ANPA PEDRAS BRANCAS


Blog para comunicar novas e informacións de interese para as nais e pais dos alumnos do CEIP Fogar de Carballo.

 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 ENLACES
 BUSCADOR
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Festa de Fin de Curso
O venres 20 no CEIP Fogar temos preparada unha festa de Fin de Curso con teatro, títeres, actividades culturais, lúdicas e deportivas.

Entre elas teremos "Nun recuncho do monte...", un espectáculo de guiñol e contacontos de Ti e mais eu Teatro, montada a partires da obra orixinal de Josefa Deibe Pico. Fala do respecto ao medio natural e cultural que nos rodea a través da historia dunha dedaleira (estraloque) e un cardo, xunto cunha araña, unha libélula e unha bolboreta, agochados nun recuncho dun monte. Está orientada ao alumnado de infantil.

Tamén contaremos coa Tropa de Trapo co seu espectáculo Cores, unha chea de contos, música obxetos reciclados e cotiás cobrando unha nova vida e facendo ao público cantar e bailar. Esta representación está dirixida a alumnos de 1º e 2º de primaria.

Os monitores da actividades extraescolares téñennos preparadas unha chea de actividades en función das idades dos rapaces, como frontonmán, a silla con aros e picas, comba individual e en grupo, carreiras de habilidade, balonmán e baloncesto, así como un taller de pintura. Os alumnos da escola de Baile farannos unha exhibición do que aprenderon neste curso.

Os asistentes tamén disfurtarán dunha merendiña ás 11.30 ou 12.30, dependendo das idades.

Para a realización de este programa de actividades, a ANPA conta coa colaboración da Deputación da Coruña e do departamento de cultura do Concello de Carballo.
Categoría: Novas - Publicado o 19-06-2014 08:58
# Ligazón permanente a este artigo
Uniformes

Queremos informarvos das novidades do uniforme escolar para o curso 2014-15.

A Directiva da ANPA PEDRAS BRANCAS adoptou a decisión de non entregar directamente o uniforme e aceptar a oferta que nos fixeron chegar dende a empresa Deportes San Remo (rúa San Xosé, nº5 de Carballo).

Por elo, dende o 10 ata o 20 de xuño poderase probar o UNIFORME e CHANDAL ESCOLAR e realizar as reservas que se servirán en setembro, antes do inicio de curso escolar. Na galería de imaxes poderedes ver as imaxes do novo uniforme e chandal escolar.



Categoría: Novas - Publicado o 10-06-2014 11:14
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Rúa Vila de Ordes, s/n
15100 - Carballo (A CORUÑA)
Telf.:610873310
e-mail:info@anpapedrasbrancas.org
web:www.anpapedtrasbrancas.org
http://www.facebook.com/anpapedrasbrancas.org