|
|
|
LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2017-18 |
|
Na páxina Web do Centro están os arquivos adxuntos onde poden consultarse os libros de texto para o vindeiro curso 2017/18 |
|
|
|
AXENDA ESCOLAR CURSO 2017/18 |
|
Queremos comentarvos que desde o ANPA Pedras Brancas e coa aprobación da directiva do Centro levouse acabo para o próximo curso 2017/18 a elaboración dunha axenda escolar.
Poderán adquirise a partir de setembro na nosa oficina por un módico prezo:
3€ Prezo Socio do ANPA
5€ Prezo non Socio do ANPA |
|
|
|
FAITE SOCIO PARA O VINDERIO CURSO 2017/18 |
|
Descarga a ficha, cúbrea e entrégaa na nosa oficina.
Benefíciate dos descontos das tendas colaboradoras co ANPA. |
|
|
|
AGRADECEMENTO |
|
Un ano máis, querémosvos agradecer a todos pola vosa colaboración e participación na festa celebrada o pasado venres día 9.
Tamén queremos agradecer aos organizadores das actividades extraescolares, por facer posible a realización da mesma.
¡Moitas grazas a todos! |
|
|
|
ESCOLAS BALONMÁN XIRIA - VERÁN 2017 |
|
 ESCOLAS VERÁN 2017
Xa está aberto o prazo para inscribirse nas “Escolas Deportivas e Culturais 2017″ que organizar Escolas Balonmán Xiria, e que cumpren a súa 24ª edición. Clicando no enlace e poderás acceder a toda a información necesaria. |
|
|
|
FESTA FIN DE CURSO |
|
Este ano dende o ANPA Pedras Brancas queremos pechar o curso cunha festa para todas as familias do Centro. Será o vindeiro venres día 9 de Xuño de 18:00h a 21:00h.
Ás 18:00h comezaremos coas exhibicións de patinaxe, baile, xadrez...,e a partir das 19:00h teremos xogos para toda a familia, nenas, nenos, nais e pais nunha xornada de diversión na que desexamos que a familia do CEIP Fogar sega a medrar.
E por suposto, merendola para a que debedes aportar alimentos e bebidas que estimedes oportuno (tortilla, empanada, bolsas de snacks, postres…), para compartir cos participantes na Festa.
Será necesario a confirmación de cada asistente enviando un SMS ou Whatssap ao 609560955 indicando o nome dos/as nenos/as e o número de asistentes.(O prazo para apuntarse remata o mércores 7 de Xuño).
Entraremos polo portal da Rúa Vila de Noia (portal novo) e as actividades desenvolveranse no Pavillón do CEIP Fogar.
Dende a ANPA agradecémosvos a todos a vosa colaboración.
|
|
|
|
ASAMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA |
|
ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA
Por medio da presente e na aplicación do artigo 18 dos Estatutos da ANPA Pedras Brancas, convócase a tódolos socios, pais e nais de alumn@s do CEIP Fogar á unha Asemblea Xeral Extraordinaria, que terá lugar no comedor do centro (entrada principal), o vindeiro venres 2 de xuño ás 20:00h en Primeira Convocatoria e ás 20:30h. en Segunda Convocatoria, cun único punto na orde do día:
1º.- Fin mandato Directiva actual e elección dunha nova Xunta Directiva.
Un Saúdo
|
|
|
|