas fillas e aos seus fillos nas actividades e os envíen de xeito regular, pois as faltas de asistencia repetidas e aleatorias, prexudican á calidade da actividade e non axudan aos participantes a reforzar a noción de responsabilidade nas eleccións/decisións que se toman.


ACTIVIDADES E CURSOS
(de 16.15 a 17.15 h)

ACTIVIDADES EDUCACION INFANTIL
CULTURAIS: Pintura.
DEPORTIVAS: Escola Predeportiva, Escolas Patinaxe.
ACTIVIDADES 1º E 2º PRIMARIA
CULTURAIS: Pintura.
DEPORTIVAS: Escola Predeportiva, Escola Patinaxe
ACTIVIDADES 3º E 4º PRIMARIA
CULTURAIS: Pintura, Música (guitarra).
DEPORTIVAS: Escola Deportes de Raqueta, Escola dePatinaxe, Xadrez, Escolas Deportes Loita
ACTIVIDADES 5º E 6º PRIMARIA
CULTURAIS: Pintura, Música (guitarra).
DEPORTIVAS: Escola Deportes de Raqueta, Escola de Patinaxe, Xadrez, Escolas Deportes Loita
BAILE DEPORTIVO
Desta actividade enviarase cumprida información no mes de setembro. Como adianto podemos informar que variará o seu horario e pasará a desenvolverse dous días á semana.

Recordade que para participar en estas actividades hai que ser socio da ANPA e adherirse à correspondente póliza de seguro de accidentes.

ACTIVIDADES DIRIXIDAS AUSUARIOS DE COMEDOR
(de 15.15 a 16.15 h)

ACTIVIDADES EDUCACION INFANTIL
CULTURAIS: Pintura.
DEPORTIVAS: Escola Predeportiva.
ACTIVIDADES 1º E 2º PRIMARIA
CULTURAIS: Pintura.
DEPORTIVAS: Escola Predeportiva.
ACTIVIDADES 3º E 4º PRIMARIA
TALLER ESTUDO
CULTURAIS: Pintura.
DEPORTIVAS: Escola Multideportiva
ACTIVIDADES 5º E 6º PRIMARIA
TALLER ESTUDO
CULTURAIS: Pintura.
DEPORTIVAS: Escola Multideportiva, Xadrez

Actividades extraescolares
Actividades para usuarios de comedor
Categoría: Actividades - Publicado o 09-07-2014 10:44
# Ligazón permanente a este artigo
Programa Concilia
O Concello de Carballo quere continuar para o curso 2014-15 co Programa “Concilia”. Este programa ofrece atención aos escolares antes do inicio das clases polas mañás ( de 7:30 a 9:30), inclúe a acollida, protección, vixilancia ao tempo que participan en actividades didácticas e de ocio. Pode incluír optativamente o almorzo.

Se algunha familia está interesada en participar no programa deben contactar co Concello no Departamento de Servizos Sociais na súa sede da Avenida do Ambulatorio, s/n, ou nos teléfonos 981 700 688 / 981704 706.

Está previsto que o prazo de matricula para o curso 2014-15 comece o 1 e remate o 22 de agosto.

No enlace adxunto podedes ver a ordenanza reguladora dos servizos do “Programa Concilia” e dos seus prezos públicos, publicada no BOP de 19 de xuño de 2013.
Ordenanza municipal del Programa Concilia
Categoría: Novas - Publicado o 09-07-2014 09:09
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Rúa Vila de Ordes, s/n
15100 - Carballo (A CORUÑA)
Telf.:610873310
e-mail:info@anpapedrasbrancas.org
web:www.anpapedtrasbrancas.org
http://www.facebook.com/anpapedrasbrancas.org