ANPA PEDRAS BRANCAS


Blog para comunicar novas e informacións de interese para as nais e pais dos alumnos do CEIP Fogar de Carballo.

 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 ENLACES
 BUSCADOR
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Actividades extraescolares 2015-16
A continuación vos facilitamos a información básica das actividades extraescolares para o curso 2015-16. Cómo no curso pasado, as actividades divídense entre as que se ofertan a tódolas alumnas e alumnos e as dirixidas so a usuarios de comedor. Á súa vez as actividades están organizadas por cursos (infantil, 1º e 2º de primaria, 3º e 4º de primaria e 5º e 6º de primaria).

ACTIVIDADES E CURSOS
(de 16.15 a 17.15 h)

ACTIVIDADES EDUCACION INFANTIL
CULTURAIS: Baile
DEPORTIVAS: Escola Predeportiva, Escola Patinaxe.
ACTIVIDADES 1º E 2º PRIMARIA
CULTURAIS: Baile
DEPORTIVAS: Escola Predeportiva, Escola Patinaxe, Xadrez
ACTIVIDADES 3º E 4º PRIMARIA
CULTURAIS: Baile
DEPORTIVAS: Escola de Patinaxe, Xadrez
ACTIVIDADES 5º E 6º PRIMARIA
CULTURAIS: Baile
DEPORTIVAS:Escola de Patinaxe, Xadrez

Baile se desenvolve de 15.30 a 16.30

ACTIVIDADES DIRIXIDAS AUSUARIOS DE COMEDOR
(de 15.15 a 16.15 h)

ACTIVIDADES EDUCACION INFANTIL
DEPORTIVAS: Escola Predeportiva.
ACTIVIDADES 1º E 2º PRIMARIA
DEPORTIVAS: Escola Predeportiva, Xadreez
ACTIVIDADES 3º E 4º PRIMARIA
TALLER ESTUDO
DEPORTIVAS: Escola Multideportiva, Xadrez
ACTIVIDADES 5º E 6º PRIMARIA
TALLER ESTUDO
DEPORTIVAS: Escola Multideportiva, Xadrez

Mais información nos arquivos adxuntos
Ficha de preinscrición e normas das actividades extraescolares
Ficha de preinscrición e normas das actividades de comedor
Categoría: Actividades - Publicado o 14-06-2015 11:21
# Ligazón permanente a este artigo
Concentración pola gratuidade de libros de texto
Cartel
A Confederación de Anpas Galegasconvoca concentracións comarcais en toda Galicia “Pola gratuidade universal dos libros de texto e material escolar”.

En carballo o día 15 de Xuño ás 20:00 horas
Categoría: Novas - Publicado o 14-06-2015 11:00
# Ligazón permanente a este artigo
Fondo solidario de libros de texto
A Orde de 21 de maio do 2015 regula o Fondo solidario de libros de texto destinado ao alumnado matriculado en 3º e 5º de E. Primaria e en 2º e 4º de Educación Secundaria no curso escolar 2015/16.

Todos os centros deberán dispoñer dun fondo solidario de libros de texto, que estará integrado todos os libros de texto e/ou material reutilizable adquirido coas axudas do curso pasado, o 2014/15, que o alumnado beneficiario está obrigado a devolver antes do 19 de xuño. Tamén se poderán entregar voluntariamente os libros que se desexen ceder ao Centro.

A continuación vos deixamos os enlaces coa información completa de esta proposta da Consellería.

O prazo de solicitude remata o 30 de xuño.
Información xeral
Formulario de solicitude
Convocatoria publicada (DOG)
Categoría: Axudas - Publicado o 04-06-2015 09:53
# Ligazón permanente a este artigo
Axudas para adquisición de libros de texto
No Diario Oficial de Galicia do 1 de xuño de 2015 publícase a ORDE do 22 de maio pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º, 2º, 4º e 6º de educación primaria, 1º e 3º de educación secundaria obrigatoria ou educación especial, en centros sostidos con fondos públicos, para o seu uso no curso escolar 2015/16.

Nestes enlaces podedes obter información relativa ás axudas para adquisición de libros de texto, a convocatoria publicana no DOG e o formulario de solicitude.

Para as alumnas e os alumnos de primaria o prazo será do 2 de xuño ao o 1 de xullo, ambos incluídos.
Convocatoria das axudas (DOG)
Formularios de solicitude
Información xeral
Categoría: Axudas - Publicado o 04-06-2015 09:33
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Rúa Vila de Ordes, s/n
15100 - Carballo (A Coruña)
Telf.:610873310
e-mail:info@anpapedrasbrancas.org
web:www.anpapedtrasbrancas.org
http://www.facebook.com/anpapedrasbrancas.org